Pestanas principais

Departamento de Normalización Lingüística

    • Enderezo: Pazo da Peregrina. Avenida de Azcárraga, nº 5, Bertamiráns. 15220 Ames.
    • Teléfono:  662 37 72 15
    • Horario de atención ao público: de 9:00 - 14:00 h
    • Responsable municipal: Concellaría de Normalización Lingüística
    • Responsable técnica: Rosa Moreiras Cuñarro, técnica de normalización lingüística
    • Obxectivo principal do servizo:
      • Incrementar o uso e o prestixio da lingua galega en todos os ámbitos municipais.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames recibe unha subvención anual para gastos de persoal da Deputación da Coruña e outra da Xunta de Galicia.

Outros Datos: 
  • Funcións:
    • Asesorar e colaborar coa planificación lingüística do Concello de Ames
    • Promover actuacións para aumentar o uso do galego no ámbito municipal, de acordo coa normativa vixente, e entre a veciñanza
    • Contribuír á formación lingüística da veciñanza e do persoal municipal
    • Mellorar a calidade lingüística e comunicativa do Concello de Ames
    • Informar e asesorar sobre dereitos lingüísticos da veciñanza e deberes lingüísticos municipais
    • Asesorar sobre cuestións lingüísticas á veciñanza e ao persoal municipal

Novas do departamento

O proxecto Apego continúa a súa programación de outono coa actividade “U-lo mar?”, de Bolboreta (Lidia Botana) e Fabaloba, que terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns o venres 18 de outubro, ás 18:00 horas. As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o 17 de outubro, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o segundo semestre do 2024 pode consultarse premendo nesta ligazón.

O departamento de Normalización Lingüística de Ames, dentro do programa Apego, prepara para o mes de xuño unha nova actividade. Despois de varios aprazamentos por mor da chuvia, o vindeiro 22 de xuño retómase a excursión ao Pazo de Arxeriz, no Cabo do Mundo, e a Carballolandia, un ecoparque situado no concello de Chantada, na Ribeira Sacra, á beira do río Miño. Ofrecerase servizo de autobús con saída ás 9:30 e regreso ás 21:00 horas ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns. As inscricións para participar na actividade, que está dirixida ao público familiar, son de balde. Hai prazas limitadas, polo que é preciso inscribirse. O prazo está aberto dende hoxe ata o vindeiro xoves, 20 de xuño, e para anotarse só hai que enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal, no que se indique nome e apelidos das persoas asistentes, teléfono de contacto e idade das crianzas.

Paco Nogueiras, compositor e intérprete, conducirá o venres, 13 de novembro ,o concerto virtual Radio Bulebule. Esta sesión, dirixida a nenos e nenas, combinará humor, baile e cancións a través das pantallas. O prazo de inscrición está aberto ata o xoves 12 de novembro e as familias interesadas en participar deberán enviar un correo electrónico ao enderezo: normalizacion@concellodeames.gal.

O próximo martes, 20 de abril, impartirase unha nova actividade do programa Apego de Ames. Cantar, Contar e xogar é un obradoiro para familias con crianzas de 0 a 6 anos, con música en directo, e no que ademais de pasalo xenial daranse a coñecer unha chea de recursos educativos e de lecer que enriquecerán e alegrarán a crianza. Será na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18.00 horas. Para participar é imprescindible inscribirse previamente a través do enderezo de correo electrónico normalizacion@concellodeames.gal, indicando o nome e apelidos das persoas participantes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto.

O próximo xoves, 18 de marzo, terá lugar un obradoiro de xogos musicais e debuxo rítmico no Pazo da Peregrina a partir das 18.00 horas. A actividade, dirixida por Mirari Urruzola, de Babaluva Teatro, servirá para estimular o ritmo e a expresión corporal, artística e lingüística das crianzas, de 2 a 6 anos, dun xeito divertido e creativo. Para participar é imprescindible inscribirse previamente a través do enderezo de correo electrónico normalizacion@concellodeames.gal, indicando o nome e apelidos das persoas participantes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto.

