- Tipo
- Tematica
O programa Apego continúa coa súa programación de actividades do primeiro semestre de 2026. Nesta ocasión, organízase para o vindeiro venres, 20 de febreiro, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, o espectáculo “Peter Punk e o neno imperdible”. O prazo de inscrición está aberto desde hoxe, 12 de febreiro, ata o vindeiro xoves 19. Para participar é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto. Podes consultar a programación completa na seguinte ligazón.
O proxecto Apego segue a organizar diferentes propostas lúdicas para as crianzas nestes primeiros meses do ano. Desta volta, vaise organizar a actividade “Peter Punk e o neno imperdible”, de Peter Punk e Brais das Hortas. O espectáculo é de balde e está dirixido a público familiar. Será o venres 20 de febreiro, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro.
Trátase dun trepidante espectáculo cheo de música en directo, humor, teatro circo, clown... para gozar en familia. Esta é unha obra que destaca polo seu coidado guión, a elaboración e enxeño das rutinas e conta cun grande traballo de dirección, así como unha orixinal escenografía. Diversión, música ao vivo, momentos de tensión e perigo. A importancia da dimensión humana e solidaria do clown de calidade... un espectáculo que a través do humor non esquece a solidariedade cos nenos e nenas, especialmente os que viven en situacións de conflito.
O prazo de inscrición está aberto dende hoxe, 12 de febreiro, ata o vindeiro xoves 19. Para participar é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto. Non se admitirán inscricións fóra de prazo e as prazas asignaranse por orde de recepción de solicitude.





