Pestanas principais

Departamento de Xuventude

    • Enderezo:
      • Luns, mércores e xoves na Casa do Concello. Praza do Concello, nº2 Bertamiráns. 15220 Ames
      • Martes e venres na Casa da Cultura de Milladoiro. Tavesía do Porto s/n Milladoiro. 15895 Ames
    • Teléfono: 616 08 32 29
    • Horario de atención ao público: 09:00 a 14:00 horas.
    • Responsable municipal:  Concellaría de Mocidade
    • Responsable técnico: Pilar Villaverde Cutrín, técnica de mocidade e información xuvenil.
Outros Datos: 
  • Funcións:
    • Orientar e asesorar á mocidade de Ames,  garantindo que toda a poboación xuvenil do concello teña acceso a unha información ampla, obxectiva e actualizada en relacion aos seus intereses e necesidades.
    • Organizar, xestionar e promover programas e actividades formativas no marco da educación non formal orientadas a facer efectivas a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento integral da mocidade a nivel formativo, laboral, familiar, etc.
    • Abordar medidas de cara a mellorar a calidade de vida da poboación xuvenil en diferentes ámbitos como o lecer e tempo libre, saude, educación en valores (igualdade de  oportunidades, interculturalidade,  violencia  de xénero, discapacidade…).
    • Favorecer a participación activa da mocidade na vida social e comunitaria, a través da dinamización de grupos informais e asociacións xuvenis.
    • Dar resposta a cantas dúbidas ou inquedanzas xurdan na mocidade apoiando e dando forma ás súas propostas e iniciativas en calquera ámbito de actuación do seu interese (cultural, formativo, ocio,...).
  • Novas relacionadas
  • Axenda.
  • Normativa
    • Lei 6/2012, de 19 de xuño, de xuventude de Galicia (DOG nº 139 do 20 de xullo de 2012).
    • Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas
    • Lei 7/2007 do Estatuto básico do empregado público
    • Lei 2/2015 da función pública de Galicia
    • Lei 7/1985 das bases do réxime local

 

Novas do departamento

A concelleira de Mocidade, Escarlata Pampín, e maila técnica municipal de mocidade, Pili Villaverde, visitaron a semana pasada as instalacións dos campamentos de Paisaxe II (O Grove) e praia América (Nigrán), onde 122 mozos e mozas de Ames gozan duns días de sol e actividades. Nos dous campamentos desfrutaron de piscina e de veladas nocturnas, xogos na praia, olimpíadas, actividades náuticas, etc. Estas actividades enmárcanse dentro da programación de campamentos de verán que organiza o Concello de Ames durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

Este pasado sábado, 8 de febreiro, comezou unha nova edición do curso de monitor/a de actividades de tempo libre que organiza a Concellaría de Mocidade, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Ames. Este curso desenvolverase no anexo da Casa da Cultura de Bertamiráns, ata que rematen as obras no Pazo da Peregrina, durante os meses de febreiro, marzo e abril. Consta de 350 horas de duración (200 horas teórico-prácticas) e 150 horas de prácticas en actividades de tempo libre. O curso, que está homologado pola Xunta de Galicia, tivo moi boa acollida. Participan 25 mozos/as e hai persoas en lista de agarda.

A Concellaría de Mocidade organizou esta fin de semana unha viaxe á estación de invernal de Leitariegos, situada na comarca do Val de Laciana, en León, na que 36 mozos e mozas puideron desfrutar do deporte e da natureza. A excursión, financiada parcialmente pola Concellaría, incluíu desprazamento en autobús, aloxamento e pensión completa, así como acceso ás pistas de esquí, a material e a clases, acompañados por un equipo de monitores. Na saída participaron persoas dos 15 aos 30 anos.

A Concellaría de Xuventude organizou esta fin de semana a actividade “Finde na neve”, unha viaxe á estación invernal de Leitariegos, situada na comarca do Val de Laciana, en León, na que 40 mozos e mozas amesáns gozaron de dúas xornadas de esquí e natureza. A excursión incluíu o desprazamento en autobús, aloxamento e pensión completa e o acceso ás pistas e ao material de esquí, así como clases impartidas por un equipo de monitores. Na saída participaron persoas de entre 15 e 28 anos.

