Solapas principales

Departamento de Promoción Económica y Empleo

Noticias del departamento

A primeira edición do Ames AV LAB, o laboratorio amesán para impulsar a nova produción audiovisual, afronta a súa recta final. Durante as últimas semanas, os/as creadores/as dos 15 proxectos que participan no Ames AV LAB visitaron ás instalacións das empresas Ficción Producións, Mirabelle Comunicación, Cinemar Films, Setemedia Producións e Zenit Televisión. Tamén participaron nun encontro por vídeo-conferencia con Peter Andermatt (director da Oficina MEDIA España).

A programación de Nadal 2022 do Concello de Ames continúa esta semana coa chegada de Papá Noel, que estará no Milladoiro este venres, 23 de decembro, e en Bertamiráns o sábado, día 24. As visitas realizaranse de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas en ambas localidades, e os nenos e nenas que se acheguen a coñecer a Papá Noel poderán sacar unha foto con el e levarán para a casa un agasallo.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organizou para este martes, 31 de decembro, unha novidosa actividade que se enmarca dentro da programación de Nadal. Tratase das Prebadaladas 2020, que se desenvolverán na praza do Concello, en Bertamiráns, a partir das 11.00 horas. Haberá animación e monólogos da man do actor e humorista, Pepo Suevos, as prebadaladas con uvas de lambetada e arandos, así como degustación gratuíta de chocolate con churros, castañas, algodón de azucre, flocos de millo e roxóns. Tralas prebadaladas actuará a artista Thais Rudiño, veciña de Ames e finalista da cuarta edición do programa televisivo “La Voz”.

No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 24 de xaneiro organízase unha degustación de tapas en seis locais hostaleiros de Bertamiráns, que serán elaboradas con produtos do mercado de horta e artesanía de Ames. Dita degustación ofrecerase no restaurante Onde Keiras, Bar O Recreo, Ristorante Tivolino, Restaurante Mollos e Moios, Restaurante Petiscos e Cafetería O Lambón.

O próximo sábado, 26 de febreiro, celebrarase na Casa da Cultura de Bertamiráns a Festa do Entroido de Amessan. A partir das 17.00 horas, os asistentes poderán desfrutar de música en vivo a cargo de Ana Angueira. Haberá autobuses para asistir ao evento dende as paradas de costume, reservando praza nos números 662 377 044 ou 683 327 378 antes do xoves 24 de febreiro. Premiaranse aos mellores disfraces. Dende a Concellería de Benestar Social animan á toda veciñanza amesá a asistir disfrazado.

Este venres, 11 de xullo, o Espazo de Coworking A Proa acollerá a charla aberta ao público “E ti, coñeces a fórmula?”, unha sesión divulgativa sobre o emprendemento cooperativo enmarcada dentro do Programa de sensibilización para o emprendemento cooperativo. A xornada é de balde e terá lugar de 10.00 a 12.30 horas e estará impartida por Rosa Álvarez, técnica de EspazoCoop. Para participar é preciso inscribirse a través da seguinte ligazón

No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 11 de outubro, organízase a visita a unha das hortas que están presentes no mercado, a Horta de Pablo Fuentes, situada nos Ánxeles, en Brión. É un xeito de coñecer de primeira man ás persoas produtoras dos alimentos que cada sábado se ofertan na praza da Maía en horario de mañá. Ademais de postos de venda os sábados no mercado haberá cata de produtos, obradoiros de artesanía e cociña e sorteo de produtos.

O xurado da décimo sexta edición do Concurso de Escaparates de Nadal do Concello de Ames ditaminou que o mellor escaparate de Nadal do concello foi o de Peluquería Blanco y Negro, do Milladoiro. En segunda posición quedou Kiérete Peluquería, tamén do Milladoiro. A terceira posición foi para PC Bertamiráns Informática, mentres que a cuarta posición foi para Carnicería Sigüeiro, do Milladoiro. O primeiro premio é de 1.400 euros; o segundo, de 1.000 euros; o terceiro, de 600 euros, e o cuarto, de 400 euros. Deste xeito, repartiranse un total de 3.400 euros, o que supón un aumento de 900 euros con respecto á dotación da edición anterior.

