Solapas principales

Departamento de Promoción Económica y Empleo

Noticias del departamento

As Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar visitaron un ano máis as localidades de Bertamiráns e do Milladoiro, para poder estar con todas as nenas e nenos de Ames antes da noite de Reis. Co obxectivo de que as Súas Maxestades de Oriente puideran recibir a pequenos e adultos, o Concello habilitou os pavillóns polideportivos de ambos núcleos. Deste xeito, durante o martes 4 e mailo mércores 5 de xaneiro, en horario de mañá e tarde, arredor de 1.200 unidades familiares pasaron polos pavillóns para poder saudar e falar con Melchor, Gaspar e Baltasar. Ademais, 100 rapaces e rapazas, que non puideron acudir á Recepción real por mor dun confinamento por coronavirus, recibiron nos seus domicilios un pequeno agasallo e puideron falar cos Reis Magos a través de vídeo chamada. Pódense ver todas as imaxes da galería sobre a Recepción Real premedo neste enlace.

O Roteiro Maker, unha furgoneta que organiza obradoiros itinerantes gratuítos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía, visitou os colexios de Agro do Muíño, A Maía, Barouta e Ventín entre o 20 e o 23 de febreiro para conmemorar o Día da Muller e a Nena na Ciencia. Nesta iniciativa participaron arredor de 400 alumnos e alumnas de educación infantil e primaria. Con esta iniciativa o Concello de Ames busca dar a coñecer a figura das mulleres en diversas áreas científicas. A empresa Mirabelle Comunicación Audiovisual está elaborando un vídeo sobre esta iniciativa que servirá para difundir o Roteiro Maker na Red Innpulso.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa da posta en marcha do programa Vives Emprende da organización Acción Contra a Fame, cunha serie de talleres formativos en liña e de balde. O obxectivo é ofrecer ás persoas desempregadas unha saída laboral no emprendemento, a través da formación, o asesoramento e o acceso a axudas directas e microcréditos. Neste senso, dende o próximo martes 19 ao xoves 28 de abril desenvolveranse seis talleres de xeito telemático, entre as 10:00 e as 13:00 horas. Para participar, cómpre inscribirse na páxina web vivesemprendeconomiasocial.org.

As concellarías de Promoción Económica e Emprego, en colaboración con XEA, desenvolven por segundo ano consecutivo as xornadas “Volta ao cole co comercio”, unha iniciativa que ten como obxectivo dinamizar o comercio e a hostalaría local de cara ao inicio do curso lectivo. Nesta ocasión, a proposta alóngase durante catro días, e comprende actividades para a mocidade e para os cativos e cativas. As dúas xornadas para rapaces e rapazas a partir de doce anos xa foron celebradas a pasada semana, logrando un éxito de participación. Os días 6 e 7 ían ter lugar tamén as actividades para nenos e nenas. Finalmente, as xornadas foron adiadas por mor da previsión meteorolóxica, e desenvolveranse mañá, mércores 13, e o xoves, día 14. 

A Xunta de Galicia entregou este martes, 3 de marzo, os galardóns dunha nova edición dos Premios á Responsabilidade Social Empresarial de Galicia (RSE). No apartado de pequena empresa foi premiada a entidade Tecalis Innovación con sede no parque empresarial do Milladoiro. A entidade Altia, que conta cunha delegación no parque do Milladoiro, recibiu o recoñecemento na categoría de gran empresa. Ademais, a Empresa Monforte foi premiada no apartado de mediana empresa; e Congalsa, galardoada coa mención á conciliación. O obxectivo destes premios é mostrar e reivindicar publicamente o labor daquelas empresas que adoptan principios e prácticas de responsabilidade solidaria na súa xestión e na súa actividade diaria. Por parte do Concello de Ames asistiron a este acto o alcalde, Jose Miñones, e maila concelleira de Promoción Económica e Emprego, Ana Belén Paz.

As entradas para asistir á actuación da París de Noia puxéronse á venda ás 12:00 do mediodía e ás 23:00 xa estaban esgotadas. As 15:00 horas foi o pico de reserva con case 150 entradas reservadas. O 80% das entradas vendéronse entre os veciños de Ames.

Os dezaoito traballos finalistas do primeiro concurso de fotografía organizado pola Xuntanza de Empresarios de Ames en colaboración co Concello de Ames xa están expostos. As fotografías premiadas na categoría paisaxe, macro e artística van permanecer expostas durante 15 días en tres dos locais asociados a XEA en Bertamiráns.

