Pestanas principais

Aberto ata o 10 de xullo o prazo de inscrición nas prazas libres da Escola Municipal de Teatro de Ames

Martes, 30 de xuño de 2026

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, abriu este luns, 29 de xuño, o prazo para novas inscricións na Escola Municipal de Teatro de Ames. Os/as interesados/as en obter praza deben cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro. Neste caso as prazas adxudicaranse por orde de entrada da ficha de inscrición no Rexistro. Para formar grupo será necesario que se cubran a metade máis unha do máximo de prazas ofertadas.

A Concellaría de Cultura do Concello de Ames puxo en funcionamento en 2021 a Escola Municipal de Teatro. No pasado mes de xuño rematou o curso 2025-2026 e abriu o prazo para a renovación de praza na Escola Municipal de Teatro de Ames. Dito prazo estivo dirixido ás persoas inscritas en dito curso. Agora, do 29 de xuño ao 10 de xullo abre un segundo prazo para novas inscricións nos grupos que queden prazas libres. Para formar grupo será necesario que se cubran a metade máis unha do máximo de prazas ofertadas.

As prazas dos grupos que aínda non estean completos adxudicaranse por orde de entrada do impreso de inscrición no Rexistro. Os prezos públicos son de 40 euros para menores de 18 anos e 50 euros para as persoas maiores de 18 anos. O segundo membro menor de 18 anos dunha unidade de convivencia aboará 20 euros e o terceiro e restantes membros menores de 18 anos pagarán 10 euros. En casos excepcionais, por resolución do órgano competente e previo informe dos Servizos Sociais, poderase acordar a exención total/parcial das tarifas. 

Prazas dispoñibles:
> Bertamiráns:
-Teatro infantil e xogo dramático (1º, 2º e 3º de primaria). Martes de 17:00 a 18:00 horas: 10 prazas.
-Teatro infantil e xogo dramático (4º, 5º e 6º de primaria). Martes de 18:00 a 19:00 horas: 8 prazas.
-Teatro infantil e xogo dramático (educación secundaria). Martes de 19:00 a 20:00 horas: 5 prazas.
-Teatro formativo e lúdico (maiores de 16 anos). Grupo inclusivo. Mércores de 17.00 a 18.00 horas: 10 prazas (50% para persoas con discapacidade).

> O Milladoiro:
-Teatro infantil e xogo dramático (1º, 2º e 3º de primaria). Mércores de 17:00 a 18:00 horas: 11 prazas.
-Teatro infantil e xogo dramático (4º, 5º e 6º de primaria). Mércores de 18:00 a 19:00 horas: 12 prazas.
-Teatro infantil e xogo dramático (educación secundaria). Mércores de 19:00 a 20:00 horas: 5 prazas.
-Grupo municipal de teatro (persoas maiores de 18 anos). Mércores de 20:30 a 22:30 horas: 2 prazas.

Inscricións e pagamento
Para inscribirse na Escola Municipal de Teatro de Ames hai que cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se pode presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro. Neste caso as prazas adxudicaranse por orde de entrada da ficha de inscrición no Rexistro.

Logo da comprobación por parte do departamento de Cultura da existencia de praza vacante, enviarase á persoa interesada a confirmación de praza e a folla de autoliquidación para que proceda a facer efectivo o pagamento. As solicitudes que non obteñan praza pasarán a formar parte da lista de agarda por se houbese algunha baixa ao longo do curso. 

Os impresos para facer efectivo o pagamento (autoliquidación) enviaranse ao correo electrónico que consta nas bases de datos da Oficina de Recadación para tal efecto. Estes documentos indicarán os prazos nos que debe realizarse o aboamento. No caso de dispor de certificado dixital ou DNI electrónico poderá descargar o documento de pago e aboar o importe a través do enlace da Oficina Virtual Tributaria.

Excepcionalmente poderase solicitar o impreso de pagamento de xeito presencial na oficina de Recadación do Milladoiro, na rúa da Viorneira, número 6; ou na oficina de Recadación de Bertamiráns, na praza da Horta de Abaixo, número 6. Tamén se pode solicitar en horario de tarde os luns e mércores, de 16:15h a 18:30 horas. No caso de non recibilo poden solicitalo a través do correo electrónico ames@canaltributos.com ou chamando ao número de teléfono 981 884 896. De non facer efectivo o pagamento nos prazos establecidos, tramitarase a baixa inmediata no servizo.

Curso 2026-2027
As clases comezarán o 15 de setembro en Bertamiráns, o 16 de setembro no Milladoiro e o 17 de setembro o grupo inclusivo. As aulas rematarán no mes de xuño de 2027. Para dispor de máis información pódese chamara ao números de teléfono 981 535 940 / 662 377 444 ou enviar un correo electrónico ao enderezo cultura@concellodeames.gal.

Aberto ata o 10 de xullo o prazo de inscrición nas prazas libres da Escola Municipal de Teatro de Ames

Multimedia

  • Aberto ata o 10 de xullo o prazo de inscrición nas prazas libres da Escola Municipal de Teatro de Ames