Solapas principales

Estes son os números premiados no sorteo de vales de compra de Nadal da Asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA)

Lunes, 13 de enero de 2020

A Asociación “Xuntanza de Empresarios de Ames” (XEA) repartiu, co gallo das festas de Nadal, vales de compra entre os clientes dos establecementos membros da devandita asociación. O sorteo realizouse en directo na Radio Municipal, no transcurso da emisión da revista informativa “Somos Ames” do día 10 de xaneiro de 2020.

O humorista Juan Carlos Zaera, ex-presidente da extinta Asociación de Comerciantes de Bertamiráns ACB, foi o encargado de extraer os números premiados e de comunicalos a través das voces dos personaxes que imita no espazo “Palabreando” de Ames Radio. Estaban presentes Jorge López, presidente da Xuntanza de Empresarios de Ames, Lucía Pintos, organizadora de eventos da XEA e Nazaret López, xornalista de Ames Radio.

Os números premiados son os seguintes:

  • Número premiado con 500 euros: 131
  • Número premiado con 300 euros: 2087
  • Números premiado con 100 euros: 1187
  • Números premiados con 50 euros: 265, 259, 803, 1441, 1509, 1592, 1786, 2116, 2662 e 2805

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, considera que “este tipo de accións complementan as actividades que dende esta nova asociación se veñen desenvolvendo e esperamos  que contribúan a visualizar a mesa comercial do Concello de Ames”.

Sorteo vales de compra XEA

Multimedia

  • Sorteo vales de compra XEA