- Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02


- Horario de atención al público:
- De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concejalía de Promoción Económica
Solapas principales
Departamento de Promoción Económica y Empleo
Servicios y programas
Noticias del departamento
O Concello de Ames presenta unha nova edición de Innovames, unha xornada de innovación para as empresas de Ames que terá lugar o 16 de decembro no pavillón polideportivo do Milladoiro e na que se contará coa presenza de grandes referentes da innovación que conviven no propio concello. O obxectivo deste evento é poñer en valor os recursos e a capacidade de innovación local, fomentando a sinerxía e a colaboración entre as empresas e dando a coñecer ao público xeral o capital empresarial de Ames. Para dispor de máis información sobre o InnovAmes pódese consultar a páxina web do evento.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, presentou hoxe o XVIII concurso de escaparates de Nadal e a segunda edición do concurso de decoración de Nadal veciñal. Un ano máis, búscase que tanto comerciantes como veciños colaboren co Concello na decoración do municipio durante as festas de Nadal. Poderanse decorar escaparates comerciais, fachadas, balcóns, fiestras e xardíns de edificios e vivendas particulares. As inscricións para participar en ambos certames xa están abertas. Repartirase un total de 6.000 euros (4.000 euros no concurso de escaparates, e 2.000 no de decoración veciñal), divididos en oito premios (haberá catro premios por concurso).
O Concello de Ames organiza unha nova edición de InnovAmes, unha xornada de innovación para as empresas de Ames que terá lugar este venres, 16 de decembro, no pavillón polideportivo do Milladoiro e na que se contará coa presenza de grandes referentes da innovación que conviven no propio concello. O obxectivo deste evento é poñer en valor os recursos e a capacidade de innovación local, fomentando a sinerxía e a colaboración entre as empresas e dando a coñecer ao público xeral o capital empresarial de Ames. Durante toda a xornada participará persoal de preto de 20 empresas amesás, rapaces e rapazas dos centros de ensino de Ames, persoal do centro coworking a Proa e representantes das tres universidades galegas. Para dispor de máis información sobre o InnovAmes pódese consultar a páxina web do evento.
Noelia Bellas, de Bugallido, Lara López, de Negreira, e Carmen Cuevas, do Milladoiro foron as gañadoras do concurso organizado pola Concellaría de Promoción Económica. As gañadoras obtiveron unha cesta de froitas , un trofeo, un vídeo do seu paso polo concurso, un cheque de 100 euros para gastar no comercio local e a posibilidade de cantar nas prebadaladas de fin de ano. Ademais, actuarán xunto coa París de Noia o próximo 3 de setembro. O acto, presentado pola actriz María Mera, rematou cunha actuación de Sofía Rial, veciña de Ortoño e gañadora do Concurso Recantos do Luar.
Esta mañá a sala de xuntanzas da Casa do Concello acolleu o sorteo dos tres premios incluídos na cuarta edición da campaña de promoción do comercio local “Ilumina o teu sorriso”. No sorteo participaron as 44 persoas que enviaron como mínimo dúas fotografías realizadas en dous dos lugares seleccionados polas súas decoracións de Nadal: nas prazas do Concello e da Maía, en Bertamiráns, ou na praza da Madalena e no aparcamento do Supercor, no Milladoiro. As premiadas foron Ana María Cortizo, do Milladoiro, que recibirá un teléfono móbil Samsung Galaxy A13, e Laura Paz, de Cruxeiras (parroquia de Ames), e Tamara Juncal, de Bertamiráns, que lle tocaron cadanseu vale de 100 euros gastar en comercios amesáns adheridos a XEA.
Este venres, 18 de xullo, vaise a celebrar a segunda edición do concurso Baila con Ames. Será a partir das 18.00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Nesta edición están inscritos un total de 77 participantes, que estarán divididos nas categorías individual, parellas ou tríos (dirixida a formacións de 2 ou 3 persoas como máximo) e grupos (para formacións de mínimo 4 persoas e un máximo de 12). O xurado, formado por Daniela Filloy, Magaly Balsa e Dora Iglesias, terá que decidir os catro premios que se outorgan por cada categoría. Repartirase un total de 3.900 euros en premios e seis vales de 100 euros cada un para gastar no comercio local. A entrada será libre ata completar aforo.
“Seráns de Ames” é unha programación de verán para todos os públicos que volve ao concello por terceiro ano consecutivo, despois de que no ano 2021 se estrease a iniciativa na praia fluvial de Tapia e no 2022 se ampliase á parroquia de Bugallido. Como en anteriores edicións, as doce actividades que conforman o programa desenvólvense todos os xoves dos meses de xullo e agosto.
