Solapas principales

Departamento de Promoción Económica y Empleo

Noticias del departamento

O alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, xunto ás/aos voceiras/os dos grupos políticos municipais e outros/as concelleiros e concelleiras da Corporación municipal realizáronlle hoxe, mércores 10 de xullo, unha recepción institucional a Bruno Arias e Álvaro Liste, director e produtor do documental Os espazos en branco, que obtivo no pasado mes de marzo o premio Mestre Mateo a mellor documental. Trátase dunha crónica na que o director do documental, Bruno Arias, afonda na figura pública de Xela Arias para atopar nela unha persoa: a súa tía. O acto realizouse nas instalacións do espazo colaborativo A Proa, no Milladoiro, onde a produtora de dito documental, Serea Films, conta cun posto.

O Concello de Ames foi premiado este martes, 21 de novembro, co premio Cegasal á Administración Local debido “a súa longa traxectoria apostando pola economía social e os centros especiais de emprego de iniciativa social”. O galardón entregouse no Hotel Puerta del Camino, en Santiago de Compostela.

O alcalde de Ames, José Miñones, acudirá este xoves, 19 de setembro, a Castellón onde o ministro de Ciencia, Innovación e Universidades en funcións, Pedro Duque, presidirá o acto de entrega de distincións de “Ciudad da Ciencia y la Innovación”. O Concello de Ames logrou este distintivo na última convocatoria, correspondente ao 2018, xunto a Onda, Benidorm, Paterna, Barcelona, Vigo e Eibar. Ames foi merecedor de tal distinción gracias á presentación do proxecto Innov@mes. O Concello pasa a formar parte dos 72 Concellos que conforman a Red Impulso e dos 5 de toda Galicia con Vigo, Coruña, Santiago e Riveira.

A Concellaría de Promoción Económica reforza a campaña para fomentar o comercio de proximidade denominada “Comercio de Ames. Témolo todo!” Nesta ocasión púxose en marcha unha campaña publicitaria no transporte público. Deste xeito, o lema de dita campaña pódese ver ata o 6 de xaneiro de 2021 no autobús número 2.849 que realiza a liña entre Santiago (rúa da Rosa) e Bertamiráns. Esta mesma campaña realizarase proximamente nunha liña de transporte urbano do Milladoiro. A través desta iniciativa preténdese que a veciñanza de Ames merque nos establecementos comercias do municipio. Esta nova iniciativa súmase a elaboración dun vídeo promocional, dun spot publicitario, do reparto de 6.000 bolsas entre os establecementos comerciais para entregar á clientela, e a colocación dos carteis da campaña nos minipuntos limpos de Bertamiráns e do Milladoiro.

A Concellaría de Promoción Económica reforza a campaña para fomentar o comercio de proximidade denominada “Comercio de Ames. Témolo todo!” Nesta ocasión púxose en marcha unha campaña publicitaria no transporte público. Deste xeito, o lema de dita campaña pódese ver ata o 19 de marzo de 2021 no autobús número 3.270 que realiza a liña entre Santiago e O Milladoiro. Esta mesma campaña xa se realizou nunha liña de transporte urbano de Bertamiráns.

O espazo colaborativo A Proa conta na actualidade con 31 postos ocupados dos 36 existentes. Cada coworker pode facer uso das instalacións da Proa durante un período de dous anos. Algunhas das persoas que empregan ditas instalacións están chegando ao final do período de uso, polo que o Concello está estudando opcións para ofrecerlles outras instalacións onde poidan continuar a súa actividade laboral. Ademais, estase traballando na elaboración do novo regulamento de funcionamento do espazo colaborativo A Proa, polo que se vai abrir un período para que os/as coworkers que así o desexen poidan presentar propostas de mellora.

Ante o clima de incerteza xerado pola situación económica actual, en plena crise da Covid-19, e coa incógnita de saber o alcance final e a repercusión que terá en cada sector, o Concello de Ames vén de contratar unha asistencia técnica que permita realizar unha análise previa da situación real no municipio e das medidas a implantar, de cara a establecer un plan de choque co obxectivo de reactivar a economía local no menor tempo posible. O parón na actividade económica, a abundante normativa que se está producindo e os problemas de liquidez a curto prazo, están xerando unha gran incerteza nas empresas, autónomos e traballadores. Ante este escenario, o Concello de Ames prepara respostas locais co obxectivo de establecer medidas complementarias ás medidas legais e económicas adoptadas polos gobernos central e autonómico.

