Pestanas principais

Programa formativo lidera e outros obradoiros formativos (Reforzo educativo, primeros auxilidos, english today!, curso homologado de monitor de tempo, ciclo formativo máis que 2.0, curso de dinamización de eventos infantís,...)

Presencial
Martes, 1 xaneiro, 2019
Tramite activo: 
Aberto

PARA QUE (FINALIDADE)

  • Tanto o programa formativo Lidera como as restantes accións formativas que se organizan dende a OMIX están conformadas por diferentes actividades que atenderán a diversas temáticas: tempo libre, animación, inglés... co obxectivo de facilitar á mocidade amesá os recursos e ferramentas necesarias á hora de favorecer o emprendemento, promover a creatividade e impulsar as súas perspectivas de futuro tanto a nivel formativo como profesional.

QUEN PODE FACELO

  • Mocidade de Ames a partir dos 12 anos (en función do contido de cada formación determinarase unha idade mínima e máxima e estableceranse uns criterios de preferencia de entrada para participar).

COMO SE FAI

  • As accións formativas da OMIX ofrécense ao longo de todo o ano. Para calquera delas, establécese un prazo de inscrición de como mínimo 15 días antes do inicio da mesma.

DOCUMENTACIÓN

  • Ficha de inscrición debidamente cuberta, fotocopia do DNI, autorizacións paternas en caso de ser necesario e outra documentación específica en función da formación a impartir.

PREZO

  • Agás o curso homologado de monitor de tempo libre que conta cun custe por participante de 172,00€ (que se pode aboar en 2 prazos) os demais cursos formativos do programa son de balde para o/a usuario/a.

RESPONSABLE