Pestanas principais

Programación do Millarock 2019

O rock galego dáse cita un ano máis no Milladoiro da man da novena edición do Millarock. Nesta ocasión, suben ao escenario os grupos Cuarta Xusta, Zënzar, Nao e Dios ke te crew. Os concertos comezan ás 21.00 horas, co obxectivo de que as familias con nenas e nenos pequenos tamén teñan a posibilidade de achegarse ao concerto. Organizado polo Concello de Ames, este evento musical xurdiu co obxectivo de promocionar o rock galego e impulsar a grupos emerxentes da contorna de Ames. O evento conta con este apartado dentro da web municipal, a través do que se busca manter informados/as aos seguidores do Millarock, así como conectar aos amantes do rock coas distintas bandas que actuarán no festival.

Programación do Millarock 2019