Pestanas principais

Inscríbete e participa no concerto obradoiro Canta Música con Apego de Pablo Díaz e Olga Kirk do vindeiro xoves 28 de xaneiro

Xoves, 21 de xaneiro de 2021

O próximo xoves, 28 de xaneiro, terá lugar Canta Música con Apego na Casa da Cultura do Milladoiro a partir das 18.00 horas. A actividade, dirixida a familias con crianzas, busca promover o gusto pola música nas crianzas a través do divertimento e do ensino-aprendizaxe de xogos e cancións variadas. Nesta ocasión, volven unirse ao Apego os artistas Pablo Díaz e Olga Kirk. Para participar é imprescindible inscribirse previamente a través do enderezo de correo electrónico normalizacion@concellodeames.gal, indicando o nome e apelidos das persoas participantes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto. O Inscríbete e participa no concerto obradoiro Canta Música con Apego de Pablo Díaz e Olga Kirk do vindeiro xoves 28 de xaneiro.

Trátase dunha actividade na que cantar, bailar e aprender cancións galegas. Canta Música é un concerto obradoiro da man de Pablo Díaz e Olga Kirk no que se mesturarán as cancións máis modernas dos discos de Pablo Díaz con música tradicional, para aprender cancións e para bailar e cantar sen movernos dos asentos. Con distintos instrumentos e músicas de diversas épocas montarase unha pequena orquestra coa xente miúda e tocaranse temas como Coas miñas mans ou Tic Tac, Toc Toc, Tic Tac Toc.

Recoméndase que as crianzas leven instrumentos de percusión como pandeiretas, axóuxeres, claves... para poder acompañar as melodías.
A entrada para Canta Música será de balde ata completar as prazas dispoñibles. A actividade realizarase con todas as normas de seguridade (prazas reducidas con asento previamente asignado, distanciamento social por agrupacións familiares conviventes, máscara, limpeza e desinfección de mans na entrada e na saída...) e con persoal do concello supervisando o cumprimento da normativa establecida.

O programa Apego
O programa Apego está dirixido a todas as familias de Ames que estean a esperar un bebé ou que xa o teñan con idade inferior a 6 anos.

É un proxecto cooperativo de varios concellos para promover e apoiar o uso do galego na socialización da primeira infancia que apoia as familias con actividades, formación e recursos para facilitar e mellorar a crianza.

As familias interesadas poden sumarse ao programa poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Ames enviando o formulario cuberto a través da páxina apego.gal, escribindo a normalizacion@concellodeames.gal ou chamando ao teléfono 662 377 215.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Chega ata O Milladoiro o Canta Música de Apego"

Cartaz Canta Música

Multimedia

  • cartaz