Pestanas principais

Programa de voluntariado xuvenil no verán

  • Obxectivo principal e pequena descrición

O obxectivo xeral do programa é o de desenvolver e promover actividades de voluntariado xuvenil que favorezan o desenvolvemento persoal e/ou profesional dos/as xóvenes e contribúan conxuntamente á construción dunha sociedade mellor. O programa “AMBIENTANDO O VERÁN” comprende unha gran variedade de actividades relacionadas coa ocupación do tempo de lecer, e actividades medioambientais e relacionadas coa natureza.  O equipo de voluntarios/as realizará as actividades en diferentes programas que o Concello de Ames realiza durante o verán, relacionados coa natureza e o medio ambiente.

  • Persoas destinatarias

Un equipo de oito mozos e mozas entre os 16 e os 30 anos.

  • Documentos relacionados     

ORDE do 3 de abril de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.