Solapas principales

Departamento de Normalización Lingüística

    • Dirección: Pazo da Peregrina. Avenida de Azcárraga, nº 5, Bertamiráns. 15220 Ames.
    • Teléfono:  662 37 72 15
    • Horario de atención al público: de 9:00 - 14:00h.
    • Responsable municipal: Concejalía de Normalización Lingüística
    • Responsable técnica: Rosa Moreiras Cuñarro, técnica de normalización lingüística
    • Objetivo principal del servicio:
      • Incrementar el uso y el prestigio de la lengua gallega en todos los ámbitos municipales.

El Servicio de Normalización Lingüística del Ayuntamiento de Ames recibe una subvención anual para gastos de personal de la Diputación de A Coruña y otra de la Xunta de Galicia.

Otros Datos: 
  • Funciones:
    • Asesorar y colaborar con la planificación lingüística del Ayuntamiento de Ames
    • Promover actuaciones para aumentar el uso del gallego en el ámbito municipal, de acuerdo con la normativa vigente, y entre el vecindario
    • Contribuir a la formación lingüística del vecindario y del personal municipal
    • Mejorar la calidad lingüística y comunicativa del Ayuntamiento de Ames
    • Informar y asesorar sobre derechos lingüísticos del vecindario y deberes lingüísticos municipales
    • Asesorar sobre cuestiones lingüísticas al vecindario y al personal municipal

Noticias del departamento

O programa Apego continúa coa súa programación de actividades do primeiro semestre de 2026. Nesta ocasión, organízase para o vindeiro venres, 20 de febreiro, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, o espectáculo “Peter Punk e o neno imperdible”. O prazo de inscrición está aberto desde hoxe, 12 de febreiro, ata o vindeiro xoves 19. Para participar é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto.

O vindeiro sábado 21 de febreiro está programada unha excursión literaria baixo o nome de “Viaxando con Rosalía”. Esta actividade, enmarcada dentro da programación municipal “Rosalía Ames 2026” para festexar o Mes de Rosalía, consistirá nunha visita á casa da escritora en Padrón da man da experta rosaliana María López Sández. Conta cun total de 60 prazas, polo que para participar é preciso inscribirse enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal ou chamando ao número 662 377 215, entre o 14 e o 20 de febreiro. Poñerase a disposición das persoas asistentes un servizo de autobús, que sairá dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 9:30 horas e dende o Pazo da Peregrina de Bertamiráns ás 9:45 horas.

O programa Apego continúa coa súa programación de actividades para as crianzas nestes meses de outono. Nesta ocasión, organizan o vindeiro venres 28 de novembro ás 18.00 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, a sesión de contos “Alfabeto Castelao”, de Sole Felloza. Deste xeito, o programa Apego, súmase á celebración do Ano Castelao cunha sesión de contos a cargo dunha das mellores contadoras do país. O prazo de inscrición está aberto desde hoxe, 20 de novembro, ata o xoves día 27. Para participar é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto.

Do 2 ao 31 de outubro está aberto o prazo para que os centros educativos inscriban os seus equipos na XII edición do Club de Debate. O Club de Debate é unha actividade de dinamización lingüística dirixida a mozas e mozos de 3º e 4º da ESO, 1º de bacharelato ou dos ciclos formativos que comprendan as mesmas idades. Os equipos que se inscriban teñen que ser mixtos e estar formados por entre 4 e 10 persoas máis o/a preparador/a (persoal docente ou PAS). Os equipos deben facer a inscrición a través do formulario que se facilite desde o SNL do Concello de Ames. Como novidade destacamos que este ano se aumentaron os premios das fases de zona. Serán 800 euros para o equipo mellor clasificado e 500 para o segundo. O premio da fase final é unha viaxe multiaventura dunha fin de semana á que asistirán os dous equipos con maior puntuación. Premendo nesta ligazón podes descargar o impreso de inscrición.

O programa Apego continúa o seu programa de actividades durante o mes de xuño coa actividade “Foliada con Apego”, que se vai desenvolver no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, o venres 7 de xuño, ás 18:00 horas. As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o 6 de xuño, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade das crianzas e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o primeiro semestre do 2024 pode consultarse premendo nesta ligazón.

A programación con Apego volve cunha nova actividade. O xoves 23 de abril festexarase o Día do Libro coa actividade Contos da Tribo, dirixida por Cris de Caldas, ás 18.00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. Esta sesión combinará conto contado, formación e música en directo, e está dirixida a crianzas e persoas adultas. O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o mércores 22 de abril. Para poder participar, as persoas interesadas deberán enviar os seus datos persoais a normalizacion@concellodeames.gal. A entrada é de balde.

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle o próximo venres, 13 de marzo, ás 18.00 horas, a función “Barquiño de Pau” de A Tropa de Trapo. Esta obra de teatro, destinada a nenas e nenos de 0 a 6 anos, encontrase dentro do programa Apego. Para asistir á actividade requírese inscrición previa, a cal se pode formalizar enviando un correo electrónico a normalizacion@concellodeames.gal. O prazo para facelo remata o próximo 12 de marzo.

