Pestanas principais

> Día do Orgullo LGBTIQ+

Mércores, 28 xuño, 2023
A partir das 12:00 horas

O 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+, o concello de Ames encherase de cor a modo de conmemoración. Por un lado, a Concellaría de Igualdade prepara o tradicional manifesto, que se lerá na escalinata da Casa do Concello de Bertamiráns ás 12:00 horas do mércores.Doutra banda, xa en horario de tarde, O Milladoiro acollerá distintas iniciativas para a cativada e para os adultos. Será no Paseo da Igualdade (no aparcadoiro da Casa da Cultura). Entre as 18:00 e as 20:00 haberá actividades para nenos e nenas. Entre as 20:00 e as 23:00 horas actuará o DJ WANA.

 

Nesta ocasión, escolleuse o lema “Só importa que Ames” para reivindicar o Día Internacional do Orgullo. Para plasmar o eslogan, o Concello empregou liñas de puntos similares á utilizadas nos cadernos de escritura, simbolizando o avance da aceptación do movemento LGBTIQ+ entre a sociedade, e a importancia da aprendizaxe dos valores da tolerancia e o respecto.