Solapas principales

As luces de Nadal xa iluminan o concello de Ames

Lunes, 30 de noviembre de 2020

Cun sinxelo acto no que participaron o alcalde, Jose Miñones, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e varios concelleiros e concelleiras do equipo de goberno, Ames acendeu as luces de Nadal o pasado sábado, 28 de novembro. O acto desenvolveuse diante do Concello e coa presenza, como convidados, do alumnado e os responsables do obradoiro de emprego. Unha das alumnas, Cristina Ferreiro Serranito, foi a encargada de premer o botón de acendido das luces. Preto de 150 elementos decorativos, entre os que destacan un photocall con forma de marco de fotos na praza do Concello, unha bola xigante luminosa instalada na praza da Madalena do Milladoiro, unha árbore de 15 metros na praza de Manuel Murguía da mesma localidade e a numeración 2021 na praza da Maía en Bertamiráns, alumean o Nadal de Ames desde o sábado. A iluminación intensifícase nas prazas e rúas máis comerciais, con especial relevancia na rúa Anxeriz e na Avenida Rosalía de Castro. En todas as parroquias locen tamén elementos decorativos propios destas datas. Para ver todas as imaxes do acto do día do acendido de luces de Nadal, prema nesta ligazón.

Para a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, a iluminación ten este ano unha relevancia especial, non só por contribuír á que a veciñanza saia a facer as súas compras nos establecementos locais, senón tamén porque pode axudar a levantar o ánimo da poboación, especialmente dos máis pequenos e pequenas, en tempos tan duros como os que estamos atravesando: “Por mor da pandemia, este ano non puidemos convidar a chocolate con churros nin acompañar o acto de acendido das luces con música, porén non había máis que ver como estaban de contentos os rapaces e as rapazas xogando ao carón dos elementos decorativos instalados nas  prazas para decatármonos da importancia que ten que as prazas, as rúas e as parroquias luzan iluminación de Nadal”.

Ademais, o compoñente de motivación á hora de animar á veciñanza a facer as compras no comercio local é un dos obxectivos importantes da iluminación de Nadal. Así o destaca a concelleira de Promoción Económica: “Non é o mesmo saír a rúa a mercar con luces que sen luces. A iluminación confírelle a ese acto de comprar o necesario para pasar as festas e agasallar aos seres queridos un compoñente de alegría e de festividade absolutamente necesario neste momento”.

“Ilumina o teu sorriso”
Os catro elementos de gran tamaño, instalados na prazas do Concello e da Maía, en Bertamiráns e nas prazas de Manuel Murgía e do Milladoiro, un fotocall con forma de marco luminoso de fotos, as cifras 2021 en grande, unha árbore de 15 metros e unha bola xigante luminosa, servirán ademais como base para o concurso “Ilumina o teu sorriso” que organizan as asociacións de empresarios e comerciantes de Ames, en colaboración co Concello.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames y Negreira ya lucen la Navidad"

Acendido de luces de Nadal.

Multimedia

  • Acendido de luces de Nadal.
  • Acendido de luces de Nadal.
  • Acendido de luces de Nadal.
  • Acendido de luces de Nadal.
  • Acendido de luces de Nadal.
  • Acendido de luces de Nadal.
  • Embedded thumbnail for