Solapas principales

Departamento de Normalización Lingüística

    • Dirección: Pazo da Peregrina. Avenida de Azcárraga, nº 5, Bertamiráns. 15220 Ames.
    • Teléfono:  662 37 72 15
    • Horario de atención al público: de 9:00 - 14:00h.
    • Responsable municipal: Concejalía de Normalización Lingüística
    • Responsable técnica: Rosa Moreiras Cuñarro, técnica de normalización lingüística
    • Objetivo principal del servicio:
      • Incrementar el uso y el prestigio de la lengua gallega en todos los ámbitos municipales.

El Servicio de Normalización Lingüística del Ayuntamiento de Ames recibe una subvención anual para gastos de personal de la Diputación de A Coruña y otra de la Xunta de Galicia.

Otros Datos: 
  • Funciones:
    • Asesorar y colaborar con la planificación lingüística del Ayuntamiento de Ames
    • Promover actuaciones para aumentar el uso del gallego en el ámbito municipal, de acuerdo con la normativa vigente, y entre el vecindario
    • Contribuir a la formación lingüística del vecindario y del personal municipal
    • Mejorar la calidad lingüística y comunicativa del Ayuntamiento de Ames
    • Informar y asesorar sobre derechos lingüísticos del vecindario y deberes lingüísticos municipales
    • Asesorar sobre cuestiones lingüísticas al vecindario y al personal municipal

Noticias del departamento

O proxecto Apego continúa a súa programación de outono co concerto “A danza do verán”, que terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns o venres 13 de setembro, ás 18:00 horas. As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o 12 de setembro, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o segundo semestre do 2024 pode consultarse premendo nesta ligazón.

O programa Apego continúa o seu programa de actividades neste mes de marzo co espectáculo musical “Ritmando”, de @s Jaloch@s, que se vai desenvolver na Casa da Cultura de Bertamiráns o sábado 16 de marzo, ás 18:00 horas. Os/as interesados/as en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o 15 de marzo, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o primeiro semestre do 2024 pode consultarse premendo nesta ligazón.

Trala celebración da IV Festa do Apego continúa a programación do programa Apego cunha nova actividade a cargo de Pavís Pavós. Desta volta, organízase o contacontos “Este queixo queixolán” que se vai a realizar este xoves 11 de maio na Casa da Cultura do Milladoiro ás 18.00 horas.  As persoas interesadas en participar deben enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal no que se indique nome, apelidos, idades dos rapaces/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o primeiro semestre do 2023 pode consultarse premendo nesta ligazón.

O programa Apego prosegue coas súas propostas para o mes de setembro. Desta volta, ábrese a inscrición para participar no danzacontos “Viaxando coas anduriñas: ritmos na selva”, que se vai desenvolver no Pazo da Peregrina de Bertamiráns o vindeiro venres, 22 de setembro, ás 18:00 horas. Os/as interesados/as en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal ata o 21 de setembro, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o último semestre do 2023 pode consultarse premendo nesta ligazón

O proxecto Apego continúa a súa programación de outono co espectáculo “Cantaxoga”, do grupo Migallas Teatro, que terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro o venres 11 de outubro, ás 18:00 horas. As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o 10 de outubro, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o segundo semestre do 2024 pode consultarse premendo nesta ligazón.

O proxecto Apego continúa o seu programa de actividades durante o mes de maio co espectáculo teatral “Tilintilonia”, que se vai desenvolver na Casa da Cultura do Milladoiro, o venres 29 de maio, ás 18:00 horas. As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o xoves 28 de maio, no que se indique o nome da actividade, nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o primeiro semestre do 2026 pode consultarse premendo nesta ligazón.

O proxecto Apego continúa a súa programación de outono coa proposta “A marabillosa viaxe da Pinga Pingona”, de Laura Martínez Rey, que terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro o venres 22 de novembro, ás 18:00 horas. As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o 21 de novembro, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o segundo semestre do 2024 pode consultarse premendo nesta ligazón.

O proxecto Apego continúa a súa programación de outono coa proposta “Historias con susto para durmir a gusto”, con Vero Rilo e Sonsoles Penadique, que terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns o mércores 30 de outubro, ás 18:00 horas. As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o 29 de outubro, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o segundo semestre do 2024 pode consultarse premendo nesta ligazón.

O programa Apego prosegue coas súas propostas durante o mes de novembro. Desta volta, ábrese a inscrición para participar no espectáculo de estimulación sonoraO son que me arrola”, da Asociación Antonio Gandoy, que se vai desenvolver no Pazo da Peregrina o venres 1 de decembro, ás 18.00 horas. Os/as interesados/as en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal ata o 30 de novembro, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o último semestre do 2023 pode consultarse premendo nesta ligazón.

