- Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02
- Horario de atención al público:
- De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concejalía de Promoción Económica
Solapas principales
Departamento de Promoción Económica y Empleo
Servicios y programas
Noticias del departamento
O alcalde de Ames, Blas García; o alcalde de Brión, Pablo Lago e o Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor entregaron, esta mañá, os diplomas aos 19 alumnos e alumnas que participaron no Obradoiro ForestAmes-Brión. Os participantes que completaron o obradoiro acadaron un certificado de profesionalidade oficial de “Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas”. Este obradoiro é froito da estreita colaboración entre os Concellos de Ames e Brión e a Consellaría de Emprego e Igualdade.
As persoas autónomas, con ou sen persoal contratado, xa poden solicitar as axudas que facilita a Xunta de Galicia para compensar as consecuencias económicas provocadas pola Covid-19. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba o mércores a primeira das líneas de apoios do Plan de rescate para as persoas traballadoras autónomas e microempresas que se viran afectados polo peche da súa actividade debido á normativa sanitaria. A axuda, de 1.200 ou 2.000 euros, poderá solicitarse até o vindeiro 18 de decembro.
As tarxetas tarxetas Bono-Reactiva Ames que a concellaría de Promoción Económical puxo en marcha mos primeiros días do mes de marzo de 2021 utilizáronse en 159 establecementos de Ames, xerando unha media de 734,11 euros de negocio en cada un deles. Até o momento gastáronse 116.723,99 euros, o que supón case o 60% dos cartos postos en circulación a través desta campaña. Quedan por gastar 87.000 euros que os/as posuidores/as das tarxetas poderán empregar até o 1 de maio ou na segunda fase da campaña que se desenvolverá entre o 1 de setembro e o 31 de outubro desde mesmo ano. A tarxeta-bono Reactiva Ames é unha tarxeta prepago a través da cal o Concello de Ames pon ao dispor das persoas beneficiarias unha axuda do 40% do valor da mesma.
As tarxetas Bono-Reactiva Ames que a concellaría de Promoción Económica puxo en circulación o 15 de setembro utilizáronse en 189 establecementos de Ames, xerando unha media de 616 euros de negocio en cada un deles. Até o momento gastáronse 116.478 euros, o que supón máis do 90% dos cartos postos en circulación a través desta campaña. Quedan por gastar 11.182 euros que os/as posuidores/as das tarxetas poderán empregar até o 15 de novembro. O sábado,16 de outubro, poñeranse á venda 238 tarxetas-bono nunha carpa instalada na Praza da Maía de 11:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 19:30 horas.
Os alcaldes de Ames, Blas García, e de Brión, Pablo Lago, acompañaron esta mañá á directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, na visita que fixo ao Centro de formación e emprego de Aldea Nova, onde se imparte o programa integrado de emprego que rematará o vindeiro 12 de novembro. Ata o de agora están a traballar ou traballaron o 50% das 100 persoas desempregadas participantes, superando obxectivo de inserción inicial. De seguido, achegáronse á ETAP de Sisalde, que presta servizo a ambos concellos, onde os 20 alumnos/as do obradoiro dual de emprego Renova VI están instalando paneis solares fotovoltaicos. Ambos programas están financiados pola Xunta de Galicia a través de dúas subvencións por un importe total de 766.156,80 euros. Os Concellos de Ames e Brión achegan o financiamento restante que ascende a 219.483,15 euros.
Os obradoiros duais de emprego son programas públicos de formación e emprego nos que os traballadores/as desempregados/as participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social. Este obradoiro está sufragado a través dunha subvención de 531.046,20 euros, concedida aos Concellos de Ames e Brión por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, da Xunta de Galicia, para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego. O obradoiro de emprego dual Renova VI terá unha duración de 12 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as.
A profesora, deseñadora e artesá Ana Rosa Lista Sebe leva os seus traballos ata o concello de Mos. A súa obra titulada “O Camiño do Encaixe” vencella a arte de palillar co patrimonio cultural e artístico dos Camiños de Santiago. A exposición poderá visitarse no Pazo de Mos ata o 11 de setembro de 16:00 a 20:00 horas.
Os locais hostaleiros, que conten con licenza en vigor, situados no municipio de Ames poderán ampliar o seu horario de peche nunha hora, sobre os horarios límite de peche establecidos para cada categoría de local. Este permiso foi concedido para os días 7, 8, 9, 10 e 11 de agosto de 2019 con motivo das festas da Peregrina, en Bertamiráns. A ampliación do horario foi concedido despois das xestións realizadas polo Concello de Ames ante a Xefatura territorial de Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
A Concellaría de Promoción Económica organizou, dentro da programación Un Nadal diferente, para o sábado 26 e mailo domingo 27 de decembro, un programa de Autocine no Milladoiro. Proximamente informarase das sesións e dos filmes que se proxectarán dentro de dito programa de Autocine. A través desta iniciativa, ademais de fomentar o ocio, tamén se pretende implicar ao sector hostaleiro. Deste xeito, os establecementos que estean interesados poderán servir comida ás 21.15 horas nunha carpa habilitada no aparcadoiro do SuperCor (rúa Agro do Medio), no descaso da última sesión do Autocine que comeza ás 20.30 horas. Para adherirse a este iniciativa haberá que enviar un correo electrónico ata o 18 de decembro ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal.
Ames está preparada para recibir esta tarde aos Reis Magos de Oriente na Gran Festa de Reis. Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán coas súas cabalgatas as rúas do Milladoiro e de Bertamiráns dende as 17:00 horas e as 19:00 horas respectivamente. A comitiva real formada por tres carrozas, cen nenos e nenas e un gandeiro repartirá entre a veciñanza máis de 250 quilos de caramelos. A festa culminará nos pavillóns municipais onde pequenos e maiores van despedir aos Magos de Oriente cunha merenda e cunha actuación musical. Os Magos participarán nas cabalgatas logo de percorrer, esta mesma mañá, as once parroquias de Ames escoitando os desexos da cativada e enchendo o concello de maxia e ilusión. Ao que hai que sumar as recepcións nos pavillóns. Ao longo do martes e do mércores Melchor, Gaspar e Baltasar recibiron a visita de máis de 800 familias.
- ‹ anterior
- 39 de 48
- siguiente ›
Trámites del departamento
Eventos del departamento
Música e moito humor. O actor, guionista, humorista e veciño de Ames, Pepo Suevos, a cantante Fátima Pego e o músico Josep Ruíz, compoñentes da orquestra "Panorama", soben xuntos ao escenario para amosarnos “Fase Festa”, unha especie de verbena en pequeno formato, adaptada aos tempos que nos toca vivir.
- ‹ anterior
- 12 de 12