Pestanas principais

Departamento de Cultura

    • Enderezo: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concellaría de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica de Animación Sociocultural.
Outros Datos: 
  • Funciones:
    • Xestionar as actividades e eventos que desde o Departamento de Cultura se poñen en marcha, responsabilizándose do seu adecuado desenvolvemento.
    • Informar e asesorar aos grupos e entidades culturais do concello, así como ao público en xeral, valorar as demandas dos cidadás e incentivar a participación.
    • Xestionar os programas culturais que oferta a Deputación, Rede Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC e Cultura no Camiño. Solicitude,desenvolvemento, xustificación.
    • Tramitar as axudas económicas correspondentes á área de cultura, tanto as que se solicitan desde o Concello, coma as que se convocan desde a Concellaría de Educación e Cultura de apoio as entidades culturais e comisións de festas.
    • Coordinar e xestionar as Escolas Culturais Municipais.

Novas do departamento

O Concello de Ames acollerá o vindeiro venres, 22 de maio, dende as 10.30 horas, os encontros de sensibilización “Por unha Rede Cultural accesible”, unha iniciativa impulsada por Escena Galega e a Deputación da Coruña que busca compartir coñecementos, practicas e ferramentas coas que facer accesible a Rede Cultural. Estas xornadas están dirixidas tanto ao persoal técnico municipal involucrado na xestión das actividades da Rede Cultural como a outros perfís profesionais.

Xa está todo preparado para que do 16 ao 19 de novembro os auditorios das Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro acollan a sexta edición do festival internacional de cinema infantil "Cinema Miúdo". O xoves 16 e mailo venres 17 pola mañá faranse as sesións escolares. Nesa edición, por primeira vez, haberá sesións escolares para mozos e mozas que cursan secundaria. Do venres, 17 ás 17.00h, ata o domingo 19, ás 20.00 horas, desenvolverase a selección oficial de Axóuxeres e Buxainas, así como o obradoiro Make a Remake e mailo peliculón Oink, oink! Ademais, este ano como novidade inclúese unha sesión especial fóra de concurso pensada para ser compartida entre avoas e avós e as súas netas e netos con traballos que xiran arredor da familia. As entradas están dispoñibles na Billeteira electrónica. Ata o de agora vendéronse 126 abonos e quedan 5 prazas para o obradoiro Make a Remake.

As Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro acollen este venres, sábado e domingo o XIX Festival internacional de Maxia de Ames. Este festival, organizado polo Concello de Ames en colaboración da Deputación da Coruña, conta cun programa repleto de espectáculos e obradoiros dirixidos a todos os públicos. Este ano como novidade inclúese na programación un photocall máxico, unha sesión de maxia para maiores, e outra para bebés para a que xa están esgotadas as entradas. Quedan entradas dispoñibles para a última sesión da gala máxica internacional, o domingo 27 de outubro ás 19:30 horas en Bertamiráns. Tamén queda algunha praza dispoñible para os obradoiros de maxia. As entradas pódense adquirir na Billeteira electrónica.

Mañá martes, 18 de abril, o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acollerá unha nova sesión da iniciativa “Abril de cine”, que busca achegar diversas pezas audiovisuais do cine galego e nacional á veciñanza amesá. Desta volta proxectarase a película “As bestas”, multipremiada na última edición dos Goya. Será ás 20:00 horas. As entradas poden adquirirse premendo nesta ligazón. 

O Teatro Principal de Santiago vén de acoller a xornada inaugural do XIII Festival Peregrinos Musicais, que rexistrou unha boa acollida cunha asistencia de máis dun cento de persoas. Diana Pogoshyan (violín), Jorge Suárez (cello) e Ilona Timchenko (piano) protagonizaron un concerto de apertura do evento. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o alcalde de Ames, Blas García, presidiron a inauguración oficial desta cita. Esta é a primeira das sete citas que se desenvolverán ata o 14 de xullo en distintos espazos emblemáticos de Santiago e tamén en Ames. Precisamente, o Pazo da Peregrina acolle o vindeiro domingo, 9 de xullo, ás 21.00 horas, un concerto dos gañadores do Certame Internacional de Novos Talentos.

As Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro acollen este venres, sábado e domingo o XVII Festival internacional de Maxia de Ames. Este festival organizado polo Concello de Ames, coa colaboración da Deputación da Coruña, conta cun programa repleto de espectáculos e obradoiros dirixidos a todos os públicos. Ata o de agora vendéronse arredor de 750 entradas. Este ano como novidade inclúese na programación unha gala de novos talentos da maxia para a que xa están esgotadas as entradas. Quedan entradas dispoñibles para a gala máxica infantil e para as catro sesións da gala máxica internacional. Tamén queda algunha praza dispoñible para os obradoiros de maxia. As entradas pódense adquirir na Billeteira electrónica.

O Concello de Ames e o grupo Chévere chegaron a un novo acordo de colaboración vencellado ao proceso de creación da nova obra que a compañía está preparando. Trátase dunha obra protagonizada por Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira, que toma como punto de partida o cadro de Castelao titulado “A derradeira leición do mestre”, para falar de como se constrúen as narrativas da memoria. Dentro desta colaboración, o Concello de Ames ofrece a Chévere un espazo para realizar unha residencia de traballo e ensaios entre os meses de xaneiro e febreiro de 2026 e Chévere realizará no concello de Ames varias actividades asociadas ao proceso de creación. A primeira actividade proposta por Chévere é que a veciñanza amesá poida ver nas Casas da Cultura do Milladoiro e de Bertamiráns unha reprodución do cadro de Castelao.

