Pestanas principais

>Obradoiro de arrolos con Mamá Cabra

Venres, 22 novembro, 2019
Ás 18.00 horas

Obradoiro impartido por Gloria Mosquera e Diego Maceiras no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Destinado a futuros papás e mamás e familias de nenos de 0 a 3 anos.

A entrada é de balde. Necesario inscribirse do 14 ao 21 de novembro enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.

Aprenderemos arrolos cos que adormecer, aleitar e gozar da música nos primeiros días e meses de vida.

O grupo Mamá Cabra ten como obxectivo cantar, bailar e transmitir o gusto pola música ás crianzas e este obxectivo comeza nas voces das súas familias coas que comparten estas cancións para arrolar en galego.