Pestanas principais

Campamentos de verán do Concello de Ames

  • Obxectivo principal e pequena descrición

Os campamentos de verán son unha oferta lúdica e formativa de desenvolvemento persoal concibida para, de xeito progresivo, dotar a nenos/as e mozos/as das ferramentas precisas para lograr a súa autonomía e independencia fomentando a convivencia, a cooperación, o respecto e un xeito de vida saudable ao tempo que o achegamento ao medio natural, ao deporte e a cultura.

  • Persoas destinatarias

Este servizo está dirixido ás etapas de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria e Bacharelato.