Pestanas principais

Festival internacional de cine infantil. Cinema Crianza.

Cinema Crianza é un festival de cine infantil, que nace no concello de Ames. Con este festival preténdese cumprir uns obxectivos pedagóxicos básicos entre os cales se priorizou o de propiciar que os nenos e nenas galegos descubrisen o gusto polo cinema así como o de axudar a formar un público futuro con sensibilidade artística, interese cultural e espírito crítico ante o consumo audiovisual. E é que, ademais da súa dimensión lúdica, confiamos en que o cine pode actuar como un recurso moi útil para a educación, a aprendizaxe e a creatividade.
Unha parte fundamental do festival é a súa sección a concurso, para a cal se abre unha plataforma online (ligazon)  tres meses antes a través da cal se fai a inscrición de pezas. O concurso está aberto a películas de todas as nacionalidades e, polo tanto, ten carácter internacional.  De entre todas as pezas inscritas, o xurado escolle as que se van a proxectar nas distintas sesións. Estas pezas que se proxectan son as que entran optan aos premios Axóuxeres e Buxaninas e Premio do Público.
Ademais das proxeccións o certame conta cunha programación especial en torno ao audiovisual  e o  ensino, no que o alumnado dos centros de ensino de Ames é o principal protagonista. E tamén outras actividades paralelas. Exposicións, encontros, presentacións de videoclips galegos.

Persoas destinatarias
Público infantil e familiar.

Trámites
Venda de entradas e info das proxeccións

Noticias relacionadas