Durante os meses de xuño ata setembro, na época estival desenvólvense espectáculos de diferentes disciplinas nas rúas e prazas de Bertamiráns e O Milladoiro e tamén noutros espazos con gran valor patrimonial como é o Pazo da Peregrina ou Pontemaceira. Esta iniciativa que naceu con moita ilusión e vontade de continuidade tivo como obxectivo principal dinamizar as rúas do concello, favorecendo o comercio local, e que se beneficiara o maior número de persoas. Por outra banda ter unha alternativa de ocio para fixar poboación de fin de semana, tanto que a xente de Ames se quede o fin de semana no concello, como a de concellos limítrofes se acheguen a gozar de actividades culturais. Estas actividades na súa maioría, están subvencionadas pola Rede Cultural da Deputación e polo programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia.
Persoas destinatarias: Todos os públicos