Pestanas principais

Departamento de Normalización Lingüística

    • Enderezo: Pazo da Peregrina. Avenida de Azcárraga, nº 5, Bertamiráns. 15220 Ames.
    • Teléfono:  662 37 72 15
    • Horario de atención ao público: de 9:00 - 14:00 h
    • Responsable municipal: Concellaría de Normalización Lingüística
    • Responsable técnica: Rosa Moreiras Cuñarro, técnica de normalización lingüística
    • Obxectivo principal do servizo:
      • Incrementar o uso e o prestixio da lingua galega en todos os ámbitos municipais.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames recibe unha subvención anual para gastos de persoal da Deputación da Coruña e outra da Xunta de Galicia.

Outros Datos: 
  • Funcións:
    • Asesorar e colaborar coa planificación lingüística do Concello de Ames
    • Promover actuacións para aumentar o uso do galego no ámbito municipal, de acordo coa normativa vixente, e entre a veciñanza
    • Contribuír á formación lingüística da veciñanza e do persoal municipal
    • Mellorar a calidade lingüística e comunicativa do Concello de Ames
    • Informar e asesorar sobre dereitos lingüísticos da veciñanza e deberes lingüísticos municipais
    • Asesorar sobre cuestións lingüísticas á veciñanza e ao persoal municipal

Novas do departamento

O Concello de Ames participa un ano máis no proxecto Youtubeir@s cos obxectivos de fomentar a creación de vídeos con temáticas e formatos diversos e de darlle visibilidade á produción en galego na rede e á comunidade youtubeira. Repartiranse un total de 7.500 euros en premios, cun incremento de 1.000 euros con respecto á pasada edición. O prazo para participar neste certame está aberto ata o 23 de outubro. Esta edición do proxecto Youtubei@s está tendo un grande éxito con numerosos vídeos que xa se presentaron ao concurso.

Este luns, 17 de novembro, ás 19.00 horas, o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acollerá a estrea de “Promover o galego dende o local”, un documental sobre programas de dinamización lingüística. A peza audiovisual, producida por Nós Televisión e financiada polo Concello de Ames, pon en valor as diversas iniciativas que se desenvolven en Ames para impulsar e promover o uso do galego a través de diferentes proxectos como o Galetiktokers, Modo Galego, actívao!, os Premios Lingua e Empresa ou o Certame Literario.

A través do programa Apego, Cé Orquestra Pantasma volve a Ames coas xornadas “Brincadeiras Miudiñas”, nas que un inquedo xogueteiro irá guiando aos nenos e as nenas polo mundo dos xogos e dos xoguetes miudiños a través de rimas, música, baile e obradoiros. O xogueteiro estará no Milladoiro, no parque dos Piñeiros, ao carón da piscina descuberta municipal, os mércores 28 de agosto e 4 de setembro, mentres que en Bertamiráns estará nos xardíns do Pazo da Peregrina os xoves 29 de agosto e 5 de setembro. A actividade realizarase en ambas as localidades en horario de 18.00 á 20.00 horas. Este é o segundo ano consecutivo que o Concello de Ames conta con esta actividade para despedir o verán e abrir a progrmación infantil con Apego dos últimos meses do ano.

Youtubeir@s organiza este venres, 28 de xuño, o segundo encontro centrado no intercambio entre persoas xeradoras de contidos dixitais no Youtube programado para este mes de xuño. O evento, baixo o título ‘Lista de reprodución ao vivo’, desenvolvese no edificio CEA da USC, en Santiago de Compostela, entre as 18.00 e as 20.00 horas, e xira en torno ao intercambio de experiencias entre youtubeir@s e público. Poden asistir ao encontro todas aquelas persoas inscritas no mesmo antes do 26 de xuño. Youtubeir@s está organizado polos servizos de normalización lingüística de trece concellos galegos, as universidades de Santiago, A Coruña e Vigo, e a Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación de contidos na Rede na nosa lingua.

A gala de entrega de premios do IX Concurso Radiofónico de Teatro Lido de Ames “Desata a Lingua” levarase a cabo este xoves, 19 de decembro, ás 20.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Despois da emisión das pezas dos 21 grupos participantes en Ames Radio, e de que a audiencia decidira que grupo obterá o premio do público, a través dos seus votos, nesta gala daranse a coñecer aos gañadores do concurso, á que asistirá todo o alumnado participante. Ademais do premio do público, haberá premio para o mellor guión orixinal e para a mellor interpretación.

Estes días tívose constancia da desaparición de parte da sinalización da Ruta do Apego e da Ruta das Fragas do Tambre, situadas na parroquia de Lens. Desde o Concello interpúxose a correspondente denuncia para que se investiguen estes feitos vandálicos e para que a persoa ou persoas responsables asuman  as sancións que se estimen pertinentes.

O Concello de Ames, a través do departamento de Normalización Lingüística e con motivo da conmemoración do aniversario da autora, organizou o pasado sábado, 4 de marzo, unha ruta polos lugares máis emblemáticos da vida e da obra de Rosalía de Castro. A excursión, na que participaron sesenta persoas, estivo dirixida pola profesora e experta rosaliana María López Sández, e rematou na Casa-Museo da escritora, en Padrón. 

