Pestanas principais

Iniciativa Xove

  • Obxectivo principal e pequena descrición

É un programa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que consiste nunha liña de axudas pensada para que os mozos e mozas, poidan desenvolver ideas que, transformadas en proxectos e iniciativas de interese, poidan reverter na mocidade actual e na nosa sociedade. Pódese participar de dous xeitos: a través de grupos informais de mozos/as ou ben dende as asociacións xuvenís e entidades legalmente constituídas. As actividades serán planificadas e desenvolvidas pola mocidade, fomentando sempre  a participación, a axeitada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar.

  • Persoas destinatarias

Os grupos informais de mozos e mozas  formado por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos e as asociacións xuvenís e as entidades que lle presten servizos á mocidade que carezan de interese de lucro.

  • Documentos relacionados     

ORDE do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove durante o ano 2019 e se procede á súa convocatoria.
Noticias relacionadas