O Concello de Ames acollerá do 4 ao 13 de febreiro unha tripla exposición da traxectoria artística de Fran Riveiro. A mostra contará con tres localizacións: unha parte das obras estarán expostas na Casa da Cultura do Milladoiro, outra na Casa da Cultura de Bertamiráns e, finalmente, unha terceira no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Deste xeito, exhibiranse algunhas das pezas e coleccións máis recoñecidas do artista como son “Urbania” e “Coffe paints”.

O vindeiro mércores, 16 de xullo, o concello de Ames acollerá a xornada inaugural do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”, organizado pola asociación IS.MO Cultura. Do 16 ao 20 e xullo desenvolveranse diversas actividades arredor da danza e do movemento, co obxectivo de impulsar esta disciplina entre a veciñanza. A programación do festival foi presentada hoxe na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. En representación do Concello de Ames acudiu o seu alcalde, Blas García. Premendo nesta ligazón podes consultar a programación completa do Abanea 2025.

O vindeiro venres, 19 de xullo, o concello de Ames acollerá unha das xornadas do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”, organizado pola asociación IS.MO Cultura. Así, ao longo desta xornada desenvolveranse diversas actividades arredor da danza e do movemento, co obxectivo de impulsar esta disciplina entre a veciñanza. A programación do festival foi presentada onte na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Eventos del departamento

Os vindeiros días 4, 9 e 10 de xuño, terá lugar a clausura dos grupos de rapaces e rapazas da Escola Municipal de Teatro, onde cada unha das agrupacións representará a derradeira peza de teatro deste curso.

O Concello de Ames retoma a Mostra de Teatro Afeccionado, actividade que levaba sen celebrarse desde a súa última edición no 2019. O ciclo teatral, organizado polo Concello e a Escola Municipal de Teatro de Ames, acollerá as actuacións de diferentes grupos de teatro non profesionais dos municipios de Ames, Teo, Brión, Outes e Ribeira ao longo de cinco xornadas nas que se poñerá en valor a cultura e a lingua galega. A terceira sesión teatral será a cargo do Grupo de Teatro da Asociación Terras de Ordes, que representará a obra Comedia Bífida, baseada na obra de Manuel Núñez Singala, na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20.00 horas.

O outono chega cunha ampla programación cultural a Ames, dirixida para todos os públicos. Ao longo dos vindeiros meses de outubro e novembro, a veciñanza poderá gozar de diferentes propostas de teatro, danza, cine ou música que se desenvolverán nas localidades de Bertamiráns e no Milladoiro. As entradas poden adquirirse a través da Billeteira Electrónica. A programación conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios e Turismo de Galicia, e da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Este venres, 28 de novembro, a obra de teatro “Guerra”, da compañía galega Teatro do Noroeste, clausurará a programación do Ames Cultural. A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá desde as 20.30 horas unha peza de fervente actualidade, na que a escena xira arredor dunha guerra desatada no corazón de Europa e que mestura secuencias de caos e destrución, así como diversas referencias ás guerras no Teatro Europeo, dende Shakespeare ata Lorca. As entradas poden adquirirse a través da Billeteira electrónica.

O Concello de Ames retoma a Mostra de Teatro Afeccionado, actividade que levaba sen celebrarse desde a súa última edición no 2019. O ciclo teatral, organizado polo Concello e a Escola Municipal de Teatro de Ames, acollerá as actuacións de diferentes grupos de teatro non profesionais dos municipios de Ames, Teo, Brión, Outes e Ribeira ao longo de cinco xornadas nas que se poñerá en valor a cultura e a lingua galega. A segunda sesión teatral estará a cargo de Teatro das Maniotas, o grupo teatral do IES de Brión, que representará a obra Ibáñez Cabaré, na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20.00 horas.

Os Concellos de Ames e Negreira únense un ano máis para organizar unha nova edición do programa Noites en Vela, que terá lugar o sábado 20 de xullo, a partir das 21:00 horas, na Ponte Maceira.

O outono chega cunha ampla programación cultural a Ames, dirixida para todos os públicos. Ao longo dos vindeiros meses de outubro e novembro, a veciñanza poderá gozar de diferentes propostas de teatro, danza, cine ou música que se desenvolverán nas localidades de Bertamiráns e no Milladoiro. As entradas poden adquirirse a través da Billeteira Electrónica. A programación conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios e Turismo de Galicia, e da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

O Concello de Ames retoma a Mostra de Teatro Afeccionado, actividade que levaba sen celebrarse desde a súa última edición no 2019. O ciclo teatral, organizado polo Concello e a Escola Municipal de Teatro de Ames, acollerá as actuacións de diferentes grupos de teatro non profesionais dos municipios de Ames, Teo, Brión, Outes e Ribeira ao longo de cinco xornadas nas que se poñerá en valor a cultura e a lingua galega. A cuarta sesión teatral será a cargo do Grupo Municipal de Teatro de Ribeira, que representará a obra O Rei Telesforo busca noiva (e quere noivo), no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20.00 horas.

Esta obra de teatro infantil representarase en Bertamiráns o día 22 de xaneiro ás 18.00 horas. "Paio e o poder da música", da man da compañía Orivarai, contén unha clara finalidade educativa. No espectáculo trátanse temas tan trascendentes e actuáis coma o “bullying”, a igualdade, o reciclaxe ou a literatura galega.

O vindeiro venres 6 de xuño, o grupo municipal de teatro estreará no auditorio do Milladoiro, ás 20.30 horas, a obra “Soño dunha noite de San Xoán”, pechando así a actividade do grupo neste curso. Ademais da estrea, realizarán un pase da peza en Bertamiráns o vindeiro venres 13 de xuño, tamén ás 20.30 horas. Os convites xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames. No caso de que queden convites dispoñibles, poderán adquirirse o día da función correspondente nas Casas da Cultura de Bertamiráns ou Milladoiro.