O Proxecto Youtubeir@s está organizado polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, A Baña, Carballo, Cedeira, A Coruña, O Grove, Moaña, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña. Este programa ten o obxectivo de fomentar a creación de contidos na Rede na nosa lingua. Youtubeir@s encara neste outono o treito final desta terceira edición. Así, até o vindeiro 27 de setembro permanecerá aberto o prazo de inscrición para que todas as persoas creadoras de contidos en Youtube na nosa lingua poidan competir nos Premios Youtubeir@s, que neste 2019 repartirán 6.500 euros nas diferentes categorías en que se divide o certame.