O programa Apego prosegue coas súas propostas durante o mes de outubro. Desta volta, ábrese a inscrición para participar no espectáculo musical “Palabras”, de Baobab Teatro, que se vai desenvolver na Casa da Cultura de Bertamiráns o vindeiro venres, 20 de outubro, ás 18:00 horas. Os/as interesados/as en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal ata o 19 de outubro, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o último semestre do 2023 pode consultarse premendo nesta ligazón.

Eventos del departamento

As "Brincadeiras miúdas", que foras adiadas a comezos do mes de setembro por mor da chuvia, celebraranse finalmente o vindeiro martes, 30 de setembro, ás 18.00 horas na Carballeira dos Trasnos de Ventín. A actividade, incluída no programa Apego, é de balde e non require de inscrición previa.

O Concello de Ames reúne nun único cartel toda a programación de actividades que se van celebrar durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro en Ames. Deste xeito, ata finais de setembro vanse a realizar numerosas actividades como concertos, seráns ou festas.

A través do programa Apego, Cé Orquestra Pantasma chega a Ames coas xornadas “Brincadeiras Miudiñas”, nas que un inquedo xogueteiro irá guiando aos nenos e nenas no mundo dos xogos e os xoguetes miudiños a través de rimas, música, baile e manualidades.

A través do programa Apego, Cé Orquestra Pantasma chega a Ames coas xornadas “Brincadeiras Miudiñas”, nas que un inquedo xogueteiro irá guiando aos nenos e nenas no mundo dos xogos e os xoguetes miudiños a través de rimas, música, baile e manualidades.

Paco Nogueiras volve a Ames co seu C@nto contigo, un concerto cos seus grandes éxitos, para bailar, rir, cantar e botar a lingua a voar dun xeito lúdico, participativo e divertido.

O Concello de Ames súmase un ano máis á conmemoración do aniversario de Rosalía de Castro, unha das escritoras máis universais de Galicia e que, ademais, foi veciña da aldea da Tarroeira, na parroquia de Ortoño, durante unha parte da súa infancia.A programación deste ano, como vén sendo habitual, busca a participación da veciñanza, ofertando unha ampla variedade de actividades para todas as idades, mais poñendo o foco na poboación máis nova. Deste xeito, a programación deste ano pretende estimular e dinamizar o uso do galego entre a mocidade amesá, poñendo en valor e achegándolles referentes en canto ao uso da nosa lingua.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a charla "A lingua galega: unha oportunidade", impartida polo comunicador e escritor Manuel Núñez Singala dentro da iniciativa Modo Galego, Actívao! Nela proporcionará argumentos e estratexias para aproveitar as posibilidades lingüísticas dunha comunidade biligüe inserida nun mundo multilingüe. Está dirixido a familias e profesionais da educación do concello de Ames, en horario de 20:00 a 21:30 horas.

O Concello de Ames organiza a oitava edición do festival internacional de cinema infantil de Ames, que se vai a celebrar do 13 ao 16 de novembro no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Trátase da edición máis internacional e comprometida de Cinema Miúdo. Esta iniciativa está organizada polo Concello de Ames en colaboración coa Deputación da Coruña. Os abonos para o festival, que teñen un prezo de 3 euros, xa están dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames. O festival propón un programa cinematográfico amplo de curtametraxes internacionais, actuacións e obradoiros que combina calidade artística, orixinalidade e compromiso social. Nesta edición unha das sesións da selección oficial contará cun subtitulado específico para persoas con discapacidade auditiva. Proxectaranse filmes procedentes de 21 países diferentes, entre eles Corea do Sur, Croacia, Dinamarca ou os Países Baixos, o que reflicte o carácter internacional e plural do certame.

O venres 13 de setembro, ás 18:00 horas,  A Banda do Verán chegarán á Casa da Cultura de Bertamiráns con "A danza do verán". Dirixido a público familiar, trátase dun espectáculo de música en directo con danza, elementos teatrais e de clown.

O programa Apego continúa coa súa programación para as crianzas nestes meses de outono. Desta volta, o venres 10 de outubro, ás 18.00 horas, haberá un concerto no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns a cargo da Banda dos Insectos. Chegan ao programa Apego Ames para presentar un proxecto de música rock que pretende familiarizar a rapazada cos valores cooperativos e co deporte. Esta proposta é de balde e está dirixida para público familiar. O prazo de inscrición está aberto desde o 2 ata o 9 de outubro. Para participar é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodesmes.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto.