Pestanas principais

Departamento de Normalización Lingüística

    • Enderezo: Pazo da Peregrina. Avenida de Azcárraga, nº 5, Bertamiráns. 15220 Ames.
    • Teléfono:  662 37 72 15
    • Horario de atención ao público: de 9:00 - 14:00 h
    • Responsable municipal: Concellaría de Normalización Lingüística
    • Responsable técnica: Rosa Moreiras Cuñarro, técnica de normalización lingüística
    • Obxectivo principal do servizo:
      • Incrementar o uso e o prestixio da lingua galega en todos os ámbitos municipais.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames recibe unha subvención anual para gastos de persoal da Deputación da Coruña e outra da Xunta de Galicia.

Outros Datos: 
  • Funcións:
    • Asesorar e colaborar coa planificación lingüística do Concello de Ames
    • Promover actuacións para aumentar o uso do galego no ámbito municipal, de acordo coa normativa vixente, e entre a veciñanza
    • Contribuír á formación lingüística da veciñanza e do persoal municipal
    • Mellorar a calidade lingüística e comunicativa do Concello de Ames
    • Informar e asesorar sobre dereitos lingüísticos da veciñanza e deberes lingüísticos municipais
    • Asesorar sobre cuestións lingüísticas á veciñanza e ao persoal municipal

Novas do departamento

Este mediodía presentouse no Milladoiro a sexta edición do certame Enreguéifate, un proxecto conxunto impulsado polos Concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo, que busca difundir a improvisación oral en verso e contribuír á promoción do uso da lingua galega. A participación é aberta e de balde e concrétase co envío dun vídeo no que, cando menos, dúas persoas aparezan regueifando en lingua galega. Establécense dúas categorías: xeral e escolar. Impartiranse obradoiros de formación para o alumnado e o profesorado, un certame regueifeiro e un encontro de regueifa. O prazo de presentación esténdese dende o 10 de novembro ata o 10 de marzo de 2023. Premendo nesta ligazón podes descargar as bases do certame.

Onte, 12 de xaneiro, presentouse en Santiago de Compostela a sétima edición do certame Enreguéifate, un proxecto conxunto impulsado polos Concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo, que busca difundir a improvisación oral en verso e contribuír á promoción do uso da lingua galega. A participación é aberta e de balde, e concrétase co envío dun vídeo no que, cando menos, dúas persoas aparezan regueifando en lingua galega. Establécense dúas categorías: xeral e escolar. Tamén se impartirán obradoiros de formación para o alumnado e o profesorado, e haberá un certame regueifeiro e un encontro de regueifa. O prazo de presentación esténdese dende o 12 de xaneiro ata o 1 de marzo. As bases do certame están dispoñibles nesta ligazón.

O Apalpador visitará Ames o vindeiro venres 12 de decembro, ás 18.00 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns. A visita, enmarcada dentro do programa Apego, contará tamén coas actuacións musicais da Banda da Montaña e de Cé Orquestra Pantasma. Para asistir, é preciso facer unha inscrición previa enviando un correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal, indicando nome e apelidos dos asistentes, idade dos cativos e un teléfono de contacto. O prazo de inscrición está aberto do 4 ao 11 de decembro.

O apalpador visitará Ames o vindeiro venres 13 de decembro, ás 18.00 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns. A visita, enmarcada dentro do programa Apego, contará tamén coas actuacións musicais da Banda da Montaña e Cé Orquestra Pantasma. Para asistir, é preciso facer unha inscrición previa enviando un correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal, indicando nome e apelidos dos asistentes, idade dos cativos e un teléfono de contacto. O prazo está aberto desde o ventres 6 ata o vindeiro xoves 12 de decembro.

A quinta edición de Enreguéifate comeza a súa andaina á procura de estudantes e público en xeral que se apunte á práctica da arte da improvisación oral coa regueifa en lingua galega. Este proxecto, do que forma parte o Concello de Ames xunto co de Teo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Rianxo, ten como obxectivo revitalizar a regueifa valéndose de novos formatos e espazos  promover o uso do galego a través da improvisación oral en verso. O prazo de participación estará aberto desde o 29 de marzo ata o 28 de maio de 2021 e a inscrición poderá facerse desde a páxina web do certame, onde tamén están xa dispoñibles as bases.

A sétima edición do Enreguéifate botou a andar no concello de Ames cos obradoiros nos centros de ensino. Unhas sesións formativas que teñen como obxectivo achegar a arte da improvisación oral á rapazada e animar ás e aos escolares a participar no certame de regueifas en vídeo. O prazo de participación no certame estará aberto do 12 de xaneiro ao 1 de marzo de 2024 e poderá facerse dende a páxina web do certame, onde xa están dispoñibles tamén as bases.

O Concello de Ames, a través dos departamentos de Normalización Lingüística, Turismo e Bibliotecas vén de publicar a programación das actividades que se levarán a cabo durante este mes de febreiro para conmemorar o Mes de Rosalía. O obxectivo é difundir a obra e o pensamento rosaliano e pór en valor os enormes vínculos que a escritora ten co Concello de Ames. A principal novidade deste ano é a creación da Rede de Rosalía, unha proposta para compartir vídeos ou publicacións con versos rosalianos nas redes sociais co cancelo #RosalíaDeAmes e ir tecendo colectivamente a rede de Rosalía. Pódese consultar a programación completa premendo na seguinte ligazón.

