Pestanas principais

Departamento de Xuventude

    • Enderezo:
      • Luns, mércores e xoves na Casa do Concello. Praza do Concello, nº2 Bertamiráns. 15220 Ames
      • Martes e venres na Casa da Cultura de Milladoiro. Tavesía do Porto s/n Milladoiro. 15895 Ames
    • Teléfono: 616 08 32 29
    • Horario de atención ao público: 09:00 a 14:00 horas.
    • Responsable municipal:  Concellaría de Mocidade
    • Responsable técnico: Pilar Villaverde Cutrín, técnica de mocidade e información xuvenil.
Outros Datos: 
  • Funcións:
    • Orientar e asesorar á mocidade de Ames,  garantindo que toda a poboación xuvenil do concello teña acceso a unha información ampla, obxectiva e actualizada en relacion aos seus intereses e necesidades.
    • Organizar, xestionar e promover programas e actividades formativas no marco da educación non formal orientadas a facer efectivas a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento integral da mocidade a nivel formativo, laboral, familiar, etc.
    • Abordar medidas de cara a mellorar a calidade de vida da poboación xuvenil en diferentes ámbitos como o lecer e tempo libre, saude, educación en valores (igualdade de  oportunidades, interculturalidade,  violencia  de xénero, discapacidade…).
    • Favorecer a participación activa da mocidade na vida social e comunitaria, a través da dinamización de grupos informais e asociacións xuvenis.
    • Dar resposta a cantas dúbidas ou inquedanzas xurdan na mocidade apoiando e dando forma ás súas propostas e iniciativas en calquera ámbito de actuación do seu interese (cultural, formativo, ocio,...).
  • Novas relacionadas
  • Axenda.
  • Normativa
    • Lei 6/2012, de 19 de xuño, de xuventude de Galicia (DOG nº 139 do 20 de xullo de 2012).
    • Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas
    • Lei 7/2007 do Estatuto básico do empregado público
    • Lei 2/2015 da función pública de Galicia
    • Lei 7/1985 das bases do réxime local

 

Novas do departamento

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu esta tarde a gala de entrega de premios da sexta edición do certame Galetiktokers. De onde veñen as cantigas?, A velada dos instrumentos, Pena da Moura,  Ata os monstros falan (e cantan!) en galego, Dúas cousas poden acontecer e Patricio son os vídeos gañadores do Galetiktokers 2025. O evento estivo presentado pola actriz e presentadora Carlota Mosquera e amenizado polo grupo Sacha na Horta. Este ano presentáronse un total de 56 vídeos que foron creados por máis de 100 mozos/as de Ames e doutras localidades de Galicia. En total, sumáronse 20.970 gústame e máis de 500.000 visualizacións entre tódolos vídeos.

O proxecto xuvenil Distrito 13 17 organiza este sábado 21 de marzo, de 19.00 a 21.00 horas, no anexo do pavillón municipal do Milladoiro, a última actividade do mes de marzo, chamada Ames Misterioso. Unha xincana na que as persoas participantes deberán resolver un enigma buscando pistas pola contorna. Podes anotarte na seguinte ligazón. Para máis información, as persoas interesadas poden consultar en info@anacoseducativos.com ou no 694 216 484. Podes consultar toda a programación na seguinte ligazón.

A Concellaría de Mocidade, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), oferta unha nova edición do curso English Today!, orientado a un coñecemento práctico do idioma para o uso cotiá. O curso impartirase entre o 2 de marzo e o 28 de maio, os luns e xoves na Casa da Cultura de Bertamiráns, e os mércores e venres na Casa da Cultura do Milladoiro. As aulas terán unha duración de dúas horas, desenvolvéndose de 20.00h a 22.00 horas. Dirixido a persoas maiores de 16 anos, o curso conta con prazas limitadas que se irán cubrindo por rigorosa orde de inscrición. Terán preferencia os/as mozos/as de 16 a 30 anos. O prazo para presentar as solicitudes comeza o día 13 de febreiro e permanecerá aberta ata o 21 deste mes.

Parte do alumnado dos IES de Ames e do Milladoiro acudiu a dúas sesións de música e aprendizaxe cos artistas galegos Zënzar e García MC, co fin de dar a coñecer a crecente oferta de música en galego nos últimos anos. Cunha combinación de interacción e de música en directo, a rapazada puido coñecer en profundidade parte da historia da creación musical contemporánea galega e do rap en galego, a través duns dos seus propios protagonistas. Asistiron ás actividades organizadas pola Concellaría de Mocidade e o Servizo de Normalización Lingüística de Ames 170 alumnas e alumnos de Secundaria do concello.

“Métodos anticonceptivos” e “Elaboración dunha vulva-puff”. Estes son os dous obradoiros que a concellaría de Mocidade organiza dentro do programa de sexualidade positiva e saudable [con]sentido. Celebraranse no pazo da Peregrina o día 23 de outubro de 2021. O obradoiro de métodos anticonceptivos desenvolverase entre as 10:00 e as 13:00 horas. O de elaboración dunha vulva-puff terá lugar pola tarde, desde as 16:00 até as 20:00 horas.  Os obradoiros están dirixidos a persoas mozas dende os 14 anos, e conta con prazas limitadas. Para inscribirse débese enviar a ficha de inscrición cuberta a partir do 13 de outubro a con.sentido@agasex.org . A inscrición está aberta no enderezo electrónico con.sentido@agasex.org. Podes descargar aquí a ficha para inscribirte.

O Concello de Ames, a través do departamento de Xuventude, organiza unha nova edición do programa de reforzo educativo dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO dos institutos do concello de Ames. Desta volta, as clases desenvolveranse os luns e mércores na Casa da Cultura do Milladoiro, e os martes e xoves na Casa da Cultura de Bertamiráns, en ambas localidades con horario de 16.30 a 19.45 horas.

A Concellería de Mocidade inicia as actividades do programa Trouleando para este 2025. Desta volta, os mozos e mozas de Ames poderán gozar dunha tarde de paintball no recinto de Eo dos Menecos, en Teo, o vindeiro sábado 22 de febreiro. A actividade é de balde e está dirixida para a mocidade amesá nada entre 2012 e 1995. o prazo para inscribirse comeza este mércores día 5 e estará aberto ata o vindeiro mércores 12 de febreiro. Hai 40 prazas dispoñibles e adxudicaranse por orde de chegada. Pódese descargar a ficha de inscrición na seguinte ligazón.

Este sábado, 8 de xullo, terá lugar, no campo da festa de Biduído, unha nova edición do SolporSon de Ames. Trátase dunha iniciativa posta en marcha polo departamento de Mocidade no ano 2019, que se celebrará nesta ocasión por cuarto ano. A festa arrincará ás 22:00, e ao longo de cinco horas sucederanse as actuacións dos grupos A Quinkillada e Jinetes del Trópico, así como de Señora DJ. Poñerase a disposición dos asistentes un servizo de autobús para acudir e volver do festival dende Bertamiráns e O Milladoiro. A entrada será libre e gratuíta.

Este venres, 31 de xaneiro, ponse en marcha o programa Troulenado (Findes para a mocidade), que desenvolve a Concellaría de Mocidade. Trátase dunha iniciativa a través do cal se organizarán diferentes actividades lúdicas, deportivas e culturais, durante as tardes - noites do fin de semana. Estas actividades en principio vanse a desenvolver nalgún dos fin de semana da última quincena de cada mes do ano. Dita iniciativa comeza cuns obradoiros de danza urbana, que se desenvolverán este venres, en horario de 19.30 a 21.00 horas, no anexo da Casa da Cultura de Bertamiráns.

O anfiteatro do Milladoiro acolle este venres, 4 de setembro, ás 22.00 horas, a proxección do filme “O que arde”, do director galego, Oliver Laxe. Con esta proxección remata o ciclo de cine xuvenil ao aire libre que organiza a Concellaría de Mocidade a través da OMIX. Durante o mes de agosto proxectáronse outras tres películas de factoría galega: “Quen a ferro mata”, “A praia dos afogados”, e maila “Esmorga”. A entrada para desfrutar da proxección é de balde e o aforo limitado para cumprir todas as medidas hixiénico-sanitarias que marcan as autoridades debido á pandemia da Covid-19. A actividade forma parte do programa “Visións”, pertencente á Rede cultural da Deputación, e está incluída no programa AmesON para o fomento da economía e a cultura en Ames.

Eventos del departamento

O departamento de Mocidade organiza na Casa da Cultura do Milladoiro unha xornada sobre emprendemento e emprego xuvenil o mércores 16 de outubro, de 16:30 a 19:30 horas. A esta xornada poden acudir tanto mozos e mozas interesados/as nesta cuestión como público xeral. Para inscribirse é necesario enviar un correo electrónico ao enderezo xuventude@concellodeames.gal.

O Concello de Ames reúne nun único cartel toda a programación de actividades que se van celebrar durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro en Ames. Deste xeito, ata finais de setembro vanse a realizar numerosas actividades como concertos, seráns ou festas.

A Concellaría de Mocidade organizou o programa [con]sentido. Con el preténdese inculcar aos mozos e mozas de Ames unha sexualidade positiva e saudable. A Xornada de Educación Sexual será na Casa da Cultura do Milladoiro entre as 10 e as 14 horas.

A Concellaría de Mocidade vén de poñer en marcha o Club xuvenil de Ames. Trátase dunha nova iniciativa a través da que se trata de crear un grupo de ata 30 mozos e mozas de entre 13 e 18 anos, para que compartan experiencias e proxectos. O venres, 22 de marzo, ás 19.00 horas, haberá un encontro na Casa da Cultura do Milladoiro. O obxectivo de ir facendo grupo e que os mozos e mozas interesados se unan a este club xuvenil

A Concellaría de Mocidade vén de poñer en marcha o Club xuvenil de Ames. Trátase dunha nova iniciativa a través da que se trata de crear un grupo de ata 30 mozos e mozas de entre 13 e 18 anos, para que compartan experiencias e proxectos. O sábado, 23 de marzo, ás 11:00 horas, haberá un encontro no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. O obxectivo de ir facendo grupo e que os mozos e mozas interesados se unan a este club xuvenil

O anfiteatro do Milladoiro acolle hoxe o obradoiro de rimas en galego “CeibaRimas” que organiza a Dirección Xeral de Xuventude da Consellaría de Política Social da Xunta e Galicia en colaboración coa OMIX de Ames. Trátase dun proxecto de rap improvisado en galego que ten como obxectivo prioritario a normalización da lingua galega entre a mocidade.

Celebrase hoxe no Pazo da Peregrina entre as 10:00 e as 13:00 horas.
Os obradoiros están dirixidos a persoas mozas dende os 14 anos, e conta con prazas limitadas.
Para inscribirse débese enviar a ficha de inscrición cuberta a partir do 13 de outubro  con.sentido@agasex.org