Solapas principales

Departamento de Promoción Económica y Empleo

Noticias del departamento

O alcalde de Ames, Jose Miñones, e a concelleira de Promoción Económica e Emprego, Ana Belén Paz, visitaron esta mañá a empresa de material sanitario Conic Vascular España, guiados polo presidente e copropietario, Manuel Parente. Situada en Bertamiráns, a empresa está dedicada ao deseño, desenvolvemento e fabricación de dispositivos médicos nos campos de cardioloxía e a radioloxía intervencional. Fai uns meses a empresa asinou un contrato coa compañía saudita NABD Medical Industrial Company, para producir os seus produtos e patentes en Arabia Saudita.

O alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, mantiveron unha xuntanza o pasado 28 de febreiro cos xerentes do centro comercial As Cancelas, Javier Nicola Blanco, e de Carrefour Santiago, Hugo Rodríguez Álvarez. En dito encontro abordaron posibles vías de colaboración para poder facer actuacións de promoción do Concello de Ames no centro comercial e tamén para poder colaborar en cuestións de emprego con Carrefour Santiago.  

O alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, realizaron una nova visita a unha empresa do sector do audiovisual. Neste caso, achegáronse ás instalacións da empresa Overon, situada na rúa das Hedras, no parque empresarial Novo Milladoiro. Overon é unha das compañías líder do sector do transporte audiovisual en España. Están especializados en realizar directos de grandes eventos e actividades deportivas (fútbol, ciclismo, rallies, remo, etc) e tamén se encargan do servizo de directos da Televisión de Galicia e doutras cadeas de televisión nacionais e internacionais.

O Concello de Ames continúa coa rolda de contactos coas empresas do sector audiovisual que teñen instalacións radicadas en Ames. Neste caso o alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, visitaron as instalación da empresa Ficción Producciones que están situadas na rúa das Hedras, no parque empresarial Novo Milladoiro. Durante a visita Blas García e Ana Belén Paz puideron coñecer as instalacións da produtora e tamén abordaron con  Julio Casal, xerente da produtora, e Toni Veiga, director de produción, distintas vías de colaboración de cara ao futuro.

Esta mañá o alcalde, Blas García, e maila concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, reuníronse coa nova directiva da asociación Xuntanza de Empresarios de Ames, que vén de renovar a directiva, tras un acordo unánime durante a asemblea xeral extraordinaria celebrada o pasado mes de marzo. Tratouse dunha primeira toma de contacto entre a nova directiva de XEA e mailo Goberno municipal que quere seguir mantendo a boa sintonía existente con dita entidade co obxectivo de seguir colaborando na organización de diversas iniciativas en beneficio dos establecementos comerciais e hostaleiros do concello.

Este luns, o alumnado de 4º da ESO do IES do Milladoiro recibiu a visita de nove coworkers do Espazo colaborativo A Proa para que, deste xeito, descubriran as posibilidades que ofrece o ámbito do emprendemento, xunto con todas as posibles saídas que poden ter no mundo laboral. Os coworkers que participaron nesta actividade foron: Juan Magariños, de Vivir desde el Ser; Marcos Estévez, de Amonte; Laura Piñeiro, editora; Carla Caamaño, subtituladora; Marisa Dequidt e Paz Gómez, Avelaíñas Coop. Galega; Carlos L. Ríos, Gran Rural; e Laura Iglesias, Livddans. 

Os Concello de Ames e Brión están desenvolvendo o obradoiro dual de emprego ForestAmes-Brión no que participan 20 alumnos/as traballadores/as e un equipo de 5 persoas que forman o persoal administrativo e docente. Este obradoiro comezou o pasado 28 de decembro de 2020 e realizarase ata o 27 de setembro de 2021. Durante 9 meses os traballadores/as reciben formación específica sobre o certificado de profesionalidade oficial de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, que conta con 410 horas de duración. Durante a xornada de hoxe participaron nunha demostración de seguridade e manexo de motoserra, impartida polo especialista, Carlos Grandío.

Esta mañá o alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Promoción Económica e Emprego, Ana Belén Paz, acompañados do Axente de Desenvolvemento Local do Concello de Ames, Juan Carlos Carreja, visitaron ao alumnado do obradoiro de emprego ForestAmes-Brión, que están acondicionando o invernadoiro e contorna do viveiro de Barouta. Ademais, visitaron varias fincas municipais en Pedra Dourada e no Bosque Animado, onde dito alumnado realizou traballos de limpeza de camiños forestais e repoboación con árbores autóctonas. En  dita visita estiveron acompañados do director do obradoiro, Andrés Novo Lombao, e por Begoña Corral Goiriz, titora e coordinadora de dito obradoiro.

