Pestanas principais

Acción de verán

  • Obxectivo principal e pequena descrición

Este programa da Direcion Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado... que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital. A campaña de verán está composta por diferentes áreas de participación, que se desenvolven nos meses de xullo, agosto e setembro, tanto en Galicia coma noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.

  • Persoas destinatarias

Todas as mozas e mozos entre 9 e 30 anos, ambos os dous inclusive poden participar segundo o rango de idade nos programas da Campaña de Verán (campamentos, campos de traballo, actividades para máis de 18 anos, oferta concertada,...)

  • Documentos relacionados  

Orde do 16 de abril de 2018 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2018 e se procede a súa convocatoria (DOG nº 80 do 25 de abril de 2018)
ORDE do 16 de abril de 2018 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís dependentes desta consellería en réxime de oferta concertada durante a campaña de verán de 2018.