PARA QUE (FINALIDADE):
- Poñer a disposición da veciñanza amesá, dez espazos públicos con salas polivalentes a disposición das asociacións, agrupacións veciñais ou entidades que desexen utilizalos para o desenvolvemento das súas actividades.
QUEN PODE FACELO:
- Calquera asociación inscrita no Rexistro de Asociacións do Concello en nome do seu representante, ou calquera outra persoa do Concello de Ames.
COMO SE FAI:
- Contactar cos servizos administrativos da Concellaría de Educación e Cultura para coñecer se hai dispoñibilidade.
- Cumprimentar debidamente a solicitude de uso de salas (Ver anexo I).
- Concesión: A reserva non será automática, farase efectiva cando se recibe confirmación por enderezo electrónico.
CANDO:
- As solicitudes recoméndase facelas cunha antelación mínima de seis días laborables e máxima de dous meses anteriores ao inicio da actividade.
ONDE:
- Sede Electrónica.
- Presencialmente: No Rexistro municipal.
DOCUMENTACIÓN:
- Impreso de solicitude de locais municipais.
- Procedemento para solicitar locais xestionados polo Concello de Ames.
PREZO:
- Suxeita a ordenanza reguladora de prezo público número 3, dependendo se o solicitante cobra entrada ou non e se son actividades extraculturais.
DEPARTAMENTO TÉCNICO RESPONSABLE:
CONCELLARÍA RESPONSABLE:
NORMATIVA APLICABLE: