Solapas principales

Departamento de Promoción Económica y Empleo

Noticias del departamento

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle este sábado o Festival de economía circular co obxectivo de achegarlle á veciñanza este xeito de  vivir baseado en aproveitar os recursos ao máximo. Trátase dunha xornada  lúdica, educativa e concienciadora dirixida a todos os públicos e que inclúe mostras, obradoiros, xogos familiares, compostaxe, reciclaxe e música. O festival desenvolverase entre as 16:00 horas e as 20:30 horas.

Este venres, 4 de agosto, darán comezo once días de celebración en Ames. Será no Milladoiro, co inicio das festas da Madalena, que se prolongarán ata o martes 8 de agosto. Seguidamente, os festexos trasladaranse a Bertamiráns, coa celebración da Peregrina ata o luns 14 de agosto. Ámbalas dúas propostas se enmarcan dentro do programa “Ames en Festas”, froito da colaboración entre o Concello de Ames, as comisións de festas do Milladoiro e da Peregrina e a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA). 

A empresa amesá Escuela Inventa organiza para este venres, 21 de abril, a vixésimo segunda edición do evento “Lab Class – Más que palabras”, coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica de Ames. Un total de nove relatores participarán na sesión, na que compartirán as súas ideas e experiencias. Ademais, realizaranse diversas entrevistas “one to one” a dous membros de Escuela Inventa e ao alcalde de Ames, Blas García. Será na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 16:30 horas. A entrada é de balde, e para reservar praza pódese chamar ao número de teléfono 696 936 279, escribir ao enderezo electrónico info@escuelainventa.com ou acceder á páxina web de Escuela Inventa a través desta ligazón.

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu este xoves, 10 de maio, pola tarde, a presentación dunha nova edición dos programas AmesOn e Canta con Ames. O AmesOn de verán 2023 inclúe nove actuacións musicais para todos os públicos, que se van celebrar entre xuño e setembro. Para o concurso Canta con Ames xa están abertas as inscricións nas categorías infantil, xuvenil, sénior e súper sénior. As inscricións poden realizarse a través do correo amesnarua@gmail.com ata o 9 de xullo. Haberá unha fase de preselección no Milladoiro e en Bertamiráns os días 21 e 29 de xullo. A semifinal será no Milladoiro o 4 de agosto e a final celebrase en Bertamiráns o 18 de agosto. O xurado do concurso estará composto por Inés Suárez, Noelia Bellas e Lara López, mentres que a presentadora será Loly Gómez. As bases do concurso poden consultarse premendo nesta ligazón.

A Asociación “Xuntanza de Empresarios de Ames” (XEA) repartiu, co gallo das festas de Nadal, vales de compra entre os clientes dos establecementos membros da devandita asociación. O sorteo realizouse en directo na Radio Municipal, no transcurso da emisión da revista informativa “Somos Ames” do día 10 de xaneiro de 2020.

A festa final do AmesON de verán 2022 foi todo un éxito. Foron catro horas de espectáculo nas que primeiro actuaron as gañadoras do concurso Canta con Ames (Adriana Vigo, María Iglesias, Montse Angueira e José Rey) e a continuación a orquestra Panorama ofreceu un gran espectáculo de tres horas de duración como peche do programa AmesON. Dende a organización contabilizaron que máis de 9.000 persoas asistiron onte no Milladoiro ao concerto da Panorama. O programa AmesOn de verán estivo composto por 13 actuacións musicais dirixidas a adultos e nenos/as. O alcalde adiantou que a orquestra Panorama volverá actuar en Ames o vindeiro ano dentro da programación do Ames en Festas 2023.

A praza de Chavián, en Bertamiráns, acolleu onte a festa e o concurso infantil de disfraces como parte da programación “Entroido Ames 2024”, organizada en colaboración coa asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA).  Durante a celebración, que contou cunha actuación musical a cargo de Pesdelán, repartíronse máis de 600 euros en premios. Premendo nesta ligazón podes acceder á galería de fotografías da programación "Entroido Ames 2024".

O parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerá ese sábado, 26 de agosto, a fase final do concurso “Canta con Ames” a partir das 20.00 horas. O certame, que vai pola súa terceira edición, “estase a converter nun fenómeno sen precedentes” e “seguido por xente de todas as idades”, afirma a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz. “Na anterior edición contamos con máis de 500 persoas de público na final, dato que nos encantaría repetir este ano”, finaliza Paz.

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolle este xoves, 9 de xaneiro, a gala de entrega de premios da VI edición do certame fotográfico do parque empresarial do Milladoiro. Será ás 20.30 horas, nun evento destinado a todos os públicos con entrada de balde ata completar aforo. Despois da gala a celebración seguirá no Restaurante Central.

O Concello de Ames, a través das Concellarías de Promoción Económica e Benestar Social, organizan dúas xornadas informativas dirixidas ás persoas maiores nas que se lles explicará dunha forma sinxela e práctica como se usan os caixeiros das entidades bancarias. O obxectivo é dotar ás persoas maiores da suficiente autonomía para poder realizar xestións cotiás a través de ditos caixeiros. As xornadas informativas serán o xoves, 7 de marzo, no local do Club de xubilados e pensionistas do Milladoiro (JUPEMI), e o venres 15 de marzo na Casa dos Maiores, en Bertamiráns. As sesións serán ás 12.00 horas.

Eventos del departamento

A zona verde da travesía do Porto, no Milladoiro, e o parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerán durante a primeira semana de setembro, por cuarto ano consecutivo, as xornadas “Volta ao cole co comercio”, que organiza a Concellaría de Promoción Económica e colaboración con XEA e coa participación do departamento de Mocidade. Esta iniciativa traerá dúas tardes de actividades para amenizar os preparativos da volta aos centros de ensino, fomentando á vez o comercio e a hostalaría nos dous principais núcleos de Ames.

A xornada de “Volta ao cole co comercio” do Milladoiro celebrarase finalmente este luns, 15 de setembro. Será a partir das 17.00 horas nas pistas deportivas do Milladoiro. A holi party incluída na programación da actividade realizarase no aparcamento da Casa da Cultura do Milladoiro, polo que estará prohibido estacionar no aparcadoiro desde as 14.00 ata as 22.00 horas do luns día 15.

O Concello de Ames reúne nun único cartel toda a programación de actividades que se van celebrar durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro en Ames. Deste xeito, ata finais de setembro vanse a realizar numerosas actividades como concertos, seráns ou festas. 

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organizou unha xuntanza para o vindeiro luns, 13 de outubro, co obxectivo de que o persoal das empresas amesás relacionadas coa hostalería e a restauración poidan coñecer o mercado de horta e artesanía e os produtos alimentarios e artesanais que nel se expoñen e venden todos os sábado na praza da Maía, en Bertamiráns. Dito encontro celebrarase ás 9.30 horas no salón de plenos da Casa do Concello. As persoas que estean interesadas en acudir poden confirmar a súa asistencia enviando un correo electrónico ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal.

Música e moito humor. O actor, guionista, humorista e veciño de Ames, Pepo Suevos, a cantante Fátima Pego e o músico Josep Ruíz, compoñentes da orquestra "Panorama", soben xuntos ao escenario para amosarnos “Fase Festa”, unha especie de verbena en pequeno formato, adaptada aos tempos que nos toca vivir.

Ames acollerá a vindeira semana as visitas dos personaxes do mundo Disney para saudar e pasar tempo cos nenos e nenas. O día 29 chegarán á Casa dos Maiores de Bertamiráns (praza da Maía) e o 30 pasarán polo antigo centro de saúde do Milladoiro (na rúa Agro do Medio, número 8). Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal 2025, que comezou o pasado 4 de decembro e se desenvolverá ata o próximo 10 de xaneiro de 2026. 

Ames acollerá a vindeira semana as visitas dos personaxes do mundo Disney para saudar e pasar tempo cos nenos e nenas. O día 29 chegarán á Casa dos Maiores de Bertamiráns (praza da Maía) e o 30 pasarán polo antigo centro de saúde do Milladoiro (na rúa Agro do Medio, número 8). Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal 2025, que comezou o pasado 4 de decembro e se desenvolverá ata o próximo 10 de xaneiro de 2026.