Dende hoxe martes 1 ata o xoves 10 de marzo as persoas interesadas poden inscribirse na actividade “En galego, co teu acento!”, que busca aproximar a veciñanza á lingua e á cultura galegas, así como favorecer a cohesión social e a integración das persoas procedentes de fóra de Galicia. Bertamiráns e O Milladoiro acollerán cadanseu obradoiro dun mes de duración, con 15 sesións de dúas horas nas mañás dos luns, mércores e venres. As inscricións, de balde, poden realizarse presencialmente acudindo ao Servizo de Normalización Lingüística, situado no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ou á oficina do Servizo de Atención ás Persoas Migrantes (SAMI), situada na rúa de Abaixo, número 10, do Milladoiro. Tamén poderá formalizarse a inscrición chamando por teléfono ao número 662 377 215.

O Concello de Ames, a través do departamento de Normalización Lingüística, fai públicas as cifras de participación e os nomes das persoas que integran o xurado da vixésima edición do Certame Literario de Ames. Nesta ocasión presentáronse 167 traballos, un número que supera a xa elevada participación de anteriores anos. Os encargados de xulgar os textos desta edición serán o poeta e profesor Ismael Ramos Castelo, a docente e escritora Anna R. Figueiredo e a mestra, música e poeta Andrea Porto Mato. A súa decisión farase pública o día 5 de xuño a través das redes sociais e da páxina web do Concello de Ames. Catro días despois, o 9 de xuño, terá lugar a entrega de premios na Casa da Cultura do Milladoiro.

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu este xoves pola tarde a Gala de entrega da sétima edición dos Premios Lingua e Empresa organizada polas Concellarías de Normalización Lingüística e de Promoción Económica. As empresas galardoadas foron Lago Louro Avogados, na categoría A de uso consolidado da lingua galega, e Tecidos Tolemia, na categoría B de nova incorporación á lingua, ambas situadas na localidade de Bertamiráns. Os dous representantes das empresas gañadoras recibiron unha figura conmemorativa e un diploma, que se engaden á dotación de 1500 euros e á campaña de difusión en Ames Radio.

O programa Apego de Ames organiza o venres 10 de xuño unha saída pola súa Ruta do Apego, situada nas ribeiras do río Tambre, entre os lugares de Lens e Oca. Na xornada realizarase un percorrido guiado, así como varias actividades ambientais para estimular o coñecemento e o amor polo patrimonio ambiental, cultural e lingüístico. Será das 16:30 ás 19:30 horas, con servizo de autobuses dende o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. As inscricións para a actividade poderán realizarse dende hoxe ata o xoves 9 de xuño, enviando un correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, teléfono de contacto e idade das crianzas. En caso de choiva, suspenderase a saída.

Este xoves, 15 de febreiro, comezou a programación Rosalía 2024 coa exposición de versos rosalianos nas rúas e nas prazas amesás, Luxo no Lixo. Esta exposición urbana ao aire libre abrangue unha ampla e variada escolma textos rosalianos e utiliza un soporte tan pouco convencional coma a propia autora na procura de xerar impacto e de darlle visibilidade ao pensamento e á obra de Rosalía de Castro. Así, toda a veciñanza e  quen visite Ames entre o 15 e o 29 de febreiro atopará por todo o concello papeleiras coa silueta e con versos e outros textos da autora. Esta iniciativa forma parte das actividades que se van desenvolver en Ames co gallo do Día de Rosalía.

Eventos del departamento

Language Planning e unha comedia áceda da compañía “Os Quinquilláns”, baseada nos relatos de “Made in Galicia” de Sechu Sende.

A representación terá lugar na Casa da Cultura de Milladoiro o venres, 8 de outubro ás 20:30 horas.

A obra chega a Ames a través do programa “Fala Redes” da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galiciua.

A función é de balde e os convites poden adquirirse xa na billeteira municipal.