Solapas principales

O Concello de Ames recibirá este xoves a distinción de “Ciudad de la Ciencia y la Innovación” de mans do Ministro en funcións Pedro Duque

Miércoles, 18 de septiembre de 2019

O alcalde de Ames, José Miñones, acudirá este xoves, 19 de setembro, a Castellón onde o ministro de Ciencia, Innovación e Universidades en funcións, Pedro Duque, presidirá o acto de entrega de distincións de “Ciudad da Ciencia y la Innovación”. O Concello de Ames logrou este distintivo na última convocatoria, correspondente ao 2018, xunto a Onda, Benidorm, Paterna, Barcelona, Vigo e Eibar. Ames foi merecedor de tal distinción gracias á presentación do proxecto Innov@mes. O Concello pasa a formar parte dos 72 Concellos que conforman a Red Impulso e dos 5 de toda Galicia con Vigo, Coruña, Santiago e Riveira.

O concello de Ames leva varios anos impulsando a innovación e o desenvolvemento de empresas innovadoras no seu termo municipal, mostrando con iso a súa aposta por un modelo de cidade innovadora e que aposta decididamente por converterse nun polo de atracción para proxectos e empresas que queiran desenvolver a súa actividade no municipio amesán. Proba diso é a crecente aposta orzamentaria e de accións que nos últimos anos se promoveron e executaron por parte do goberno municipal, en materia de organización municipal, infraestruturas formativas e de emprendemento, melloras nos ámbitos dixitais e tecnolóxicos ou xerando unha actitude favorable para xerar un ecosistema favorable ao emprendemento que permitiu converter a Ames nun municipio referente como vén sendo o foro sectorial Innova Ames.

Deste xeito, o obxectivo é que Ames se converta nun foco de implantación de entidades, star ups, iniciativas e proxectos empresariais referentes no campo da innovación, spin off das universidades a tecnoloxía, o audiovisual ou campos innovadores como a agroalimentación, desenvolvemento industrial, transformación alimentaria; etc…; como un modelo de cidade que aposta polo coñecemento, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico.

Dita aposta plasmouse coa presentación do proxecto Innov@mes, mediante o cal se pretende consolidar esa tendencia de emprendemento innovador convertendo o municipio amesán nun polo de constante atracción da investigación, o desenvolvemento e a innovación en todos os seus campos de funcionamento: cidadán como administración, económico como entidade promotora de espazos empresariais e industriais e tamén na súa definición como cidade sustentable que aposta polo coñecemento e a calidade de vida como proxecto de futuro.

O devandito proxecto Innov@mes foi desglosado en tres apartados: datos do concello (no que se incluíu un plan de innovación); unha memoria (con bloques sobre a cidadanía, organización e empresa, así como sobre o fomento da compra pública innovadora e os apoios recibidos a candidatura amesá); e unha táboa resumen dos proxectos. Dito proxecto mereceu que o Concello de Ames reciba a distinción de “Ciudad de la Ciencia y la Innovación”, por parte do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, dentro da convocatoria correspondente ao ano 2018.

Dende o Concello sinálase que este ambicioso proxecto, xunto co espazo colaborativo Coworking, van a supoñer unha transformación do concello e Ames xa destaca por ser un municipio punteiro no sector das novas tecnoloxías. Este logro ten un alto valor xa que permitirá seguir medrando e facer unha aposta decidida pola innovación, optando a financiamento nesta mesma liña, así como a proxectos comúns co resto de cidades.

Rede de Cidades da Ciencia e a Innovación
A concesión da citada distinción permítelle ao municipio de Ames acceder á condición de membro da Rede de Cidades da Ciencia e a Innovación (Rede Impulso), feito que sen dúbida favorecerá a actividade que xa vén desenvolvendo de maneira importante no campo da investigación e do desenvolvemento da innovación. Ademais, servirá para dar o salto en materia de investimentos, foros sectoriais, e eventos de referencia en innovación. Deste xeito, Ames pasa a formar parte da prestixiosa Red Innpulso que abrirá as portas do Concello a un gran número de oportunidades.

Estas distincións premian a aquelas cidades que realizan un importante esforzo para potenciar as infraestruturas innovadoras científicas, tecnolóxicas e sociais, o que permite despexar o camiño cara a un cambio de modelo económico. Esta distinción de “Ciudad de la Ciencia y la Innovación” supón un incentivo máis para as cidades líderes que promoven investimentos en infraestruturas que redunden na sustentabilidade económica e melloren o patrón de crecemento baseado no coñecemento e a innovación. Os recoñecementos concédense atendendo a tres categorías, dependendo do número de habitantes; así, outórganse distincións para municipios de ata 20.000 habitantes; de 20.001 a 100.000; e de máis de 100.000 habitantes.

A resolución do 12 de abril de 2019, da Secretaría de Estado de Universidades, Investigación, Desenvolvemento e Innovación, xa deu conta desta concesión previa ao acto que terá lugar en Castelló este xoves 19 e acordou recoñecer Ames, Benidorm (Alacante), Eibar (Guipúscoa), Onda (Castelló) e Paterna (Valencia) no que se refire a municipios de menos de 100.000 habitantes; e en canto a cidades de máis poboación, a distinción nesta ocasión foi para Barcelona, Castelló e Vigo.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, resalta o feito de que “Ames está aglutinando a presenza e implantación de importantes firmas tecnolóxicas que se concentran no parque empresarial do Milladoiro e queremos seguir apostando pola innovación tamén no eido municipal no que xa estamos traballando. O recoñecemento desta distinción danos folgos para dar continuidade a este proxecto”.

O Concello de Ames recibirá este xoves a distinción de “Ciudad de la Ciencia y la Innovación

Multimedia

  • O Concello de Ames recibirá este xoves a distinción de “Ciudad de la Ciencia y la Innovación