Pestanas principais

Departamento de Benestar Social

    • Unidade Municipal de Servizos Sociais de Bertamiráns (UTS BERTAMIRÁNS): Praza de Chavián s/n, Bertamiráns, 15220 - Ames (A Coruña)
      • Teléfono:  981 89 09 64
      • Horario de atención ao público Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Unidade Municipal de Servizos Sociais do Milladoiro (UTS MILLADOIRO): Rúa de Abaixo, nº 10, O Milladoiro, 15895 - A Coruña
      • Teléfono:981 53 59 41
      • Horario de atención ao público Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Responsable municipal: Concellaría de Benestar Social
Outros Datos: 
  • Programación actividades Amessan 2020-2021
  • Estrutura do servizo:
    UTS : Milladoiro e Bertamiráns
    As UTS ou Unidades de Traballo Social son a "porta de entrada" ao Sistema de Servizos Sociais e ofrecen un Servizo de Información público, para toda a poboación, desde onde se facilita de forma profesional e confidencial, información sobre os servizos sociais, recursos e prestacións a disposición das cidadás e cidadáns, así como os dereitos que teñen tanto a nivel individual como grupal.
  • Funcións
    Nelas valóranse as necesidades, oriéntase aos recursos máis axeitados, e intervense cando as persoas así o demandan, cara a garantir unha atención persoal e social de calidade, ofrecendo:
    • Información , valoración, diagnóstico e orientación  en canto a  dereitos, recursos e intervencións sociais.
    • Xestión do Servizo de Axuda no Fogar, Xantar na Casa, Fogar de tránsito, Programa de alimentos, Renda Básica Municipal, axudas de  emerxencia social.
    • Actuacións preventivas das situacións de risco e necesidade social do conxunto da poboación, intervindo para acadar a integración social.
  • Novas relacionadas
  • Axenda

Novas do departamento

Os nenos e nenas de primaria da Escola de Verán recibiron, no CEIP da Maía e CEP de Ventín, o obradoiro organizado pola Consellaría de Mar co que se pretende promocionar o consumo de conservas de productos do mar. Tras coñecer sobre os peixes e os seus métodos de pesca, o alumnado foi agasallado cun bolso neveira e un bocadillo feito das conservas.

A artista visual Doa Oa rematou onte a súa rúcula silvestre. A veciñanza amesá xa pode gozar da intervención da artista lucense nas paredes da Casa de Barbazán, na rúa travesía de Lodeiro en Bertamiráns. O Delas Fest deixa outro mural en Ames, desta volta realizado polas oito participantes dos obradoiros de introdución ao muralismo que se celebraron o sábado 17 e o domingo 18 de xullo no paseo fluvial de Bertamiráns.

O establecemento de Bertamiráns Máis que louza recadou 320 quilos de doazóns de vaixela durante a segunda campaña solidaria “Doando sempre gañas”, que se desenvolveu dende o 1 de xullo ata o 1 de setembro. Este material súmase aos máis de 300 quilos recollidos na primeira campaña solidaria que se realizou do 15 de marzo ata o 16 de abril. A tenda recolleu os aveños aportados pola veciñanza amesá, que a cambio recibiu un 5% de desconto para facer compras no establecemento. A louza xa foi recollida pola Concellaría de Benestar Social, que a través da Oficina de Voluntariado xa está a repartir estes bens entre a poboación.

Milladoiro e Bertamiráns recibirán esta semana  á Unidade Móbil de Doazón de Sangue. No Milladoiro, a Unidade Móbil estará o mércores pola tarde e o xoves en horario de mañá e de tarde.  En Bertamirán estará o xoves 30 e o venres 31, ámbolos dous días en horario de tarde. Por mor da situación xerada pola pandemia da COVID19 e as prevencións sociais e sanitarias que se deben gardar, atenderase á veciñanza con cita previa para evitar esperas e escalonar a afluencia de doadores. Pódese pedir esta cita no teléfono 900 100 828. Lémbrase que se deberá acudir en posesión da tarxeta de doante ou do DNI ou un documento identificativo similar.

A Unidade Móbil de Doazón de sangue estará en Milladoiro o mércores, 26 de agosto, na rúa Curuxa, no cruce con Rosalía de Castro. O xoves, 27, desprazarase a Bertamiráns e situarase na Avnda da Maía, diante da praza. En ámbalas dúas localidades os horarios serán de mañá e de tarde. Por mor da loita contra a COVID19, e para escalonar a afluencia de doantes e evitar esperas, é necesario solicitar cita previa no teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará os días 26 e 27 de marzo no Milladoiro (na rúa Cruxa, no cruce con Rosalía de Castro) e o día 30 en Bertamiráns (na praza de Chavián, xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, existe un teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 10 de outubro en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 17 de outubro no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 17 de xaneiro en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario de mañá será de 09:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns, 23 de febreiro, no Milladoiro, na Travesía do Porto, ao carón do novo centro de saúde. O horario de atención será de 9.30 a 14.30 e de 15:30 a 21:00 horas. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) baixo o lema “Non perdas este bus, DOA SANGUE”, pretende sensibilizar á cidadanía galega da importancia de doar sangue xa que precísanse máis de 400 doazóns diarias nos hospitais galegos.

Eventos del departamento

Ao longo de marzo, mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebrará nove charlas e un taller sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en regulación emocional e hábitos saudables. As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M. O mércores 22 de marzo, ás 19:00 horas, terá lugar a charla "Regulación emocional", impartida por Belén Montesa Lou. Será na Casa dos Maiores de Bertamiráns. 

O 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+, o concello de Ames encherase de cor a modo de conmemoración. Por un lado, a Concellaría de Igualdade prepara o tradicional manifesto, que se lerá na escalinata da Casa do Concello de Bertamiráns ás 12:00 horas do mércores.Doutra banda, xa en horario de tarde, O Milladoiro acollerá distintas iniciativas para a cativada e para os adultos. Será no Paseo da Igualdade (no aparcadoiro da Casa da Cultura). Entre as 18:00 e as 20:00 haberá actividades para nenos e nenas. Entre as 20:00 e as 23:00 horas actuará o DJ WANA.

 

A unidade móbil de doazón de sangue estará o luns 23 e o martes 24 de xaneiro no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. O horario será de 15:30 a 21:00 horas, ámbolos dous días. 

A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores 13 de xullo en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves e venres, 17 e 18 de febreiro, en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario será de tarde ambos días, de 15:30 a 21:00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves 15 de setembro en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores 10 de agosto en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves 23 de xuño en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. Será en horario de tarde, de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 17 de xaneiro en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario de mañá será de 09:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns e martes, 14 e 15 de marzo, en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O luns 14 estará en horario de mañá e tarde, de 09:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Pola súa banda, o martes 15 o horario será só de tarde, de 19:00 a 21:00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.