Solapas principales

Preto de 50 persoas participaron na cuarta edición da campaña de promoción do comercio local “Ilumina o teu sorriso”

Viernes, 20 de enero de 2023

Esta mañá a sala de xuntanzas da Casa do Concello acolleu o sorteo dos tres premios incluídos na cuarta edición da campaña de promoción do comercio local “Ilumina o teu sorriso”. No sorteo participaron as 44 persoas que enviaron como mínimo dúas fotografías realizadas en dous dos lugares seleccionados polas súas decoracións de Nadal: nas prazas do Concello e da Maía, en Bertamiráns, ou na praza da Madalena e no aparcamento do Supercor, no Milladoiro. As premiadas foron  Ana María Cortizo, do Milladoiro, que recibirá un teléfono móbil Samsung Galaxy A13, e Laura Paz, de Cruxeiras (parroquia de Ames), e Tamara Juncal, de Bertamiráns, que lle tocaron cadanseu vale de 100 euros gastar en comercios amesáns adheridos a XEA.

A cuarta edición da campaña “Ilumina o teu sorriso”, estivo organizada pola Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), en colaboración coa Concellaría de Promoción Económica, o centro dental Macía e o estudo de deseño gráfico e imaxe de marca La Rayuela. Esta iniciativa ten o obxectivo de dinamizar os establecementos locais, fomentando o achegamento da cidadanía ás rúas más comerciais do concello. Para participar na campaña había que realizar dúas fotografías en dous dos lugares seleccionados polas súas decoracións de Nadal: nas prazas do Concello e da Maía, en Bertamiráns, ou na praza da Madalena e no aparcamento do Supercor, no Milladoiro.

Nesta edición duplicouse a participación respecto de edicións anteriores con 44 participantes. Esta mañá realizouse o sorteo dos tres premios recollidos nas bases do certame entres as 44 persoas participantes. Alejandra Piedrafita Páez, en representación da clínica dental Macía, foi a encargada de premer o botón da aplicación empregada para facer dito sorteo.  Ao sorteo asistiron a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, o presidente da Xunta de Empresarios de Ames, Jorge López, a xerente de dita asociación, Beatriz López, así como Ramón Cordido, en representación de La Rayuela, e Alejandra Piedrafita, en representación da Clínica dental Macía.

Os números gañadores foron o 13 asignado a Ana María Cortizo, do Milladoiro, que recibirá un teléfono móbil Samsung Galaxy A13 de 64 GB, doado polo centro dental Macía. Os outros dous números premiados foron o 29 asinado a Laura Paz, de Cruxeiras (parroquia de Ames), e mailo número 35 correspondente a Tamara Juncal, de Bertamiráns, que lle tocaron cadanseu vale de 100 euros gastar en comercios amesáns adheridos a XEA. Os premios entregaranse proximamente na Clínica dental Macía, que está situada no Milladoiro.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, mostrouse moi satisfeita “pola boa acollida que tivo este ano a campaña Ilumina o teu sorriso entre a veciñanza de Ames e visitantes da contorna. Este ano duplicouse a participación o que indica que este concurso xa é coñecido entre os veciños e veciñas e cada ano que pasa participan máis persoas. Ademais, esta iniciativa serve de medio de difusión das demais campañas que se desenvolven para favorecer o tecido empresarial de Ames”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames 'Ilumina o teu sorriso' con un concurso de fotografía"

El Correo Gallego: "Case 50 veciños participan en 'Ilumina o teu sorriso'"

Preto de 50 persoas participaron na cuarta edición da campaña de promoción do comercio local “Ilumina o teu sorriso”

Multimedia

  • Esta mañá a sala de xuntanzas da Casa do Concello acolleu o sorteo dos tres premios incluídos na cuarta edición da campaña de promoción do comercio local “Ilumina o teu sorriso”
  • Alejandra Piedrafita Páez, en representación da clínica dental Macía, foi a encargada de premer o botón da aplicación empregada para facer dito sorteo
  • Fotos enviadas polas persoas agraciadas no sorteo de Ilumina o teu sorriso
  • Foto de Ana Maria Cortizo
  • Foto de Ana Maria Cortizo
  • Foto de Laura Paz
  • Foto de Laura Paz
  • Foto de Tamara Juncal
  • Foto de Tamara Juncal