O martes 10 de agosto o Programa AmesOn organiza unha nova cita. No Parque do Ameneiral, en Bertamiráns, ás 20.00 horas, levarase a cabo a “Fase Festa” da man de Pepo Suevos, Fátima Pego e Josep Ruíz. Trátase dunha pequena verbena con música e humor. O evento estaba programado para o pasado xoves 5 de agosto pero mor da chuvia, viuse obrigado a aprazarse ata esta nova data.

Continúa a programación do “AmesON de verán” da Concellaría de Promoción Económica, desta volta coa actuación da artista Pili Pampín, que levará este venres 26 de agosto o seu espectáculo ao parque do Ameneiral, en Bertamiráns, a partir das 21:00 horas. Trátase do último concerto de agosto do AmesON e o penúltimo do programa, que pechará a orquestra Panorama o domingo 18 de setembro, no Milladoiro. Premendo nesta ligazón pódese consultar a programación ao completo do “AmesON de verán” 2022.

Eventos del departamento

A zona verde da travesía do Porto, no Milladoiro, e o parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerán durante a primeira semana de setembro, por cuarto ano consecutivo, as xornadas “Volta ao cole co comercio”, que organiza a Concellaría de Promoción Económica e colaboración con XEA e coa participación do departamento de Mocidade. Esta iniciativa traerá dúas tardes de actividades para amenizar os preparativos da volta aos centros de ensino, fomentando á vez o comercio e a hostalaría nos dous principais núcleos de Ames.

A xornada de “Volta ao cole co comercio” do Milladoiro celebrarase finalmente este luns, 15 de setembro. Será a partir das 17.00 horas nas pistas deportivas do Milladoiro. A holi party incluída na programación da actividade realizarase no aparcamento da Casa da Cultura do Milladoiro, polo que estará prohibido estacionar no aparcadoiro desde as 14.00 ata as 22.00 horas do luns día 15.

O Concello de Ames reúne nun único cartel toda a programación de actividades que se van celebrar durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro en Ames. Deste xeito, ata finais de setembro vanse a realizar numerosas actividades como concertos, seráns ou festas. 

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organizou unha xuntanza para o vindeiro luns, 13 de outubro, co obxectivo de que o persoal das empresas amesás relacionadas coa hostalería e a restauración poidan coñecer o mercado de horta e artesanía e os produtos alimentarios e artesanais que nel se expoñen e venden todos os sábado na praza da Maía, en Bertamiráns. Dito encontro celebrarase ás 9.30 horas no salón de plenos da Casa do Concello. As persoas que estean interesadas en acudir poden confirmar a súa asistencia enviando un correo electrónico ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal.

Música e moito humor. O actor, guionista, humorista e veciño de Ames, Pepo Suevos, a cantante Fátima Pego e o músico Josep Ruíz, compoñentes da orquestra "Panorama", soben xuntos ao escenario para amosarnos “Fase Festa”, unha especie de verbena en pequeno formato, adaptada aos tempos que nos toca vivir.

Ames acollerá a vindeira semana as visitas dos personaxes do mundo Disney para saudar e pasar tempo cos nenos e nenas. O día 29 chegarán á Casa dos Maiores de Bertamiráns (praza da Maía) e o 30 pasarán polo antigo centro de saúde do Milladoiro (na rúa Agro do Medio, número 8). Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal 2025, que comezou o pasado 4 de decembro e se desenvolverá ata o próximo 10 de xaneiro de 2026. 

Ames acollerá a vindeira semana as visitas dos personaxes do mundo Disney para saudar e pasar tempo cos nenos e nenas. O día 29 chegarán á Casa dos Maiores de Bertamiráns (praza da Maía) e o 30 pasarán polo antigo centro de saúde do Milladoiro (na rúa Agro do Medio, número 8). Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal 2025, que comezou o pasado 4 de decembro e se desenvolverá ata o próximo 10 de xaneiro de 2026.