Pestanas principais

>Programa Apego: O Chineiro da Tía María

Venres, 2 outubro, 2020
Ás 18.00 horas.

Este venres 2 de outubro, ás 18.00 horas, as familias con crianzas a partir de 3 anos poderán asistir a "O Chineiro da Tía María" a mans de Xandobela, educación e cultura. O evento, unhamestura de contos,música e pintura, terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. A inscrición para esta actividade pode realizarse ata o sábado 1 de outubro, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal no que se indique nome e apelidos das persoas solicitantes, idade das crianzas e teléfono de contacto.

O Chineiro da tía María” é un espectáculo do colectivo Xandobela, educación e cultura,que empregapintura e música para narrar unha historia aos nenos e nenas que teñan máis de 3 anos. A través da técnica italiana do cantastorie, difúndese o patrimonio oral e literario.

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza este evento, "O Chineiro da Tía María" impartido polo colectivo Xandobela, educaión e cultura, que se desenvolverá o venres 2 de outubro, ás 18.00 horas. As familias con crianzas maiores de 3 anos poderán acudir a este encontro, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, no que se nararrá unha historia  através da técina tradicional italiana cantastorie. Esta consiste en contar un conto a través de música e pintura.

O prazo de inscrición para participar neste encontro narrativo está aberto ata o sábado 1 de outubro. Para anotarse é preciso enviar un correo á dirección normalizacion@concellodeames.gal no que apareza o nome,apleidos e número de teléfono das persoas solicitantes, así como a idade das crianzas.