Solapas principales

>Apego: VII Festa do Apego

Sábado, 6 junio, 2026

O Concello de Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre do 2026 na que colaboran os departamentos de Bibliotecas, Cultura e Normalización Lingüística. O programa inclúe arredor de 40 actividades dirixidas a familias con crianzas que se desenvolverán entre os meses de febreiro e xuño. Podes consultar a programación completa na seguinte ligazón.

En xuño celebrarase a VII Festa do Apego o sábado 6, con actividades e recursos para gozar da festa en familia e favorecer a socialización e a crianza en galego. Ao longo da VII Festa do Apego, as persoas participantes poderán gozar de contos con música, xogos, concertos, teatro, clown, obradoiros, espazos de xogo, espazos de creatividade e espazos de recursos. Todo isto e moito máis para achegarlles ás familias recursos lúdicos e educativos que favorezan a transmisión da lingua e unha crianza positiva, creativa e en galego. Nesta ligazón pódese ver toda a programación da festa: Cartel da VII Festa de Apego de Ames. 

Todas as actividades da xornada son de acceso libre e gratuíto, sen necesidade de inscrición previa. Se as circunstancias meteorolóxicas impedisen a realización das ditas actividades en exterior, estas trasladaranse á Casa da Cultura de Bertamiráns e á praza de Chavián.

Ao longo de todo o día, ademais dos espectáculos programados, haberá actividades e obradoiros abertos de xeito permanente, en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 horas, no patio do Pazo da Peregrina. A través destas propostas achegarase asesoramento personalizado ás familias sobre recursos lúdicos e educativos que poden ser útiles durante a crianza.