Ao abeiro do programa Apego, a Concellaría de Normalización Lingüística puxo en marcha un ano máis as Brincadeiras Miúdas, dúas xornadas de xogos tradicionais, música, obradoiros e creación libre de xoguetes. As brincadeiras comezan cun concerto participativo de Cé Orquestra Pantasma e continúan con xogos tradicionais, xogo libre e un espazo para a creación libre de xoguetes. A primeira xornada, que  tivo lugar onte en Bertamiráns, foi un éxito de participación. Hoxe, 5 de setembro, ía ter lugar a segunda e última xornada en Ventín, pero finalmente, foi adiada por mor da previsión meteorolóxica. Proximamente anunciarase unha nova data.

O Concello de Ames, a través do departamento de Normalización Lingüística, organiza un ano máis os Premios Lingua e Empresa, que promoven o uso da lingua galega no ámbito empresarial local. Nesta ocasión triplicouse a participación con respecto a edicións anteriores, e foron 26 as empresas de distintos lugares do municipio que se presentaron a esta convocatoria. Dúas delas recoñeceranse con  premios de 1500 euros e unha campaña publicitaria en Ames Radio, a emisora municipal.

A Concellaría de Normalización Lingüística retomou na tarde de onte, no pazo da Peregrina, a súa programación presencial con actividades do programa Apego. Dous espectáculos: o de "Contos con Apego" de Ruth Caramés, de Fabaloba, e o concerto de Uxia Lambona e a Banda Molona fixeron as delicias de grandes e pequenos e serviron para darlle a benvida a unha nova xeira de actividades dirixidas aos máis pequenos e as máis pequenas da casa. A programación infantil continuará a semana que vén. Desa volta da man da Concellaría de Cultura que traerá á praza de Manuel Murguía do Milladoiro a Xoán Curiel co seu espectáculo "Danzamos no Verán".

Eventos del departamento

Obradoiro de xogos populares e tradicionais de diferentes partes do mundo. Destinado a un público infantil e familiar, desenvolverase na carpa da Praza de Chavián en Bertamiráns.

O Concello de Ames e a Secretaria Xeral de Política Lingüística organizan unhas xornadas de toponimia dirixidas ao profesorado dos centros de ensino do Concello de Ames. Trátase dunha iniciativa que busca o achegamento, a posta en valor e o aproveitamento dos nomes de lugar como recurso educativo e ferramenta de dinamización lingüística. Desenvolveranse no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, os días 18, 19 e 30 de setembro, en horario de 16.30 a 20.30 horas. Ofértanse 40 prazas que se cubrirán por orde de inscrición. O prazo para apuntarse estará aberto ata o 11 de setembro. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal.

O Concello de Ames e a Secretaria Xeral de Política Lingüística organizan unhas xornadas de toponimia dirixidas ao profesorado dos centros de ensino do Concello de Ames. Trátase dunha iniciativa que busca o achegamento, a posta en valor e o aproveitamento dos nomes de lugar como recurso educativo e ferramenta de dinamización lingüística. Desenvolveranse no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, os días 18, 19 e 30 de setembro, en horario de 16.30 a 20.30 horas. Ofértanse 40 prazas que se cubrirán por orde de inscrición. O prazo para apuntarse estará aberto ata o 11 de setembro. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal.

O Concello de Ames e a Secretaria Xeral de Política Lingüística organizan unhas xornadas de toponimia dirixidas ao profesorado dos centros de ensino do Concello de Ames. Trátase dunha iniciativa que busca o achegamento, a posta en valor e o aproveitamento dos nomes de lugar como recurso educativo e ferramenta de dinamización lingüística. Desenvolveranse no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, os días 18, 19 e 30 de setembro, en horario de 16.30 a 20.30 horas. Ofértanse 40 prazas que se cubrirán por orde de inscrición. O prazo para apuntarse estará aberto ata o 11 de setembro. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal.

“Casa, casiña, casona” é o titulo do espectáculo de Marta Ortiz que chega a Ames a través do programa Apego.

Desenvolverase hoxe, mércores, 24 de novembro, ás 18:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

Está dirixido a familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos.

Precísase INSCRICIÓN PREVIA do 16 ao 23 de novembro, enviando un
correo a normalizacion@concellodeames.gal.

Caxoto contacontos ofrecerá unha sesión virtual  de contos e música o venres 27 de novembro, a partir das 18.00 horas. Os nenos e as nenas de até catro anos e as súas familias poderán participar no “Berce das verbas” e descubrir recursos para utilizar neses momentos máxicos previos ao sono e aos soños. O prazo de inscrición está aberto ata o xoves 26 de novembro e as familias interesadas en participar deberán enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal.

A compañía teatral A cova das letras chega a Ames con esta actividade do programa FalaRedes. O venres 20 de novembro, a partir das 18.00, os nenos e as nenas poderán participar nesta sesión virtual de marionetas, contos e cantos. O prazo de inscrición está aberto ata o xoves 19 de novembro e as familias interesadas en participar deberán enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal.

A través do programa Apego, Cé Orquestra Pantasma chega a Ames coas xornadas “Brincadeiras Miudiñas”, nas que un inquedo xogueteiro irá guiando aos nenos e nenas no mundo dos xogos e os xoguetes miudiños a través de rimas, música, baile e manualidades.

Language Planning e unha comedia áceda da compañía “Os Quinquilláns”, baseada nos relatos de “Made in Galicia” de Sechu Sende.

A representación terá lugar na Casa da Cultura de Milladoiro o venres, 8 de outubro ás 20:30 horas.

A obra chega a Ames a través do programa “Fala Redes” da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galiciua.

A función é de balde e os convites poden adquirirse xa na billeteira municipal.