A Concellaría de Mocidade organizou o pasado sábado, 24 de abril, un descenso de rafting polo tramo do río Ula que se atopa entre Carcacía e Herbón.  Esta actividade, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), está incluída no programa Trouleando 2021. Proximamente poderase inscribirse en novas actividades.

40 rapaces e rapazas de Ames, de entre 12 e 30 anos, viaxarán ao Aquapark de Cerceda que o programa “Trouleando”, da concellaría de Mocidade, prepara para o 29 de xuño. En menos de 24 horas dende que se anunciou a actividade nesta páxina web, as prazas xa estaban cubertas. A listaxe de garda e moi ampla polo que polo momento non se recollerán máis peticións.

O Trouleando do mes de febreiro foi un éxito. Na saída ao campo de paintball do Eo dos Menecos, en Teo, participaron 40 rapaces e rapazas de entre 12 e 21 anos e foron moitos e moitas os que quedaron na listaxe de agarda. Ao longo dunhas tres horas a rapazada amesá gozou dunha tarde de diversión, xogo en equipo e contacto coa natureza. A Concellería de Mocidade xa está argallando unha nova edición do Trouleando para o mes de marzo coa que sorprender á rapazada amesá.

As estritas medidas de seguridade que impón a pandemia do coranavirus  non impiden aos mozos e as mozas de Ames gozar dos campamentos que a  Concellaría de Mocidade organiza este verán. Grupos reducidos, máscaras,  respecto da distancia de seguridade e das normas de hixiene e  actividades por quendas son algúns dos cambios que a nova situación  impón nos campamentos de verán. 30 rapazas e rapaces amesáns viven esta  semana a experiencia en Mougás, no municipio de Oia. Actividades  acuáticas, rutas sendeirismo, visitas ao Grove, a Baiona e as Illas Cíes  son algunhas das actividades que realizarán até o domingo que volven a  Ames. Está previsto que o luns 13 parta outro grupo, neste caso de mozos  e mozas de 1º e 2º da ESO. O destino: o cámping de "O Terrón", en Vilanova de Arousa.

A Concellaría de Mocidade, en colaboración con EUROPE DIRECT Coruña e a Asociación Ingalicia, punto de información da Rede Europea Eurodesk, desenvolverá este martes 31 de maio a acción informativa “Somos Moitos Tour: Xuventude 2030”. O alumnado de 1º de Bacharelato do IES do Milladoiro poderá achegarse de 16:00 a 18:30 horas a catro carpas con diferentes actividades relacionadas co emprego, a formación ou o voluntariado, que se instalarán nos propios exteriores do centro educativo.

A Concellería de Mocidade presenta o concerto da banda Pauliña que se celebrará o vindeiro venres, 12 de marzo, ás 19.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. O grupo presentará o seu último traballo, A Malfalada, onde mesturan rock, folk country e blues. Por mor das restricións hixiénico-sanitarias, haberá límite de aforo e asignarase unha butaca, ben individual ou por agrupamento familiar, de forma automática na billeteira electrónica. Poderanse reservar como máximo 4 convites por persoa. Pódense reservar os convites na billeteira electrónica do Concello de Ames.

Eventos del departamento

Entre os días 22 e 25 de novembro artista coruñés do fraffiti, Brais R. pintará no anfiteatro de Lapido un mural baseado en temáticas relacionadas coa Igualdade.

A concellaría de Mocidade organiza esta actividade.

Co gallo da celebración do día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, a Concellaría de Mocidade conclúe o programa [con]sentido coa proxección do documental “Volar”, e cun debate aproveitando o propio material audiovisual. Será o 26 de novembro, de 19:00 a 21:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. As entradas, de balde, xa están dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Ames.