O proxecto “Modo galego, actívao!”, unha experiencia de inmersión lingüística na que participan preto de 3.000 alumnos amesáns dos centros educativos de infantil e primaria, continúa coa realización de cinco actuacións nas escolas de Agro do Muíño, A Igrexa, Barouta, Covas, O Milladoiro, Ventín e A Maía. Os principais obxectivos son a promoción e apoio do uso do galego na socialización da infancia, así como a asociación da lingua galega a actividades de lecer.

O 8 de abril remata o prazo para participar no Certame Literario de Ames. O certame está aberto para todas as idades a través de tres categorías: unha para nenos e nenas de até 13 anos, outra para a rapazada de entre 14 e 17 anos e unha terceira dirixida ás persoas de máis de 18 anos. Cada categoría ten dúas modalidades: poesía e narrativa. A mesma persoa pode presentar un traballo en cada unha destas modalidades. O Certame Literario de Ames acada este ano a súa XVIII edición. Este ano repartiranse un total de 3.800 euros entre os/as gañadores/as. Podes descargar aquí as bases do centame. Tamén podes descargar a ficha de inscrición.

Desde a Concellaría de Normalización Lingüística lémbrase que está aberto o prazo para participar na XXI edición do Certame Literario de Ames, ao que as creadoras e creadores poden presentar os seus textos inéditos de narrativa e poesía en lingua galega. As candidaturas poderán remitirse ata o vindeiro 24 de abril. As bases ao completo do certame poden consultarse premendo nesta ligazón. Descarga aquí a ficha de participación no XXI Certame Literario de Ames.

Eventos del departamento

O departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ames organiza este sábado 11 de abril, ás 12.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, un acto para presentar o libro antolóxico do XXII Certame Literario. Ao dito acto acudirán os gañadores e gañadores do certame literario de 2025, estará conducido pola xornalista amesá Paula Cantelar e amenizado polo dúo musical Xeito de dous.

Nun acto no que participarán as persoas premiadas, presentarase esta tarde o libro que recolle os 18 traballos gañadores no Certame Literario Concello de Ames do ano 2020. A presentación terá lugar ás 19:00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Os autores e autoras lerán fragmentos dos seus traballos. A concelleira de Normalización Lingüística recibirá ás persoas galardoadas.

Raquel Queizás, filóloga e actriz, estará o venres, 25 de setembro, na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18.00 horas, contando historias para familias con crianzas de 0 e 4 anos. A inscrición para esta actividade é de balde e pode realizarse desde hoxe ata o 24 de setembro, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal no que se indique nome e apelidos das persoas solicitantes, idade das crianzas e teléfono de contacto.

A programación con Apego volve cunha nova actividade. O venres 8 de maio o grupo Golfiños trae a Ames o seu espectáculo “AIELÉ. De colo en colo, de canción en canción”, ás 18.00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. Este é un concerto participativo con cancións orixinais, inspiradas na tradición oral para crear un espazo cheo de xogo, música e emoción. O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o xoves 7 de maio. Para poder participar, as persoas interesadas deberán enviar os seus datos persoais a normalizacion@concellodeames.gal. A entrada é de balde. Podes consultar a programación completa na seguinte ligazón.

Este venres 2 de outubro, ás 18.00 horas, as familias con crianzas a partir de 3 anos poderán asistir a "O Chineiro da Tía María" a mans de Xandobela, educación e cultura. O evento, unhamestura de contos,música e pintura, terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. A inscrición para esta actividade pode realizarse ata o sábado 1 de outubro, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal no que se indique nome e apelidos das persoas solicitantes, idade das crianzas e teléfono de contacto.

O Chineiro da tía María” é un espectáculo do colectivo Xandobela, educación e cultura,que empregapintura e música para narrar unha historia aos nenos e nenas que teñan máis de 3 anos. A través da técnica italiana do cantastorie, difúndese o patrimonio oral e literario.

Contacontos da man de Luís Prego e Fabaloba na Casa da Cultura do Milladoiro. Haberá unha primeira sesión ás 17.00 horas e outra ás 18.00 horas. Está destinado a crianzas de 0 a 6 anos (30 familias por sesión).

A entrada é de balde. Necesario inscribirse do 6 ao 13 de novembro enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.

Paco Nogueiras, compositor e intérprete, conducirá o venres, 13 de novembro ,o concerto virtual Radio Bulebule. Esta sesión, dirixida a nenos e nenas, combinará humor, baile e cancións a través das pantallas. O prazo de inscrición está aberto ata o xoves 12 de novembro e as familias interesadas en participar deberán enviar un correo electrónico ao enderezo: normalizacion@concellodeames.gal.

As actividades dos "Seráns de Ames" en Bugallido rematarán o xoves 22 na carballeira coa Foliada do programa Apego, que incluirá a actuación musical de Pablo Díaz e Olga Kirk, ás 19:00 horas.

O venres 24 de novembro, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, representase a sesión de contos “Mulleres de pedra” con María da Pontragha. Trátase dun espectáculo para nenos e nenas a partir dos 3 anos no que se narran contos e historias de mulleres fortes e eternas. Para inscribirse nesta actividade hai que enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal. A inscrición estará aberta do 16 ao 23 de novembro ata completar aforo. Esta actividade enmárcase dentro do programa Apego e da programación “Novembro Cultural” elaborada con motivo da celebración de Santa Icía e do 25N.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a obra de teatro Comenoites, da compañía Os Náufragos Teatro. O Comenoites baséase no conto infantil escrito e ilustrado por Ana Juan (Premio Nacional de Ilustración).