O programa Apego continúa coa súa programación para as crianzas nestes meses de outono. Desta volta, o venres 10 de outubro, ás 18.00 horas, haberá un concerto no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns a cargo da Banda dos Insectos. Chegan ao programa Apego Ames para presentar un proxecto de música rock que pretende familiarizar a rapazada cos valores cooperativos e co deporte. Esta proposta é de balde e está dirixida para público familiar. O prazo de inscrición está aberto desde o 2 ata o 9 de outubro. Para participar é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodesmes.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto.

A programación con Apego volve cunha nova actividade. O venres 8 de maio o grupo Golfiños trae a Ames o seu espectáculo “AIELÉ. De colo en colo, de canción en canción”, ás 18.00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. Este é un concerto participativo con cancións orixinais, inspiradas na tradición oral para crear un espazo cheo de xogo, música e emoción. O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o xoves 7 de maio. Para poder participar, as persoas interesadas deberán enviar os seus datos persoais a normalizacion@concellodeames.gal. A entrada é de balde.

O proxecto Apego despide a programación da primavera co concerto “Rockeando coas máis molonas de Pakolas”, que terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro o venres 28 de xuño, ás 18:00 horas. As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o 27 de xuño, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o primeiro semestre do 2024 pode consultarse premendo nesta ligazón.

Eventos del departamento

O próximo venres, 28 de maio, ás 18:00h, a Casa da Cultura do Milladoiro acollerá o espectáculo “Punkdemia”, do clown galego Peter Punk. A actividade chega da man do Programa Apego de normalización lingüística, e está dirixida a familias con crianzas. Peter Punk servirase da risa para combater o medo ao coronavirus e para lembrarnos a importancia de coidármonos. Para poder asistir é imprescindible inscribirse previamente, antes do xoves 27 de maio, a través do enderezo de correo electrónico normalizacion@concellodeames.gal, indicando o nome e apelidos das persoas participantes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto.

O programa Apego despide a súa programación deste primeiro semestre do ano cunha última proposta para as crianzas amesás, o obradoiro de cianotipia “Fotografando as herbas de San Xoán”, que terá lugar o vindeiro venres 20 de xuño no Parque do Ameneiral, ás 18.00 horas. O prazo de inscrición está aberto ata o xoves día 19 de xuño. Para participar é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodesmes.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto.

O Concello de Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre do 2026 na que colaboran os departamentos de Bibliotecas, Cultura e Normalización Lingüística. O programa inclúe arredor de 40 actividades dirixidas a familias con crianzas que se desenvolverán entre os meses de febreiro e xuño. Podes consultar a programación completa na seguinte ligazón.

O Concello de Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre do 2026 na que colaboran os departamentos de Bibliotecas, Cultura e Normalización Lingüística. O programa inclúe arredor de 40 actividades dirixidas a familias con crianzas que se desenvolverán entre os meses de febreiro e xuño. Podes consultar a programación completa na seguinte ligazón.

O Concello de Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre do 2026 na que colaboran os departamentos de Bibliotecas, Cultura e Normalización Lingüística. O programa inclúe arredor de 40 actividades dirixidas a familias con crianzas que se desenvolverán entre os meses de febreiro e xuño. Podes consultar a programación completa na seguinte ligazón.

O programa Apego continúa coa súa programación de actividades do primeiro semestre de 2026. Nesta ocasión, organízase para o vindeiro venres, 20 de febreiro, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, o espectáculo “Peter Punk e o neno imperdible”. O prazo de inscrición está aberto desde hoxe, 12 de febreiro, ata o vindeiro xoves 19. Para participar é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto. Podes consultar a programación completa na seguinte ligazón. 

O Concello de Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre do 2026 na que colaboran os departamentos de Bibliotecas, Cultura e Normalización Lingüística. O programa inclúe arredor de 40 actividades dirixidas a familias con crianzas que se desenvolverán entre os meses de febreiro e xuño. Podes consultar a programación completa na seguinte ligazón.

O parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acolle o mércores 6 de setembro a partir das 18:00 horas unha nova actividade do programa Apego: as Brincadeiras Miúdas. Cé Orquestra Pantasma e Miudiño propóñennos pasar unha tarde chea de música, xogos tradicionais e obradoiros de creación libre de xoguetes con materiais naturais.

A Carballeira de Ventín, no Milladoiro,  acolle o xoves 7 de setembro a partir das 18:00 horas unha nova actividade do programa Apego: as Brincadeiras Miúdas. Cé Orquestra Pantasma e Miudiño propóñennos pasar unha tarde chea de música, xogos tradicionais e obradoiros de creación libre de xoguetes con materiais naturais.

As Brincadeiras Miúdas volven o xoves 2 de setembro ao Parque dos Piñeiros, no Milladoiro. De 18:00 a 20:00 o pazo encherase de actividades para que os máis cativos desfruten xogando, cantando, bailando, contando e creando ao aire libre con Cé Orquestra Pantasma.

A actividade ten prazas limitadas. Os interesados poderán inscribirse do 23 ao 30 de agosto enviando un correo a normalización@concellodeames.gal