O anfiteatro do Milladoiro acolle este sábado 12 de novembro, ás 13:30 horas, o concerto “Anfiteatro en vivo”, que reunirá na localidade a varios artistas do concello e da comarca que comezan a despuntar no mundo da música. Actuarán os grupos Killo Karallo e La Nasa.

A Concellaría de Mocidade organiza unha sesión de música en directo do grupo galego Los Jinetes del Trópico, que terá lugar o vindeiro sábado 18 de decembro, ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. A banda presentará ao público amesá temas do seu disco debut, “Cabalgando pola ría”, no que mesturan ritmos tropicais con música latinoamericana, como o reggaeton ou a cumbia. Xa se poden reservar os convites a través da billeteira electrónica do Concello de Ames.

A segunda edición dos Premios Galetiktokers chega ao seu fin coa entrega de premios aos vídeos gañadores. Será na Casa da Cultura de Bertamiráns, o xoves 16 de decembro, ás 20:00 horas. A gala estará conducida por Fátima Pego e Lucía Rodríguez, e contará cos monólogos de Gabi G e Leti da Taberna, ademais da música de DJ Son1c e da propia Fátima Pego. Os convites, de balde, xa se poden reservar na billeteira electrónica do Concello de Ames.

A Concellaría de Mocidade organiza unha saída á estación invernal de Leitariegos, na provincia de León, para persoas de Ames de entre 15 (nados en 2006) e 30 anos. A viaxe terá lugar entre o venres 18 e o domingo 20 de febreiro, cun custe de 150 euros que inclúe desprazamento en autobús, aloxamento, comidas e todas as facilidades para practicar esquí. Nos casos de emerxencia social, a actividade quedará exenta desta taxa. O prazo de inscrición estará aberto unha semana, dende o martes 18 ata o 25 de xaneiro. As prazas adxudicaranse por orde de chegada ás persoas que presenten a seguinte solicitude e a documentación necesaria nos rexistros municipais, preferiblemente a través da sede electrónica do Concello de Ames.

O sábado 18 de febreiro vaise organizar unha festa de Entroido con Djs e carpa climatizada dirixida á mocidade amesá. Comezará ás 22.00 horas e desenvolverase no aparcadoiro da rúa Alcalde Lorenzo, en Bertamiráns, que está situado detrás das oficinas da Policía Local e do servizo municipal de Urbanismo. Elaborarase un programa especifico para esta actividade. Farase venda anticipada de entradas para acceder á festa.

O campo da festa de Biduído acollerá unha nova edición do SolporSon de Ames. Será este sábado, 8 de xullo. O festival, que naceu co obxectivo de organizar e programar unha alternativa musical en liña coa escoita activa á poboación moza; así como de dar difusión aos grupos que ensaian no local da Factoría e de achegar a cultura ao rural, volve a ter lugar por cuarto ano. 

A Concellaría de Xuventude volve organizar a iniciativa “Finde na neve”, dirixida á mocidade empadroada en Ames. A actividade desenvolverase do 10 ao 12 de marzo na estación invernal de Leitariegos. Poden anotarse un total de 40 mozos/as entre os 15 (nados en 2007) e os 30 anos. O custe da actividade é de 158 euros, e inclúe transporte, estadía, manutención, forfait, alugueiro do material de esquí, curso de 4 horas, o servizo que ofrecen os/as monitores/s, etc. Premendo neste enlace podes descargar o impreso de inscrición nesta actividade.

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este sábado 5 de novembro, ás 19:00 horas, a gala de entrega de premios do certame Galetiktokers, unha iniciativa da Concellaría de Mocidade e de Normalización Lingüística que se pon en marcha por terceiro ano consecutivo e que ten como obxectivo fomentar a creatividade da rapazada e animar a empregar o galego a través das redes sociais e das novas canles de comunicación. Nesta edición, o evento contará coa actuación da cantante Pauliña, e participarán tamén as integrantes do xurado: a comunicadora audiovisual Noelia Francisco Lens, e a tiktoker Sara Seco Rial.