Pestanas principais

> Teatro: "GOLFA"

Venres, 25 marzo, 2022
ás 20:30 horas

A terceira e última representación do mes de marzo da programación de artes escénicas para adultos será “GOLFA”, unha comedia transmedia sobre a sexualidade dende as artes escénicas. As compañías Crémilo Proxectos Culturais e Dist. Espectáculos levan esta peza á Casa da Cultura de Bertamiráns o venres 25 de marzo, ás 20:30 horas. As entradas xa poden adquirirse a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Unha mañá aparece diante da porta dun instituto una pintada que reza “golfa”, un insulto anónimo que descobre a historia que o precede.

Comedia transmedia sobre a sexualidade desde as artes escénicas.