Pestanas principais

Inscríbete e participa no obradoiro Orella Pendella

Venres, 01 de outubro de 2021

O programa Apego continúa a súa programación co obradoiro Orella Pendella. Será o venres, 8 de outubro, ás 18.00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. Esta actividade está dirixida a familias con crianzas de 0 a 6 anos. Podedes inscribirvos entre o 30 de setembro e o 7 de outubro enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.

Orella Pendella é un obradoiro con música en directo para aprender xogos, contos, recitados e cancións que ten como obxectivo, ademais de pasar unha tarde entretida, dotar ás familias dunha chea de recursos para xogar e cantar na casa.

O obradoiro, dirixido e dinamizado por Migallas Teatro, terá lugar o venres, 8 de outubro, ás 18.00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. Esta actividade está dirixida, preferentemente, a familias con crianzas de 0 a 6 anos.

Para participar na actividade é necesaria inscrición previa. Podedes inscribirvos entre o 30 de setembro e o 7 de outubro enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal indicando nome e apelidos dos participantes, idade das crianzas e un teléfono de contacto.

O programa Apego, actividades formación e recursos para familias
O programa Apego vai dirixido a todas as familias de Ames que estean a esperar un bebé ou que xa o teñan con idade entre 0 e 6 anos. É un proxecto cooperativo de varios concellos para promover e apoiar o uso do galego na socialización da primeira infancia que apoia as familias con actividades, formación e recursos para facilitar e mellorar a crianza.

As familias interesadas poden sumarse ao programa poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Ames. Para ese primeiro contacto poden optar por diferentes vías: cubrir o formulario súmate ao apego  na  páxina web apego.gal, escribir a normalizacion@concellodeames.gal ou chamar ao teléfono 662 377 215.

Inscríbete e participa no obradoiro Orella Pendella

Multimedia

  • Inscríbete e participa no obradoiro Orella Pendella