Até o día 13 de xuño está aberto o prazo para participar no Concurso de karaoke “Canta con Ames” que, co obxectivo de dinamizar o sector comercial, organiza a concellaría de Promoción Económica en colaboración coas Asociacións de empresarios e comerciantes XEA, Palmira Bulevard e Parque empresarial do Milladoiro. Propóñense catro categorías: infantil, xuvenil, sénior e súper sénior. As persoas que desexen participar teñen que enviar un vídeo con audio en formato mp4 , sen base vocal orixinal, de non máis dun 1 minuto á amesnarua@gmail.comPodes consultar aquí as bases do concurso.  E aquí podes descargar a ficha de inscrición do concurso.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, presentou hoxe a primeira edición do concurso de decoración de Samaín. Tratase dunha nova iniciativa que se pon en marcha por primeira vez para fomentar o comercio local de Ames nunha das noites de maior consumo de todo o ano xunto coa de fin de ano. Repartiranse 2.000 euros en premios: 1.000 euros para o primeiro, 600 para o segundo e 400 para o terceiro. A decoración deberá estar exposta como mínimo dende o luns 28 de outubro ata o domingo 3 e novembro. As inscricións poderán tramitarse dende o día seguinte á publicación das bases no BOP. O último día de presentación de solicitudes será o 20 de outubro. O motivo e decoración dos escaparates terán como tema principal a festa do Samaín.

Logo do peche decretado para a hostalaría, a consecuencia da nova normativa de loita contra a COVID19,  o concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica, vén de poñer en marcha unha iniciativa de apoio ao sector hostalaría de Ames consistente na elaboración duhna listaxe na que aparecerán todos os establecementos hostaleiros que o desexen e que ofrezan durante este período servizo de recollida no local ou reparto a domicilio. As cafeterías, bares e restaurantes que desexen aparecer nesta listaxe poden enviar un correo ao enderezo electrónico promocioneconomica@concellodeames.gal. Para obter máis información sobre esta iniciativa pódese chamar ao número de teléfono 662 09 99 44.

Eventos del departamento

A zona verde da travesía do Porto, no Milladoiro, e o parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerán durante a primeira semana de setembro, por cuarto ano consecutivo, as xornadas “Volta ao cole co comercio”, que organiza a Concellaría de Promoción Económica e colaboración con XEA e coa participación do departamento de Mocidade. Esta iniciativa traerá dúas tardes de actividades para amenizar os preparativos da volta aos centros de ensino, fomentando á vez o comercio e a hostalaría nos dous principais núcleos de Ames.

A xornada de “Volta ao cole co comercio” do Milladoiro celebrarase finalmente este luns, 15 de setembro. Será a partir das 17.00 horas nas pistas deportivas do Milladoiro. A holi party incluída na programación da actividade realizarase no aparcamento da Casa da Cultura do Milladoiro, polo que estará prohibido estacionar no aparcadoiro desde as 14.00 ata as 22.00 horas do luns día 15.

O Concello de Ames reúne nun único cartel toda a programación de actividades que se van celebrar durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro en Ames. Deste xeito, ata finais de setembro vanse a realizar numerosas actividades como concertos, seráns ou festas. 

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organizou unha xuntanza para o vindeiro luns, 13 de outubro, co obxectivo de que o persoal das empresas amesás relacionadas coa hostalería e a restauración poidan coñecer o mercado de horta e artesanía e os produtos alimentarios e artesanais que nel se expoñen e venden todos os sábado na praza da Maía, en Bertamiráns. Dito encontro celebrarase ás 9.30 horas no salón de plenos da Casa do Concello. As persoas que estean interesadas en acudir poden confirmar a súa asistencia enviando un correo electrónico ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal.

Música e moito humor. O actor, guionista, humorista e veciño de Ames, Pepo Suevos, a cantante Fátima Pego e o músico Josep Ruíz, compoñentes da orquestra "Panorama", soben xuntos ao escenario para amosarnos “Fase Festa”, unha especie de verbena en pequeno formato, adaptada aos tempos que nos toca vivir.

Ames acollerá a vindeira semana as visitas dos personaxes do mundo Disney para saudar e pasar tempo cos nenos e nenas. O día 29 chegarán á Casa dos Maiores de Bertamiráns (praza da Maía) e o 30 pasarán polo antigo centro de saúde do Milladoiro (na rúa Agro do Medio, número 8). Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal 2025, que comezou o pasado 4 de decembro e se desenvolverá ata o próximo 10 de xaneiro de 2026. 

Ames acollerá a vindeira semana as visitas dos personaxes do mundo Disney para saudar e pasar tempo cos nenos e nenas. O día 29 chegarán á Casa dos Maiores de Bertamiráns (praza da Maía) e o 30 pasarán polo antigo centro de saúde do Milladoiro (na rúa Agro do Medio, número 8). Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal 2025, que comezou o pasado 4 de decembro e se desenvolverá ata o próximo 10 de xaneiro de 2026.