Cun sinxelo acto no que participaron o alcalde, Jose Miñones, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e varios concelleiros e concelleiras do equipo de goberno, Ames acendeu as luces de Nadal o pasado sábado, 28 de novembro. O acto desenvolveuse diante do Concello e coa presenza, como convidados, do alumnado e os responsables do obradoiro de emprego. Unha das alumnas, Cristina Ferreiro Serranito, foi a encargada de premer o botón de acendido das luces. Preto de 150 elementos decorativos, entre os que destacan un photocall con forma de marco de fotos na praza do Concello, unha bola xigante luminosa instalada na praza da Madalena do Milladoiro, unha árbore de 15 metros na praza de Manuel Murguía da mesma localidade e a numeración 2021 na praza da Maía en Bertamiráns, alumean o Nadal de Ames desde o sábado. A iluminación intensifícase nas prazas e rúas máis comerciais, con especial relevancia na rúa Anxeriz e na Avenida Rosalía de Castro. En todas as parroquias locen tamén elementos decorativos propios destas datas. Para ver todas as imaxes do acto do día do acendido de luces de Nadal, prema nesta ligazón.

Dende este martes, 3 de setembro, as oficinas da Unión de Consumidores de Galicia, en Bertamiráns e no Milladoiro, xa abren no seu horario habitual: os martes no Milladoiro e os xoves en Bertamiráns. Durante o mes se agosto ditas oficinas estiveron pechadas por descanso do persoal. O servizo de asesoramento enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).

O pasado xoves, 9 de xuño, na presentación da programación AmesOn 2022, os integrantes da orquestra Panorama, Fátima Pego e Diego Moreiras, anunciaron que os/as gañadores/as da segunda edición do concurso Canta con Ames, actuarán o 18 de setembro, no Milladoiro, de abreconcerto antes da actuación da orquestra Panorama. Debido a que dito anuncio se fixo o pasado 9 de xuño, amplíase ata o día 19 o prazo de inscrición para o concurso Canta con Ames, para que todos aqueles que queiran participar teñan marxe para inscribirse. Existen catro categorías: infantil, ata os 12 anos; xuvenil, de 13 a 20 anos; sénior, de 21 a 40 anos; e súper sénior, de 41 en diante. Preme nesta ligazón para descargar as bases da segunda edición do concurso Canta con Ames 2022.

Eventos del departamento

A zona verde da travesía do Porto, no Milladoiro, e o parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerán durante a primeira semana de setembro, por cuarto ano consecutivo, as xornadas “Volta ao cole co comercio”, que organiza a Concellaría de Promoción Económica e colaboración con XEA e coa participación do departamento de Mocidade. Esta iniciativa traerá dúas tardes de actividades para amenizar os preparativos da volta aos centros de ensino, fomentando á vez o comercio e a hostalaría nos dous principais núcleos de Ames.

A xornada de “Volta ao cole co comercio” do Milladoiro celebrarase finalmente este luns, 15 de setembro. Será a partir das 17.00 horas nas pistas deportivas do Milladoiro. A holi party incluída na programación da actividade realizarase no aparcamento da Casa da Cultura do Milladoiro, polo que estará prohibido estacionar no aparcadoiro desde as 14.00 ata as 22.00 horas do luns día 15.

O Concello de Ames reúne nun único cartel toda a programación de actividades que se van celebrar durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro en Ames. Deste xeito, ata finais de setembro vanse a realizar numerosas actividades como concertos, seráns ou festas. 

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organizou unha xuntanza para o vindeiro luns, 13 de outubro, co obxectivo de que o persoal das empresas amesás relacionadas coa hostalería e a restauración poidan coñecer o mercado de horta e artesanía e os produtos alimentarios e artesanais que nel se expoñen e venden todos os sábado na praza da Maía, en Bertamiráns. Dito encontro celebrarase ás 9.30 horas no salón de plenos da Casa do Concello. As persoas que estean interesadas en acudir poden confirmar a súa asistencia enviando un correo electrónico ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal.

Música e moito humor. O actor, guionista, humorista e veciño de Ames, Pepo Suevos, a cantante Fátima Pego e o músico Josep Ruíz, compoñentes da orquestra "Panorama", soben xuntos ao escenario para amosarnos “Fase Festa”, unha especie de verbena en pequeno formato, adaptada aos tempos que nos toca vivir.

Ames acollerá a vindeira semana as visitas dos personaxes do mundo Disney para saudar e pasar tempo cos nenos e nenas. O día 29 chegarán á Casa dos Maiores de Bertamiráns (praza da Maía) e o 30 pasarán polo antigo centro de saúde do Milladoiro (na rúa Agro do Medio, número 8). Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal 2025, que comezou o pasado 4 de decembro e se desenvolverá ata o próximo 10 de xaneiro de 2026. 

Ames acollerá a vindeira semana as visitas dos personaxes do mundo Disney para saudar e pasar tempo cos nenos e nenas. O día 29 chegarán á Casa dos Maiores de Bertamiráns (praza da Maía) e o 30 pasarán polo antigo centro de saúde do Milladoiro (na rúa Agro do Medio, número 8). Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal 2025, que comezou o pasado 4 de decembro e se desenvolverá ata o próximo 10 de xaneiro de 2026.