Pestanas principais

Convocatorias de subvencións para a promoción de festas populares celebradas no Concello de Ames

Sede Electrónica
martes, 1 Xaneiro, 2019 a martes, 31 Decembro, 2019
Tramite activo: 
Aberto

PARA QUE, FINALIDADE

  • Proporcionar apoio económico para promover as actividades asociadas á celebración das festas populares, desenvolvidas polas asociacións culturais e veciñais do concello de Ames.

QUEN PODE FACELO

  • Asociacións culturais ou veciñais, legalmente constituídas e que figuren inscritas no rexistro municipal de asociacións. E tamén comisións de festas constituídas por unha agrupación de persoas físicas, sen personalidade xurídica.

CUANDO

  • Convocatoria anual

COMO SE FAI

  • Unha vez que saen publicadas as bases daconvocatoria, as asociacións/comisións teñen 30 días naturais para presentar as solicitudes, xunto co resto da documentación, no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames.

ONDE

DOCUMENTACIÓN

  • ANEXO 1: SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN.  
    • Xunto con este anexo, os solicitantes deberán achegar igualmente:
      • Cartel das festa, e, no seu caso, programa de man no que figure a colaboración do Concello de Ames respectando en todo momento o criterio de proporcionalidade na publicidade da actividade
      • Certificación bancaria da conta na que teña de efectuarse o ingreso da subvención.
      • Certificado de estar ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
  • ANEXO 2: DECLARACIÓN RESPONSABLE DO PRESIDENTE DA ENTIDADE (no caso das asociacións) OU DOS MEMBROS INTEGRANTES DO COMITE ORGANIZADOR.

RESPONSABLE

NORMATIVA APLICABLE

O texto completo é o seguinte: Conforme ao disposto na Lei 7/1985, de bases de réxime local, na Lei 5/1997, da administración local de Galicia, na Lei 38/2003, xeral de subvencións e no Real Decreto 887/2006 polo que se aproba o seu regulamento, na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e no Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei, así como no Regulamento de servizos das corporacións locais.