Os Concellos de Ames e Brión están a desenvolver a sétima edición do obradoiro dual de emprego Renova, no que participan 20 alumnos/as traballadores/as (15 de Ames e 5 de Brión). Nesta edición impártense 9 meses de formación sobre o certificado de profesionalidade oficial de montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas. Ademais, impártense un módulo de instalacións eléctricas en edificios de vivendas e actividades complementarias de informática, prevención de riscos laborais e orientación laboral. Dita formación compleméntase con formación homologada de Prevención de Riscos Laborais; manexo de carretillas elevadoras; operador/a de plataformas elevadoras móbiles de persoal; e prevención de riscos laborais en alturas; como complemento á formación no certificado de profesionalidade.

Esta mañá o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu o acto de clausura do obradoiro dual de emprego en enerxías renovables Renova VII no que participaron 17 alumnos/as (12 de Ames e 5 de Brión). Nesta edición executaron novas instalacións de paneis solares fotovoltaicos nas escolas infantís municipais de Ames (Escola infantil municipal A Madalena, no Milladoiro; e Escola infantil municipal O Bosque, en Bertamiráns), no pavillón e piscina descuberta de Bertamiráns, e na Escola municipal de música Magariños de Brión. Tamén instalaron puntos de recarga para vehículos eléctricos híbridos, renovaron o alumeado interior e mellora de eficiencia enerxética en edificios municipais, e fixeron traballos de mantemento nas instalacións fotovoltaicas xa existentes.

Eventos del departamento

A zona verde da travesía do Porto, no Milladoiro, e o parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerán durante a primeira semana de setembro, por cuarto ano consecutivo, as xornadas “Volta ao cole co comercio”, que organiza a Concellaría de Promoción Económica e colaboración con XEA e coa participación do departamento de Mocidade. Esta iniciativa traerá dúas tardes de actividades para amenizar os preparativos da volta aos centros de ensino, fomentando á vez o comercio e a hostalaría nos dous principais núcleos de Ames.

A xornada de “Volta ao cole co comercio” do Milladoiro celebrarase finalmente este luns, 15 de setembro. Será a partir das 17.00 horas nas pistas deportivas do Milladoiro. A holi party incluída na programación da actividade realizarase no aparcamento da Casa da Cultura do Milladoiro, polo que estará prohibido estacionar no aparcadoiro desde as 14.00 ata as 22.00 horas do luns día 15.

O Concello de Ames reúne nun único cartel toda a programación de actividades que se van celebrar durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro en Ames. Deste xeito, ata finais de setembro vanse a realizar numerosas actividades como concertos, seráns ou festas. 

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organizou unha xuntanza para o vindeiro luns, 13 de outubro, co obxectivo de que o persoal das empresas amesás relacionadas coa hostalería e a restauración poidan coñecer o mercado de horta e artesanía e os produtos alimentarios e artesanais que nel se expoñen e venden todos os sábado na praza da Maía, en Bertamiráns. Dito encontro celebrarase ás 9.30 horas no salón de plenos da Casa do Concello. As persoas que estean interesadas en acudir poden confirmar a súa asistencia enviando un correo electrónico ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal.

Música e moito humor. O actor, guionista, humorista e veciño de Ames, Pepo Suevos, a cantante Fátima Pego e o músico Josep Ruíz, compoñentes da orquestra "Panorama", soben xuntos ao escenario para amosarnos “Fase Festa”, unha especie de verbena en pequeno formato, adaptada aos tempos que nos toca vivir.

Ames acollerá a vindeira semana as visitas dos personaxes do mundo Disney para saudar e pasar tempo cos nenos e nenas. O día 29 chegarán á Casa dos Maiores de Bertamiráns (praza da Maía) e o 30 pasarán polo antigo centro de saúde do Milladoiro (na rúa Agro do Medio, número 8). Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal 2025, que comezou o pasado 4 de decembro e se desenvolverá ata o próximo 10 de xaneiro de 2026. 

Ames acollerá a vindeira semana as visitas dos personaxes do mundo Disney para saudar e pasar tempo cos nenos e nenas. O día 29 chegarán á Casa dos Maiores de Bertamiráns (praza da Maía) e o 30 pasarán polo antigo centro de saúde do Milladoiro (na rúa Agro do Medio, número 8). Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal 2025, que comezou o pasado 4 de decembro e se desenvolverá ata o próximo 10 de xaneiro de 2026.