Solapas principales

>Brincadeiras Miúdas

Jueves, 7 septiembre, 2023

A Carballeira de Ventín, no Milladoiro,  acolle o xoves 7 de setembro a partir das 18:00 horas unha nova actividade do programa Apego: as Brincadeiras Miúdas. Cé Orquestra Pantasma e Miudiño propóñennos pasar unha tarde chea de música, xogos tradicionais e obradoiros de creación libre de xoguetes con materiais naturais.

A actividade, de balde, está dirixida ao público familiar e para participar non é necesaria inscrición previa.