Pestanas principais

Departamento de Benestar Social

    • Unidade Municipal de Servizos Sociais de Bertamiráns (UTS BERTAMIRÁNS): Praza de Chavián s/n, Bertamiráns, 15220 - Ames (A Coruña)
      • Teléfono:  981 89 09 64
      • Horario de atención ao público Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Unidade Municipal de Servizos Sociais do Milladoiro (UTS MILLADOIRO): Rúa de Abaixo, nº 10, O Milladoiro, 15895 - A Coruña
      • Teléfono:981 53 59 41
      • Horario de atención ao público Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Responsable municipal: Concellaría de Benestar Social
Outros Datos: 
  • Programación actividades Amessan 2020-2021
  • Estrutura do servizo:
    UTS : Milladoiro e Bertamiráns
    As UTS ou Unidades de Traballo Social son a "porta de entrada" ao Sistema de Servizos Sociais e ofrecen un Servizo de Información público, para toda a poboación, desde onde se facilita de forma profesional e confidencial, información sobre os servizos sociais, recursos e prestacións a disposición das cidadás e cidadáns, así como os dereitos que teñen tanto a nivel individual como grupal.
  • Funcións
    Nelas valóranse as necesidades, oriéntase aos recursos máis axeitados, e intervense cando as persoas así o demandan, cara a garantir unha atención persoal e social de calidade, ofrecendo:
    • Información , valoración, diagnóstico e orientación  en canto a  dereitos, recursos e intervencións sociais.
    • Xestión do Servizo de Axuda no Fogar, Xantar na Casa, Fogar de tránsito, Programa de alimentos, Renda Básica Municipal, axudas de  emerxencia social.
    • Actuacións preventivas das situacións de risco e necesidade social do conxunto da poboación, intervindo para acadar a integración social.
  • Novas relacionadas
  • Axenda

Novas do departamento

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves, 30 de xaneiro, en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará o martes 30 de xaneiro en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). O horario de atención será de  15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará o luns 8 de abril en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Actualmente, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará o martes 9 de xullo en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará o luns 11 de outubro en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario será de 09:30 a 14.30 horas e de 15.30 a 21.00 horas. Por mor da pandemia da Covid-19, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, é necesario solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns, 15 de marzo, en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario será de mañá, de 09:30 a 14.30 horas e, de tarde, de 15.30 a 21.00 horas. Por mor da pandemia da Covid-19, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, é necesario solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará o vindeiro luns, 19 de xuño, en Bertamiráns, na avenida da Maía (na zona de carga e descarga). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 23 de xaneiro e o martes, día 24, no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce con Rosalía de Castro. O horario será ambos días de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns, 3 de xullo, no Milladoiro, na rúa Cruxa (no cruce con Rosalía de Castro). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará o luns, 9 de outubro, no Milladoiro, na rúa Cruxa (no cruce con Rosalía de Castro). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

Eventos del departamento

Dende o ano 2015, a Fundación Ingada (Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados) organiza o “Camiño da Diversidade”, unha andaina solidaria para visibilizar e concienciar sobre o trastorno por déficit de atención e hiperactividade, así como a diversidade funcional en xeral. Nesta oitava edición, a marcha partirá o sábado 2 de xullo dende Trasmonte e percorrerá parte do Camiño de Fisterra-Muxía e o Portugués, pasando polos concellos de Ames e Santiago para rematar na praza do Obradoiro. Premendo nesta ligazón pódese realizar a inscrición no evento, cun custo de 3 euros, que se entregarán na saída.

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde suma unha nova actividade á programación do Mes da Saúde. Neste caso vaise organizar un Xantar solidario o sábado, 23 de abril, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Para participar nesta iniciativa solidaria haberá que inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo amesjornadasaludmental@gmail.com. Haberá 100 prazas para participar no Xantar solidario, que terá un prezo de 15 euros. Terán prioridade para inscribirse os participantes na xornada de saúde mental e os integrantes das asociacións que participan na Feira. O importe recadado será doado á Xunta Local de Ames da Asociación Española Contra o Cancro e á Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia. Nesta iniciativa colaboran o CIFP Compostela, o restaurante A Ostrería, e mailas cafeterías das Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro.

O Concello de Ames colabora coa Asociación de Migrantes de Galicia (AMIGA) na organización da actividade “Xogos do Mundo – Unha viaxe intercultural a través do xogo”, que se vai a realizar este sábado, 14 de outubro, de 17.00 a 19.00 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Trátase de que os nenos e nenas que así o desexen, xunto coas súas familias, participen en diferentes xogos tradicionais populares. Esta actividade está subvencionada pola Xunta de Galicia a través do programa de fomento ao voluntariado.

O día 1 de decembro celebraranse, un ano máis, as xornadas “Achégate á igualdade”, que se desenvolverán entre as 9:30 e as 14:30 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns. Nesta ocasión asistirán profesionais do ámbito da saúde e expertas en violencia machista, e haberá unha mesa redonda e dúas conferencias. A xornada é gratuíta e con aforo limitado, e para participar é necesario inscribirse enviando un correo ao enderezo electrónico achegate22@gmail.com, indicando nome, apelidos e forma de asistencia: persoal ou por streaming.

A Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo) organiza este sábado, 3 de decembro, un novo encontro entre persoas da comunidade do acollemento, co fin de que poidan compartir dúbidas, experiencias ou preocupacións. Será na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 17:30 horas. Para participar na xuntanza cómpre cubrir o formulario que se pode atopar premendo nesta ligazón.

A Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo) realiza este semana un novo encontro entre persoas da comunidade do acollemento, co fin de compartir dúbidas, experiencias ou preocupacións. Será o sábado, 11 de xuño, ás 17:30 horas, no antigo centro de saúde do Milladoiro. Para participar nesta xuntanza, cómpre contactar con Acougo no teléfono 622 672 188, ou ben no enderezo electrónico info@acougo.gal. O tema da última xuntanza deste curso será a diversidade en acollemento. As familias que queiran participar nesta xuntanza teñen que cubrir este cuestionario.

O Concello de Ames colabora con Cruz Roja Santiago e maila empresa Os Biosbardos Animación na organización da actividade “Os xogos do mundo solidarios”, que se vai a realizar o 31 de maio, de 17.00 a 20.30 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Trátase de que os nenos e nenas que así o desexen, xunto coas súas familias, participen en diferentes xogos tradicionais populares. Cada familia deberá aboar 6 euros en concepto de inscrición. A cambio entregaráselle a cada familia un boleto para o sorteo del oro de Cruz Roja. Os fondos recadados irán en beneficio de Cruz Roja en Santiago.

A campaña “Ames corta co machismo”, artellada desde o departamento de Benestar Social a base vinilos, bandeirolas e máscaras que reflicten mensaxes e frases alusivas a comportamentos machistas, conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O 25N rematara cun acto institucional na praza do Concello no que se leerá o manifesto e crearase un lazo lla humano . O acto rematará cun concerto de batukada de mulleres a cargo do grupo batukada de mulleres “Trópico de grelos”.

Este venres 17 de abril, ás 18:30 horas, terá lugar a conferencia A Historia Viva de Ames. Museo das inMigrantes, na Casa da Cultura do Milladoiro, na que se conversará ao redor deste proxecto de Angélica Dass, 7H Cooperativa Cultural e a comunidade migrante de Ames. Intervirán Angelica Dass, Clara R. Cordeiro, participantes do proxecto, e Leonardo Pena, técnico do Concello de Ames. A conferencia é aberta ata completar o aforo dispoñible.

A unidade móbil de doazón de sangue estará o luns 11 de outubro en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario será de 09:30 a 14.30 horas e de 15.30 a 21.00 horas. Por mor da pandemia da Covid-19, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, é necesario solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.