Pestanas principais

Departamento de Benestar Social

    • Unidade Municipal de Servizos Sociais de Bertamiráns (UTS BERTAMIRÁNS): Praza de Chavián s/n, Bertamiráns, 15220 - Ames (A Coruña)
      • Teléfono:  981 89 09 64
      • Horario de atención ao público Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Unidade Municipal de Servizos Sociais do Milladoiro (UTS MILLADOIRO): Rúa de Abaixo, nº 10, O Milladoiro, 15895 - A Coruña
      • Teléfono:981 53 59 41
      • Horario de atención ao público Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Responsable municipal: Concellaría de Benestar Social
Outros Datos: 
  • Programación actividades Amessan 2020-2021
  • Estrutura do servizo:
    UTS : Milladoiro e Bertamiráns
    As UTS ou Unidades de Traballo Social son a "porta de entrada" ao Sistema de Servizos Sociais e ofrecen un Servizo de Información público, para toda a poboación, desde onde se facilita de forma profesional e confidencial, información sobre os servizos sociais, recursos e prestacións a disposición das cidadás e cidadáns, así como os dereitos que teñen tanto a nivel individual como grupal.
  • Funcións
    Nelas valóranse as necesidades, oriéntase aos recursos máis axeitados, e intervense cando as persoas así o demandan, cara a garantir unha atención persoal e social de calidade, ofrecendo:
    • Información , valoración, diagnóstico e orientación  en canto a  dereitos, recursos e intervencións sociais.
    • Xestión do Servizo de Axuda no Fogar, Xantar na Casa, Fogar de tránsito, Programa de alimentos, Renda Básica Municipal, axudas de  emerxencia social.
    • Actuacións preventivas das situacións de risco e necesidade social do conxunto da poboación, intervindo para acadar a integración social.
  • Novas relacionadas
  • Axenda

Novas do departamento

“Calquera muller debería poder sentirse libre para decidir que facer co seu corpo ou a súa vida sexual sen sentir temor, culpa ou vergoña”. Deste xeito presentase o díptico informativo co que a concellaría de Igualdade anuncia as masterclass de psicoloxía e sexualidade feminina que terán lugar o 19 e o 27 de abril entre as 11:00 e as 13:00 horas na Casa de Cultura de Bertamiráns. A actividade chega a Ames a través dunha subvención do “Pacto de estado” e co lema “Ames en Igualdade: empoderamento sexual feminino”. A inscrición é gratuíta e pode facerse a través do enderezo electrónico infoigualdade@gmail.com ou do whatsapp 682 660 580. O aforo é limitado.

A concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, o técnico de Mediación Intercultural e Cooperación, Leonardo Pena, e a técnica de Turismo, Sonia Moure, viaxaron ata o municipio caboverdiano do Tarrafal nunha visita institucional. En novembro de 2018 o Concello de Ames e maila Cámara Municipal do Tarrafal de Santiago asinaron un convenio de cooperación técnica que se materializou na estadía neste municipio do técnico de Deportes, Alberto Viaño, para poñer en marcha unhas escolas deportivas con perspectiva de xénero. Dito convenio ratificouse e foi ampliado o pasado 13 de novembro de 2019 durante a celebración do Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía, organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade na cidade de Santiago. A mediados do pasado mes de decembro o Concello de Ames recibiu un convite institucional para visitar Tarrafal, xunto con outras delegacións de municipios de Portugal cos que teñen subscritos convenios, e co obxecto de afondar en diferentes proxectos de colaboración.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que é socio o Concello de Ames, cofinanciará cun total de 99.813 euros catro proxectos de ONGD galegas na India, Nicaragua, El Salvador e Guatemala. A concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, participou onte por videoconferencia na Asemblea Xeral da asociación de Concellos e Deputacións, que resolveu a convocatoria de axudas, á que se presentaron doce propostas centradas en dez países. No encontro virtual, que se celebrou coincidindo co Día Mundial da Saúde, tamén se fixo balance dun 2020 marcado pola pandemia e aprobouse por unanimidade o Plan de Actividades para este ano.

