Pestanas principais

>Quen canta Alí?

Xoves, 14 novembro, 2019
Ás 17.00 e ás 18.00 horas

Contacontos da man de Luís Prego e Fabaloba no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Haberá unha primeira sesión ás 17.00 horas e outra ás 18.00 horas. Está destinado a crianzas de 0 a 6 anos (30 familias por sesión).

A entrada é de balde. Necesario inscribirse do 6 ao 13 de novembro enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.

Unha nova aventuira da nena Alí, desta volta canda unha avoíña moi especial que nos vai abrir os ollos e as orellas para saber quen canta alí. Ademais descubriremos unha chea de recursos atractivos para compartir en familia.