Solapas principales

Departamento de Cultura

    • Dirección: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concejalía de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica Animación Sociocultural
Otros Datos: 
  • Programación AmesON agosto 2020
  • Programación AmesOn fin de semá agosto 2020
  • Programación escolas culturais 2020-2021
  • Funciones:
    • Gestionar las actividades y eventos que desde el Departamento de Cultura se ponen en marcha, responsabilizándose de su adecuado desarrollo.
    • Informar y asesorar a los grupos y entidades culturales del ayuntamiento, así como al público en general, valorar las demandas de los ciudadanas e incentivar la participación
    • Gestionar los programas culturales que oferta la Diputación, Red Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC y Cultura en el Camino. Solicitud,desarrollo, justificación.
    • Tramitar las ayudas económicas corresponsales al área de cultura, tanto las que se solicitan desde el Ayuntamiento, como las que se convocan desde la Concejalía de Educación y Cultura de apoyo las entidades culturales y comisiones de fiestas.
    • Coordinar y gestionar las Escuelas Culturales Municipales.

Noticias del departamento

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, colabora na organización de dúas festas do Magosto que se van a celebrar este venres, 11 de novembro, na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, e no campo da festa do San Amaro de Barouta. Haberá música, obradoiros, xogos populares e produtos típicos de outono como castañas asadas, chourizos e doces. Estas dúas festas do magosto están organizadas polo CEP de Ventín e a ANPA As Brañas e polo CEIP de Barouta e a ANPA San Mauro. No magosto do Milladoiro tamén colabora a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA).

O próximo venres representarase no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro o espectáculo de teatro musical “Nube nube sol”, destinado a crianzas de 0 a 4 anos. Haberá dúas sesións, unha ás 17.00 horas e outra as 18.00 horas. As entradas xa se encontran dispoñibles na billeteira electrónica do concello. Teñen un prezo de 4 euros a xeral e de 2 euros a reducida.

A programación do Ames Cultural 2025 deste primeiro semestre do ano remata este venres, como preludio ao Día das Letras Galegas, coa representación de “Mulleres que viven soas #MQVS”, de Berrobambán. O espectáculo terá lugar no auditorio de Bertamiráns, ás 20.30 horas. As portas abriranse ás 20.15 horas e prégase puntualidade a todas as persoas asistentes. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

Despois do éxito acadado polo Club de Maiores de Boqueixón coa obra de teatro “Urxencias” a semana pasada, este venres 15 de novembro a Casa da Cultura do Milladoiro acolle a representación da peza teatral “Todos os camiños levan a Santiago”, do Grupo Teatro Down Compostela. Terá lugar as 20.00 horas e as entradas son de balde ata completar aforo. Está destinada a todos os públicos.

Os Concellos de Ames e Negreira únense un ano máis para organizar unha nova edición do programa Noites en Vela, que terá lugar este venres, 25 de agosto, a partir das 20:30 horas. A programación inclúe as actuacións dos grupos Pandereteiras de Costaneira (ás 20:30 horas) e de Tres Pesos (ás 21:00 horas). O escenario será, novamente, a Ponte Maceira, lugar declarado ben de interese cultural (BIC). Ao remate dos concertos haberá fogos de artificio. 

A ópera “Papagena”, da compañía ButacaZero, representarase este venres, 10 de marzo, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20:30 horas. A peza está baseada na personaxe da Frauta Máxica de Mozart, e conta cunha soprano, un barítono e un músico en escena. Este espectáculo forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica. Premendo nesta ligazón pódese consultar a programación cultural de Ames ao completo para o primeiro semestre de 2023.

“Apaga o candil” é unha das novas propostas teatrais do departamento de Cultura do Concello de Ames para este mes de outubro. A obra, coproducida polo festival FIOT e por Contraproducións, chega ao auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro este venres, 20 de outubro, ás 20:30 horas. Nela, o dramaturgo Cándido Pazó achega ao público unha figura clave da tradición popular: Carlos “O Xestal”, un contador, músico e activista. A representación está financiada pola Deputación da Coruña. Os convites para o espectáculo xa se poden descargar de balde a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Esta semana comeza a programación de teatro, música e danza do Concello de Ames para o primeiro semestre de 2021. Dita programación comeza co espectáculo “Paio e o poder da música”, a cargo de Oviravai. Este espectáculo representarase no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, este venres 22 de xaneiro, ás 18.00 horas. Xa se poden mercar as entradas na Billeteira electrónica. A entrada xeral ten un prezo de 4 euros, mentres que as entradas con prezo reducido custan 2 euros.

Este venres, 6 de marzo, hai programadas dúas sesións de teatro no concello de Ames. Na Casa da Cultura do Milladoiro representarase “SÓ”, de Xampatito Pato, ás 18.00 horas, mentres que a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá, ás 21.00 horas, “O meu mundo non é deste reino”. Para ambas as dúas funcións aínda hai entradas dispoñibles, que se poden adquirir na billeteira electrónica do concello ou de maneira presencial na propia Casa da Cultura unha hora antes do comezo de cada función.