A cidade de Lugo acolleu esta mañá o acto de adhesión do protocolo ‘En Negro contra a Violencia’, que foi asinado por 138 concellos galegos e as Deputacións de A Coruña, Lugo e Pontevedra. Tratouse dun acto no que se quixo visualizar a unidade dos municipios contra as violencias machistas. Por parte do Concello de Ames asistiu a dito acto a concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo. O protocolo supón a difusión da campaña a través de diferentes materiais e das redes sociais e a cesión de espazos para a distribución de material informativo.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta mañá a unidade de atención temperá de Teo e Ames coincidindo coa nova convocatoria de axudas para que os Concellos ou agrupacións de Concellos poñan en marcha este servizo. Alí foi recibida pola concelleira de Benestar Social de Ames, Luísa Feijóo, o concelleiro de Benestar de Teo, Ignacio Iglesias, as técnicas que se encargan de coordinar este servizo en Ames, Rosana Martínez, e en Teo, Berta Conde, o equipo profesional do servizo, a voceira do PP de Ames, Oliva Agra, e o voceiro do PP de Teo, José Manuel Guerra. O SAT está dirixido á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e ten por obxectivo darlles resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

A localidade do Milladoiro acolle este sábado, 12 de outubro, a primeira edición da Ruta Biker Aultruísta “Animalíate”, un evento solidario que se desenvolverá na contorna da Casa da Cultura  e do pavillón polideportivo. A Asociación Ángeles caídos sobre ruedas e o grupo Bikersolitari@s, en colaboración co Concello de Ames, organizan esta xornada na que haberá un mercadillo e cea solidaria, diferentes exposicións, exhibicións e música. Ao longo de toda a xornada haberá diferentes actividades: mercado solidario, actuacións musicais, exposición de motos e de de Agilitty, etc.

Membros da Corporación Municipal de Ames recibiron este xoves 28 á activista salvadoreña Morena Herrera, acompañada de Lorena Seijo, coordinadora da organización sen ánimo de lucro, AGARESO. Morena Herrera (El Salvador, 1960) é unha histórica activista polos Dereitos Humanos e da muller, coñecida polo seu traballo contra a prohibición do aborto no seu país. Durante a recepción, Herrera denunciou a preocupante situación das mulleres en El Salvador, expostas a penas de entre 30 e 40 anos de cárcere por calquera tipo de aborto, mesmo por causas naturais, e incidiu no forte crecemento nos últimos anos de suicidios entre mozas adolescentes embarazadas, a primeira causa de morte indirecta entre xestantes desta franxa de idade.

Este mércores, 19 de xuño, a Cruz Vermella imparte unha nova charla sobre a prevención de roubos, estafas e abusos en persoas maiores na Casa da Cultura de Bertamiráns. A sesión, ao igual que o anterior faladoiro realizado o pasado 5 de xuño no local de JUPEMI do Milladoiro, será impartida polo sarxento da Garda Civil Luís López, que ofrecerá información sobre este tipo de accións delitivas, así como unha serie de consellos para evitar que os maiores caian vítimas deste tipo de estafas. A iniciativa, apoiada en Ames pola Concellaría de Servizos Sociais, está encadrada no programa provincial da asociación ‘Bo trato ás persoas maiores: promoción do trato adecuado e protección fronte ao maltrato’.

Municipalismo e solidariedade danse a man esta fin de semana en Ames coa posta en marcha da I Feira do Voluntariado na que participan vinte catro entidades e as oficinas de voluntariado dos concellos de Padrón, Vedra e Negreira. A Feira inaugurase o venres 28 de maio ás 17:00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns coa presenza da Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Benestar e Igualdade, Luísa Feijóo e representantes dos concellos colaboradores. Está previsto a realización de  faladoiros, exposicións, obradoiros e actuacións musicais. Haberá servizo de autobús de balde desde o Milladoiro e desde as parroquias. Para poder utilizalo desde as parroquias é necesario reservar praza nos teléfonos 662 377 302 e 683 327 375 ou no enderezo electrónico voluntariado@concellodeames.gal. Podes consultar aquí o programa de actividades. Tamén podes coñecer o horario, os relatores/as e os temas dos faladorios.

A mostra arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible creada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, encóntrase agora exposta no IES do Milladoiro, ata o 21 de xaneiro. Os alumnos, encóntranse traballando na exposición a través dunha unidade didáctica facilitada polo Fondo Galego. A mostra, que demostra o papel chave dos municipios no cumprimento destas metas fixadas pola ONU de cara o 2030, trasladarase posteriormente a Casa da Cultura do Milladoiro.

Eventos del departamento

O programa SaúdeAndo é unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Saúde, en colaboración cos centros de saúde do Milladoiro e de Bertamiráns. Como é habitual, será dende estes propios centros de saúde onde comecen as 38 andainas circulares programadas ao longo do ano, que se organizan cada xoves de semanas alternas, ás 17:30 horas, con rutas de dificultade media-baixa e de entre unha hora e hora e media de duración. Estas saídas van sempre acompañadas da presenza dun monitor de marcha nórdica, pensado para as persoas que desexen practicar esta modalidade, sempre de maneira voluntaria.