Durante esta fin de semana haberá novas actividade do programa AmesOn. Deste xeito, haberá actuacións musicais no Milladoiro e Bertamiráns do dúo Eva e Camilo, así como de Zeus RB e Diego Barbazán; un espectáculo denominado “Fase festa”, a cargo de Pepe Suevos, Fátima Pego e Josep Ruíz; e maila proxección do filme A Esmorga. O resto de actividades previstas para esta fin de semana quedan aprazadas debido á previsión de choiva. Cómpre salientar que o espectáculo “Fase Festa” e mailo concerto en acústico de Zeus RB+ e Diego Barbazán, previstos inicialmente para as 22.00 horas, realizáranse ás 20.00 horas. O resto de actividades desenvolveranse no horario previsto.
O Boletín Oficial da Provincia recolle, na súa edición de hoxe, a convocatoria das axudas do Concello de Ames dirixidas á creación e consolidación de empresas para o mantemento do emprego e do tecido empresarial local. As axudas están dirixidas ás persoas físicas e xurídicas que leven a cabo actividades empresariais ou profesionais e teñan o seu domicilio social e fiscal en Ames. O prazo de presentación de solicitudes é de quince días naturais a contar dende mañá 23 de setembro. A contía total destas subvencións ascende a un importe total de 145.000 euros.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, informa da resolución provisional do PEL REACTIVA que foi publicada este xoves, 25 de marzo, no Boletín Oficial da Provincia. As persoas beneficiarias deben facer a correspondente xustificación das axudas PEL REACTIVA. Estas axudas enmárcanse dentro do Plan Reactiva Ames. Para iso deben achegar a través da Sede electrónica do Concello de Ames a documentación que se require. O Concello de Ames recibiu un total de 434 solicitudes. Ames destina a esta liña de axudas un total de 582.547,86 euros. O Fondo de Financiamento constitúese cun 80% de achega da Deputación da Coruña e un 20% financiado con fondos propios do Concello. Deste xeito, o Concello de Ames achega 116.509,57 euros e a Deputación da Coruña concede 466.038,29 euros.
- ‹ anterior
- 49 de 56
- siguiente ›
Trámites del departamento
Eventos del departamento
A zona verde da travesía do Porto, no Milladoiro, e o parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerán durante a primeira semana de setembro, por cuarto ano consecutivo, as xornadas “Volta ao cole co comercio”, que organiza a Concellaría de Promoción Económica e colaboración con XEA e coa participación do departamento de Mocidade. Esta iniciativa traerá dúas tardes de actividades para amenizar os preparativos da volta aos centros de ensino, fomentando á vez o comercio e a hostalaría nos dous principais núcleos de Ames.
A xornada de “Volta ao cole co comercio” do Milladoiro celebrarase finalmente este luns, 15 de setembro. Será a partir das 17.00 horas nas pistas deportivas do Milladoiro. A holi party incluída na programación da actividade realizarase no aparcamento da Casa da Cultura do Milladoiro, polo que estará prohibido estacionar no aparcadoiro desde as 14.00 ata as 22.00 horas do luns día 15.
O Concello de Ames reúne nun único cartel toda a programación de actividades que se van celebrar durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro en Ames. Deste xeito, ata finais de setembro vanse a realizar numerosas actividades como concertos, seráns ou festas.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organizou unha xuntanza para o vindeiro luns, 13 de outubro, co obxectivo de que o persoal das empresas amesás relacionadas coa hostalería e a restauración poidan coñecer o mercado de horta e artesanía e os produtos alimentarios e artesanais que nel se expoñen e venden todos os sábado na praza da Maía, en Bertamiráns. Dito encontro celebrarase ás 9.30 horas no salón de plenos da Casa do Concello. As persoas que estean interesadas en acudir poden confirmar a súa asistencia enviando un correo electrónico ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal.
Música e moito humor. O actor, guionista, humorista e veciño de Ames, Pepo Suevos, a cantante Fátima Pego e o músico Josep Ruíz, compoñentes da orquestra "Panorama", soben xuntos ao escenario para amosarnos “Fase Festa”, unha especie de verbena en pequeno formato, adaptada aos tempos que nos toca vivir.
Ames acollerá a vindeira semana as visitas dos personaxes do mundo Disney para saudar e pasar tempo cos nenos e nenas. O día 29 chegarán á Casa dos Maiores de Bertamiráns (praza da Maía) e o 30 pasarán polo antigo centro de saúde do Milladoiro (na rúa Agro do Medio, número 8). Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal 2025, que comezou o pasado 4 de decembro e se desenvolverá ata o próximo 10 de xaneiro de 2026.
Ames acollerá a vindeira semana as visitas dos personaxes do mundo Disney para saudar e pasar tempo cos nenos e nenas. O día 29 chegarán á Casa dos Maiores de Bertamiráns (praza da Maía) e o 30 pasarán polo antigo centro de saúde do Milladoiro (na rúa Agro do Medio, número 8). Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal 2025, que comezou o pasado 4 de decembro e se desenvolverá ata o próximo 10 de xaneiro de 2026.
- ‹ anterior
- 14 de 14




