Pestanas principais

A parroquia de San Xoán de Ortoño celebra este domingo, 1 de setembro, a romaría na honra de Santa Filomena

Sábado, 31 de agosto de 2019

Chega o mes de setembro e continúan as festas no concello de Ames. Desta volta tócalle á parroquia de San Xoán e Ortoño que celebra este domingo, 1 de setembro, a romaría na honra de Santa Filomena. Haberá misa solemne, sesión vermú e verbena. Ademais, dende ás 18.00 horas no campo da festa desenvolverase a festa de cores Holi Party FM, na que actuarán os DJs Dumore e Juanma López. Está organizada pola emisora Party FM e a Asociación sociocultural de mulleres de San Xoán de Ortoño. Estas festas contan coa colaboración do Concello de Ames.

Este domingo, 1 de setembro, celébrase na parroquia de San Xoán de Ortoño a romaría na honra de Santa Filomena. Ás 12.15h haberá misa solemne e a correspondente procesión acompañada polos Viqueiras de Ordes. A continuación, haberá sesión vermú amenizada polo dúo Rosán e xantar popular a cargo da pulpería Mambis Lito. Dito xantar estará amenizado polo dúo Eva e Camilo.

A partir das 18.00 horas, no campo da festa, desenvolverase a festa de cores Holi Party FM, na que actuarán os DJs Dumore e Juanma López. Está organizada pola emisora Party FM e a Asociación sociocultural de mulleres de San Xoán de Ortoño. A asistencia a este espectáculo é gratuíta. Os asistentes deben acudir con prendas de cor branco.

Esta festa enmárcase dentro do circuíto  Holi  Party FM que arrincou en Marín e pasou por concellos como Porto do Son, Ponte Caldelas, Vilanova de Arousa ou Gondomar. Nesta ocasión, dous  DJs da emisora Party FM farán as delicias dos asistentes: Dumore e Juanma López. Contarase ademais con máis de 50 quilos de pos de cores 100% biodegradables, 15.000 watts de son, pantallas LED, animación, actividades para todos os públicos e un gran escenario móbil de catorce metros de alto.

Para rematar a festa, a partir das 22.00 horas, haberá verbena a cargo da orquestra Olympus e o dúo Rosán. A organización agradece as achegas realizadas para a celebración de dita romaría. Estas festas contan coa colaboración do Concello de Ames.

Cartel da romaría na honra de Santa Filomena

Multimedia

  • Cartel da romaría na honra de Santa Filomena
  • Cartel da festa de cores Holi Party FM