Pestanas principais

Convocatorias de subvencións para a promoción de actividades levadas a cabo por asociacións culturais do Concello de Ames

Sede Electrónica
martes, 1 Xaneiro, 2019 a martes, 31 Decembro, 2019
Tramite activo: 
Aberto

PARA QUE, FINALIDADE

  • Proporcionar apoio económico para promover as actividades de índole cultural, e para adquisición de material inventariable, desenvolvidas polas asociacións culturais e veciñais do concello de Ames.

QUEN PODE FACELO

  • Asociacións culturais ou veciñais, legalmente constituídas e que figuren inscritas no rexistro municipal de asociacións.

CANDO

  • Convocatoria anual

COMO SE FAI

  • Unha vez que saen publicadas as bases daconvocatoria, as asociacións teñen 30 días naturais para presentar as solicitudes, xunto co resto da documentación, no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames.

ONDE

DOCUMENTACIÓN

  •  ANEXO 1 :SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN.      
    •  Xunto con este anexo, os solicitantes deberán achegar igualmente:
      • Descrición detallada da actividade para a que se solicita a subvención.
      • Certificación bancaria da conta na que teña que efectuarse o ingreso da subvención.
      • Certificado de estar ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
  •     ANEXO 2: DECLARACIÓN RESPONSABLE DO REPRESENTANTE LEGAL DA ENTIDADE.

RESPONSABLE

NORMATIVA APLICABLE

  • Conforme ao disposto na Lei 7/1985, de bases de réxime local, na Lei 5/1997, da administración local de Galicia, na Lei 38/2003, xeral de subvencións e no Real Decreto 887/2006 polo que se aproba o seu regulamento, na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e no Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei, así como no Regulamento de servizos das corporacións locais.