Pestanas principais

Departamento de Cultura

    • Enderezo: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concellaría de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica de Animación Sociocultural.
Outros Datos: 
  • Funciones:
    • Xestionar as actividades e eventos que desde o Departamento de Cultura se poñen en marcha, responsabilizándose do seu adecuado desenvolvemento.
    • Informar e asesorar aos grupos e entidades culturais do concello, así como ao público en xeral, valorar as demandas dos cidadás e incentivar a participación.
    • Xestionar os programas culturais que oferta a Deputación, Rede Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC e Cultura no Camiño. Solicitude,desenvolvemento, xustificación.
    • Tramitar as axudas económicas correspondentes á área de cultura, tanto as que se solicitan desde o Concello, coma as que se convocan desde a Concellaría de Educación e Cultura de apoio as entidades culturais e comisións de festas.
    • Coordinar e xestionar as Escolas Culturais Municipais.

Novas do departamento

O Concello de Ames propón para este venres teatro dirixido a público adulto. A programación cultural de 2024 continúa o venres, 1 de marzo, ás 20:30 horas, coa obra de teatro “Hamelin”. O espectáculo, producido por Redrum Teatro, está dirixido a un público adulto e nel se aborda a pederastia a través dunha adaptación do conto do Frautista de Hamelin. Os convites xa se poden adquirir na Billeteira electrónica. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

Chega o mes de setembro e continúan as festas no concello de Ames. Desta volta tócalle á parroquia de San Xoán e Ortoño que celebra este domingo, 1 de setembro, a romaría na honra de Santa Filomena. Haberá misa solemne, sesión vermú e verbena. Ademais, dende ás 18.00 horas no campo da festa desenvolverase a festa de cores Holi Party FM, na que actuarán os DJs Dumore e Juanma López. Está organizada pola emisora Party FM e a Asociación sociocultural de mulleres de San Xoán de Ortoño. Estas festas contan coa colaboración do Concello de Ames.

Co poemario “Estrita necesidade”, de Carlos Negro, remataron as presentacións de libros que ao longo desta tempada levou a cabo a Concellaría de Cultura, a través do departamento de Bibliotecas. Dende o mes de marzo, o Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu 10 presentacións e un recital poético. Os eventos satisfixeron as necesidades de todos os públicos, dende adulto, xuvenil ata infantil. Está previsto que as presentacións se retomen no mes de setembro. Cómpre salientar que dezaseis mulleres, dez delas nunha obra colectiva, presentaron as súas obras en Ames.

Coa primeira Gala Máxica Galega comeza esta tarde en Bertamiráns a XV edición do Festival de Maxia de Ames. Unha edición marcada polas restricións que impón a loita contra a Covid-19 e que levaron ao departamento de Cultura a decidir esta mesma semana trasladar os eventos que se ían a realizar no Milladoiro á localidade de Bertamiráns. Deste xeito, os dous obradoiros de maxia e as dúas funcións da Gala Máxica Internacional que se desenvolverán o domingo 25 de outubro no Milladoiro, mudan de espazo e se trasladan á Casa da Cultura de Bertamiráns. A sesión das 20:00 horas da tarde desta Gala Internacional será retransmitida por streaming. Poderase ver a través da canle de YouTube do Concello de Ames e da páxina de directo do Concello de Ames.

Os días 24, 25, 26 e 27 de novembro o Concello de Ames prenderá o proxector das Casas de Cultura do Milladoiro e Bertamiráns e recibirá a centos de nenos e nenas ávidos de desfrutar de boas historias na pantalla. Isto é posible grazas a Cinema Miúdo, o festival internacional de cinema infantil que a Concellaría de Cultura de Ames organiza desde 2018 e que inclúe a proxección de máis de 60 curtametraxes internacionais, un obradoiro, actuacións e música. Preme nesta ligazón para ver o catálogo do festival.

A compañía Producións Teatrais Excéntricas achega a Ames a obra “O porco de pé”, unha representación da clásica novela de Vicente Risco. A adaptación da sátira, orixinalmente baseada nos anos vinte do século XX, mostrará un relato de corrupción política, amor e personaxes grotescos e caricaturescos. Será o próximo venres 30 de setembro, ás 20:30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. As entradas poden adquirirse xa na Billeteira electrónica.

Dende este venres 26 de agosto e ata o domingo 28 de agosto a parroquia da Ameixenda celebra as festividades na honra de Santa Mariña. Durante os vindeiros días haberá misas e procesións, verbenas e sesións vermú. Estas festas contan coa colaboración do Concello de Ames, así como da Xunta de Galicia a través do programa Cultura no Camiño.

A Asociación Cultural Antonio Santomil vén organizando dende o mes de novembro unha serie de actividades con motivo da conmemoración do 50 aniversario da Coral Polifónica de Bugallido. O programa, que deu comezo o día 12, terá o seu colofón este sábado, 3 de decembro, cun concerto que contará coas actuacións da Coral Polifónica de Melide, da agrupación Pandereteiras da Costaneira e da propia Coral Polifónica de Bugallido. Será ás 18:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Premendo na seguinte ligazón pódese visualizar o documental ao completo.