Esta semana comeza a quinta edición do ciclo Abril de Cine, unha iniciativa enmarcada dentro da programación deseñada polo departamento de Cultura do Concello de Ames e que ten a finalidade de achegar o cinema galego actual á veciñanza amesá. A primeira cita das tres sesións programadas no Abril de Cine deste ano terá lugar este xoves 3 de abril, ás 20.00 horas no auditorio do Milladoiro, coa proxección do filme “Prefiro condenarme”, de Margarita Ledo. A xornada contará cunha presentación previa á proxección da película e, ao finalizar, haberá un coloquio coa directora do filme, Margarita Ledo. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Eventos del departamento

Unha nova edición da Festa do chourizo ao viño, organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño da parroquia de Ortoño, terá lugar o vindeiro domingo 13 de xullo. Un ano máis realizarase a degustación de orella cocida e de chourizos ao viño con cachelos. O xantar estará amenizado pola música da banda de gaitas e de baile rexional Os Castros e pola tarde contarase coa actuación de Eva e Camilo e do Dúo Rosán. Ademais, realizarase o XVIII campionato de chave por parellas e haberá un taller de bordado a cargo de Xenuína. A xornada rematará coa actuación do grupo A Banda da Loba, financiada polo Concello de Ames. Haberá carpa e inchables gratuítos para os nenos e nenas por cortesía de Tikolandia

O Milladoiro acollerá un ano máis o festival Millarock, unha das citas máis esperadas na localidade amesá e que este ano chega á súa décimo quinta edición. O evento está organizado polo departamento de Cultura do Concello de Ames en colaboración coa da Rede Cultural da Deputación da Coruña e ten como obxectivo fomentar o rock galego e impulsar a grupos emerxentes da contorna de Ames. O espectáculo celebrarase o vindeiro venres, 31 de xullo, na Travesía do Porto e no Anfiteatro do Milladoiro, onde actuarán os Tentáculo Rock, Sr Salvaje, Familia Caamagno, Extrema Función e Factoría de Subsistencia. Tamén haberá persoal da escola de rock “A Casa do Rock” encargada dos concertos didácticos e de impartir obradoiros musicais coa proposta “Merenda Rock”. De novo, nesta edición ofreceranse servizos para que as persoas con discapacidade tamén poidan gozar do festival. 

Unha nova edición da Festa do chourizo ao viño, organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño da parroquia de Ortoño, terá lugar o domingo 14 de xullo. Serviranse arredor de 1000 racións de chourizo e 800 de orella. Os tiques para participar na festa, un dos eventos gastronómicos de maior tradición no concello, venderanse no campo da festa de Ortoño, onde se realizará o evento. Ademais do xantar, a festa inclúe unha tarde chea de música e de opcións para que os máis cativos e cativas tamén poidan gozar.

O outono chega cunha ampla programación cultural a Ames, dirixida para todos os públicos. Ao longo dos vindeiros meses de outubro e novembro, a veciñanza poderá gozar de diferentes propostas de teatro, danza, cine ou música que se desenvolverán nas localidades de Bertamiráns e no Milladoiro. As entradas poden adquirirse a través da Billeteira Electrónica. A programación conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios e Turismo de Galicia, e da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

O Concello de Ames realiza o martes 23 de xullo, ás 20.00 horas, unha serie de actividades para celebrar o Día de Galicia. Trátase dun acto institucional, que se celebrará no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, onde haberá música, a cargo do Dúo Satelite Salitre, e lectura de poemas. Será un evento sinxelo e aberto a todos os veciños e veciñas de Ames, que contará coa intervención institucional de cada un dos grupos municipais. Ademais, o Concello de Ames realizaralle unha recepción oficial á veciña Filomena Fraga.

Este domingo, 14 de xullo, ás 19.00 horas, o cantante e compositor, Xabier Díaz, e as Adufeiras de Salitre, ofrecerán un concerto en Ames. Será na Carballeira de San Xoán de Ortoño, ás 19.00 horas.

Bugallido celebra este domingo as festas na honra da Virxe do Carme. As festividades comezan ás 12.30h cunha misa solemne, á que seguirá unha procesión conducida polo grupo Os Castros. O Dúo Rosán será o encargado de amenizar tanto a sesión vermú como a verbena nocturna, na que o acompañará a orquestra Galilea.

A Asociación de Festas de Ames organiza esta fin de semana dous días de festa cos que celebrar a conmemoración de Santo Tomé, patrón da localidade. A celebración estará marcada polas actuacións musicais, entre elas a da orquestra Combo Dominicano, e o pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Retranqueiros. Os festexos realizaranse no campo da festa de Ames.

Os Concellos de Ames e Negreira únense un ano máis para organizar unha nova edición do programa Noites en Vela, que terá lugar este sábado, 20 de xullo, a partir das 22.30h. Nesta ocasión o invitado será o artista folk Davide Salvado, que ofrecerá ao público un espectáculo especial deseñado para a ocasión no que contará coa presenza de Cibrán Seixo e Fransy González. O escenario será A Ponte Maceira, alumeada para a ocasión cun milleiro de candeas. Ao remate do concerto haberá un espectáculo pirotécnico.

 “Afinidades electivas”, un programa de animación á lectura, promovido polo Ministerio de Cultura a través da Dirección Xeral do Libro, trae a Ames a Charo Pita e Ana Griot. O acto celebrarase o luns 19 de outubro ás 20.00 horas, retransmitirase en directo a través da plataforma zoom. O id da reunión é: 824 8807 8782, e o código: Ames.