Pestanas principais

Departamento de Normalización Lingüística

    • Enderezo: Pazo da Peregrina. Avenida de Azcárraga, nº 5, Bertamiráns. 15220 Ames.
    • Teléfono:  662 37 72 15
    • Horario de atención ao público: de 9:00 - 14:00 h
    • Responsable municipal: Concellaría de Normalización Lingüística
    • Responsable técnica: Rosa Moreiras Cuñarro, técnica de normalización lingüística
    • Obxectivo principal do servizo:
      • Incrementar o uso e o prestixio da lingua galega en todos os ámbitos municipais.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames recibe unha subvención anual para gastos de persoal da Deputación da Coruña e outra da Xunta de Galicia.

Outros Datos: 
  • Funcións:
    • Asesorar e colaborar coa planificación lingüística do Concello de Ames
    • Promover actuacións para aumentar o uso do galego no ámbito municipal, de acordo coa normativa vixente, e entre a veciñanza
    • Contribuír á formación lingüística da veciñanza e do persoal municipal
    • Mellorar a calidade lingüística e comunicativa do Concello de Ames
    • Informar e asesorar sobre dereitos lingüísticos da veciñanza e deberes lingüísticos municipais
    • Asesorar sobre cuestións lingüísticas á veciñanza e ao persoal municipal

Novas do departamento

A Concellaría de Normalización Lingüística, retoma a súa programación presencial cunha Tarde con Apego, na que Ruth Caramés, de Fabaloba, ás 17.30 horas, realizará unha sesión de Contos con Apego, na que contará os contos: Había unha vez un virus. Ademais, a partir das 19.00 horas, Uxía Lambona e a Banda Molona ofrecerá un concerto para os máis pequenos. Ambas as dúas actividades serán no Pazo da Peregrina. Para participar haberá que enviar un correo electrónico a normalizacion@concellodeames.gal do 1 ao 8 de xullo. As familias interesadas en participar deben darse présa en apuntarse, xa que debido ás medidas de seguridade pola Covid-19 o aforo é reducido. 

O obradoiro de lingua e cultura, “En Galego co teu acento”, pon fin a esta edición despois de desenvolverse durante o mes de outubro en Bertamiráns e durante o mes de novembro no Milladoiro. A través desta actividade, dirixida a persoas de fóra de Galicia, pretendeuse que os/as participantes adquirisen nocións básicas de lingua e cultura galegas para contribuír á súa integración.

O pasado venres, 10 de marzo, pechou o prazo para participar no Enreguéifate 2022-2023. Unha inscrición que rematou cun total de 43 regueifas anotadas: 35 delas na categoría escolar e 8 na xeral, chegadas desde todos os recunchos de Galicia, desde Ames, Carballo, Burela, Compostela, Dodro, Vila de Cruces, Mourente, Teo ou Vilalba, entre outros. As regueifas partipantes xa poden verse na canle de Youtube do certame e tamén na páxina web

O centro sociocultural do Romaño, en Santiago de Compostela, acolle durante a xornada deste mércores, 3 de abril, a fase de zona de Compostela do Club de Debate 2019. Participan 9 equipos dos Concellos de Ames, Santiago de Compostela e Teo. Tres do IES de Bertamiráns e dous do IES do Milladoiro. O Club de Debate é unha actividade de dinamización lingüística dirixida a mozas e mozos de 3º e 4º da ESO, 1º de Bacharelato e de ciclos formativos. Durante esta xornada a rapazada debate sobre "É adecuado o uso de dispositivos móbiles nos centros educativos". Os debates sucederanse ao longo de todo o día e son abertos ao público. Desta xornada sairán os dous equipos gañadores para a final galega e recibirán un primeiro premio valorado en 500 euros e un segundo premio valorado en 300 euros.

O próximo venres, 27 de setembro, terá lugar unha nova Foliada con Apego no Pazo da Peregrina de Bertamiráns a partir das 18.00 horas. A actividade, dirixida tanto a familias con crianzas como a calquera persoa á que lle guste a música tradicional, busca construír un espazo de socialización en galego onde poder compartir, cantar, bailar e aprender cancións tradicionais galegas. Nesta ocasión, volven a unirse á festa os artistas Pablo Díaz e Olga Kirk. Para participar é preciso inscribirse previamente a través do enderezo de correo electrónico normalizacion@concellodeames.gal, indicando o número de participantes, o seu nome e apelidos, as idades e un teléfono de contacto. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o próximo xoves, 26 de setembro.

A mocidade de Ames xa pode inscribirse no V certame "GaleTiktokers", unha iniciativa coa que se pretende estimular a creatividade entre a xuventude, animar á creación de vídeos en galego con novos formatos e temáticas e darlle visibilidade á comunidade galega de tiktokers. Pode participar toda a mocidade entre os 13 e os 35 anos, e os seus vídeos serán valorados por un xurado composto por persoas recoñecidas no ámbito audiovisual galego e nas redes sociais. Para inscribirse no certame deberase enviar ao correo electrónico galetiktokers24@gmail.com a ficha de participación cuberta e asinada xunto co vídeo creado. O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o vindeiro 4 de novembro de 2024. Os premios entregaranse nunha gala que terá lugar o 23 de novembro de 2024 na Casa da Cultura do Milladoiro.

O proxecto Apego continúa a súa programación de outono co espectáculo “Son animal”, do músico Paco Nogueiras, que terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro o venres 8 de novembro, ás 18:00 horas. As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o 7 de novembro, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o segundo semestre do 2024 pode consultarse premendo nesta ligazón.

O próximo xoves, 28 de xaneiro, terá lugar Canta Música con Apego na Casa da Cultura do Milladoiro a partir das 18.00 horas. A actividade, dirixida a familias con crianzas, busca promover o gusto pola música nas crianzas a través do divertimento e do ensino-aprendizaxe de xogos e cancións variadas. Nesta ocasión, volven unirse ao Apego os artistas Pablo Díaz e Olga Kirk. Para participar é imprescindible inscribirse previamente a través do enderezo de correo electrónico normalizacion@concellodeames.gal, indicando o nome e apelidos das persoas participantes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto. O Inscríbete e participa no concerto obradoiro Canta Música con Apego de Pablo Díaz e Olga Kirk do vindeiro xoves 28 de xaneiro.

O programa Apego continúa a súa programación co obradoiro Orella Pendella. Será o venres, 8 de outubro, ás 18.00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. Esta actividade está dirixida a familias con crianzas de 0 a 6 anos. Podedes inscribirvos entre o 30 de setembro e o 7 de outubro enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.

O Concello de Ames, a través das Concellarías de Normalización Lingüística e de Benestar Social, abre o vindeiro luns, 2 de setembro, o prazo para inscribirse nunha nova edición dos Obradoiros de Lingua e Cultura "En galego, co teu acento!. Trátase dunha actividade gratuíta de 30 horas de duración que se desenvolverá de luns a venres nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro, durante os meses de outubro e novembro. Ofrécense un total de 40 prazas (20 para cada localidade). O prazo de inscrición estará aberto ata o 23 de setembro.

Eventos del departamento

Language Planning e unha comedia áceda da compañía “Os Quinquilláns”, baseada nos relatos de “Made in Galicia” de Sechu Sende.

A representación terá lugar na Casa da Cultura de Milladoiro o venres, 8 de outubro ás 20:30 horas.

A obra chega a Ames a través do programa “Fala Redes” da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galiciua.

A función é de balde e os convites poden adquirirse xa na billeteira municipal.