Este sábado 10 de setembro terá lugar a cuarta edición da Festa dos Muíños da Asociación Cultural As Tres Aldeas, cun programa de actividades que se desenvolverán na praza do lugar de Vilar, na parroquia de Ames. Neste senso, a Concellaría de Cultura colabora no cartel coa actuación da agrupación A Requinta da Maía, que terá lugar ás 18:00 horas como parte da programación “Música nas parroquias”. A xornada incluirá ademais unha visita guiada aos muíños de Riamontes, xantar e xogos populares.

A asociación cultural de Pedrouzos, Lamas e Vilar organizan para este sábado, 7 de setembro, a primeira edición da Festa dos Muíños das Tres Aldeas. Colaboran os departamentos de Cultura e Medio Ambiente do Concello de Ames, así como a tenda Hello Cooking. Haberá unha visita guiada polas mulleres das Tres Aldeas, que foron usuarias dos muíños e últimas portadoras desa memoria viva do concello. Ademais, farase por primeira vez unha Olimpíada Rural para que toda a veciñanza probe as súas destrezas nas habilidades do rural. E como non, retomarase o Concurso de Masas e Repostería.

Eventos del departamento

A Concellaría de Cultura prosegue en novembro co Ciclo Mestre Mateo, coa proxección do filme “Tres”, galardoada con tres premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual (mellor película, mellor interpretación feminina protagonista para Marta Nieto e mellor son para Daniel Fontrodona, Oriol Tarragó, Marc Bech e Marc Orts).

Este venres, 20 de setembro, ás 22.30 horas, celebrarase o segundo Encontro de jazz de Ames. Trátase dunha iniciativa do departamento de Cultura, a través da cal se quere potenciar esta disciplina musical. Actuarán Mónica de Nut e Virxilio da Silva; así como Xacobe Martínez con Antelo Trío. O concerto desenvolverase no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. No caso de que chova, trasladarase ao auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Esta actividade está dirixida a todos os públicos. A entrada é de balde.

O mércores 17 de novembro, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns proxectarase o cine documental, dirixido a adultos, "Nación". A sesión inclúe un coloquio antes da proxección coa directora, Margarita Ledo. Reserve o seu convite na billeteira electrónica.

O venres 18 de marzo volve a comedia á programación cultural de Ames do primeiro semestre de 2022, coa produción da compañía A Panadaría, “As que limpan”. Será na Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 20:30 horas. A obra pon o seu foco nas camareiras de piso dos hoteis, e na súa loita por conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. As entradas xa están dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

A segunda das catro obras da programación de artes escénicas de Ames da primeira metade de 2022 dirixidas ao público miúdo e familiar será “Asdomare”. A representación terá lugar o xoves 17 de marzo ás 18:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. “Asdomare”, recomendada para rapazada dos 6 aos 10 anos, é unha proposta de narración oral e música, que fala das mulleres do mar ou do mar de mulleres a través do teatro. As entradas xa están dispoñibles a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.

“GOLFA” é unha comedia transmedia sobre a sexualidade dende as artes escénicas, orixinalmente programada para o 25 de marzo. Finalmente, e tras ser adiada, a compañía Crémilo Proxectos Culturais e Dist. Espectáculos levará esta peza á Casa da Cultura de Bertamiráns o venres 8 de abril, ás 20:30 horas. As entradas xa poden adquirirse a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.

A Concellería de Cultura pon un ano máis en marcha a iniciativa "Abril de Cine", que ten como obxectivo achegar o cinema galego á veciñanza amesá. O martes 18 de abril, ás 20:00 horas, proxectarase no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro "As bestas", a gran triunfadora dos Premios Goya deste 2023 (levou, entre outros, os galardóns a mellor película, mellor dirección ou mellor guión orixinal).  As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames. 

A Concellería de Cultura pon un ano máis en marcha a iniciativa "Abril de Cine", que ten como obxectivo achegar o cinema galego á veciñanza amesá. O martes 25 de abril, ás 20:00 horas, proxectaranse no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro as curtametraxes "La entrega" e "Solpor". As entradas xa se poden adquirir na Billeteira electrónica do Concello de Ames. 

A Concellería de Cultura pon un ano máis en marcha a iniciativa "Abril de Cine", que ten como obxectivo achegar o cinema galego á veciñanza amesá. A segunda das pezas audiovisuais que se proxectará no marco deste programa será "Matria". A sesión terá lugar o martes 11 de abril, ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames. 

A Concellería de Cultura pon un ano máis en marcha a iniciativa "Abril de Cine", que ten como obxectivo achegar o cinema galego á veciñanza amesá. A primeira das pezas audiovisuais que se proxectará no marco deste programa será "O corpo aberto". A sesión terá lugar o martes 4 de abril, ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.