- Tipo
- Tematica
A Concellería de Cultura pon un ano máis en marcha a iniciativa "Abril de Cine", que ten como obxectivo achegar o cinema galego á veciñanza amesá. O martes 25 de abril, ás 20:00 horas, proxectaranse no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro as curtametraxes "La entrega" e "Solpor". As entradas xa se poden adquirir na Billeteira electrónica do Concello de Ames.
"La Entrega" narra a historia dun ancián cuxo único contacto co exterior é a través dun rider que lle entrega os pedidos xestionados polo seu fillo dende o estranxeiro. O seu director, o amesán pedro Díaz, participará nu coloquio cos asistentes ao rematar a proxección. "Solpor", pola súa banda, fai un repaso pola vida dun home que, tras perder o seu traballo e distanciarse da familia, comeza a carecer de recursos e debe restablecer o control da súa vida.